A XUNTA INCREMENTA NUN 65% O APOIO ECONÓMICO AO SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA E LOGOPÉDICA PARA NENOS DE FAXPG

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou unha visita aos beneficiarios deste programa da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

 

  • O convenio de colaboración entre a administración autonómica e a entidade superará no 2017 os 11.000 euros
  • O obxectivo deste proxecto é lograr o equilibrio emocional e a aceptación da xordeira por parte dos pequenos e das súas familias
  • A atención psicolóxica ofertada polo programa estendeuse a familias formadas por pais e nais con fillos e fillas ouvintes que presentaban dificultades na interacción por falta de pautas condutuais

 

A Coruña, 13 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha visita aos beneficiarios do servizo de atención psicolóxica e logopédica que a Xunta de Galicia ten en marcha en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). No transcurso da mesma, o titular autonómico informou que a Xunta incrementará neste ano o importe que achega á entidade no marco deste servizo, e que ascenderá a 11.265,47 euros, o que supón un incremento do 65% con respecto ao 2016.

 

O obxectivo deste proxecto é lograr o equilibrio emocional e a aceptación da xordeira de familias de nenos e nenas xordos con próteses auditivas e implantados de 0 a 6 anos, establecendo estratexias de interacción comunicativa plenas.

 

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer o “importante traballo que leva a cabo FAXPG encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas xordas” no marco deste programa co que se atende a nenos e nenas, así como as súas familias. Ademais, a atención psicolóxica ofertada polo programa estendeuse a familias formadas por pais e nais con fillos e fillas ouvintes que presentaban dificultades na interacción por falta de pautas condutuais. Para o correcto e completo desenvolvemento do programa, estableceuse contacto cos sete hospitais galegos máis importantes e colaborouse estreitamente con centros educativos con alumnos xordos.

 

Rey Varela destacou que o goberno autonómico “non é alleo á importancia que teñen estas intervencións no desenvolvemento persoal das persoas xordas”. Deste xeito, lembrou que “o compromiso deste goberno é escoitar as necesidades das entidades galegas que levan a cabo un labor vital para as persoas que precisan de máis axuda” afirmou o conselleiro.

 

O titular da carteira autonómica insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e coas entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas xordas”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: