ABANCA, Deportivo e Celta suman esforzos para que o derbi galego sexa unha festa para as afeccións

  • Estréase a segunda parte da campaña “Imposible sen ti”, que desvela o final da historia dun pai e un fillo, un do Depor e outro do Celta, obrigados a ver o partido separados
  • A entidade financeira pon en marcha iniciativas en redes sociais para convidar ás dúas afeccións a gozar do encontro con respecto
20170313-abanca-imposiblesenti
De esquerda a dereita, Álex Bergantiños, Pepe Mel, Eduardo Berizzo, Rubén Blanco y Gabriel González Eiroa.

 

20170313-abanca-imposiblesenti-2
De esquerda a dereita, Pepe Mel, Gabriel González Eiroa y Eduardo Berizzo.

13-03-2017

ABANCA reedita xunto ao Real Club Celta e o Real Club Deportivo a campaña ‘Imposible sen ti’, unha proposta para axudar a que o derbi galego que se xogará o próximo 19 de marzo no estadio de Riazor sexa unha verdadeira festa para as afeccións galegas.

O director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, os adestradores do Celta e do Depor, Eduardo Berizzo e Pepe Mel, e os xogadores do Celta e do Deportivo Rubén Blanco e Alex Bergantiños presentaron na sede institucional do banco na Coruña a campaña, cuxo principal atractivo é o desenlace do anuncio cuxa primeira parte se presentou no derbi da primeira volta da liga. Todos eles avogaron porque o partido do domingo sexa unha festa na que prime o espectáculo do fútbol e a rivalidade sa entre todas as persoas que acudan ao estadio a presenciar o derbi.

Paralelamente ABANCA puxo en marcha dentro da mesma campaña dúas iniciativas en redes sociais: a bancada ‘Imposible sen ti’ e ‘O derbi das afeccións’. A primeira delas, que finaliza hoxe, consiste no sorteo de 50 entradas para ver o partido na bancada ‘Imposible sen ti’ entre as persoas que envíen ao Facebook de ABANCA (@somosabanca) unha fotografía de dúas persoas (parella, irmáns, compañeiros de traballo, amigos, etc.) vestindo camisetas ou portando distintivos dos dous equipos que se van a enfrontar o día 19. Premiaranse as fotografías máis orixinais.

A segunda das iniciativas é ‘O derbi das afeccións’, que arranca hoxe en Twitter, na que segundo os tweets que publican os seguidores de ambos os equipos, o balón decántase sobre un dos lados do campo de fútbol, obtendo a vitoria o equipo que máis apoio reciba dos seus seguidores.

ABANCA segue volcada co mundo do deporte en Galicia, xa que, ademais de ser un dos principais patrocinadores dos dous clubes, colabora activamente con outros conxuntos de elite de diversas disciplinas deportivas, e de forma moi especial coa Fundación Deporte Galego nun programa de apoio económico que chega a centos de formacións e miles de deportistas.

A segunda parte dunha historia familiar

A segunda parte da historia creada por Tex45 Producións desvela o desenlace da historia de Roque (Roque Branco) e do seu pai Anxo (Toño Casais), co propósito de fomentar a concordia no partido máis esperado para os afeccionados e afeccionadas de toda Galicia. O anuncio foi gravado nas localidades de Muros, O Valadouro e Ribadeo. Recentemente, a Academia Galega do Audiovisual recoñeceu o anuncio como finalista dos Premios Mestre Mateo, que valoran as mellores obras audiovisuais do ano.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: