Archivo | marzo 16, 2017

ETHEL VÁZQUEZ PON EN VALOR O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO COMO FERRAMENTA DE COHESIÓN DA ÁREA, NA QUE BONIFICOU 2,6 MILLÓNS DE BILLETES INTERURBANOS EN 2016 A MÁIS DE 40.000 USUARIOS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda interveu hoxe no xantar coloquio do Círculo de empresarios de Galicia ‘Facer cidade: as infraestruturas e os servizos como elementos de progreso dunha área metropolitana’

 

  • Vázquez Mourelle salienta que o Plan na área de Vigo está incompleto por decisión do alcalde, xa que un veciño que use o autobús urbano e interurbano abonará dous billetes, pero se o Concello entrase, o transbordo sería gratuíto e só pagaría un
  • Explica que o Plan ten moi boa acollida e precisa que Vigo é o concello galego con máis usuarios da tarxeta Xente Nova, que permite desprazamentos metropolitanos gratuítos a menores de 19 anos
  • Subliña  que as grandes cidades do futuro son as áreas metropolitanas, xa que a Xunta ten presente que case a metade do PIB de Galicia se produce nestas
  • No que se refire á intermodal de Vigo, mañá terá lugar unha nova reunión técnica da que agarda que haxa avances cara un acordo sobre os accesos
  • Na liña de cohesionar a área metropolitana, a Xunta está a impulsar a autovía do Morrazo, a maior obra pública viaria que está actualmente en construción en Galicia, cun investimento de 54 millóns de euros
  • En relación á alta velocidade, salienta a necesidade da variante de Cerdedo, infraestrutura que a Xunta está a reivindicar de xeito paralelo á finalización da liña entre Ourense e Madrid, facendo fincapé na urxencia de ambas
  • Recorda que a semana pasada o DOG recollía a licitación das obras da depuradora da Plisan para que este ano se inicie a comercialización dos terreos e que o ano que vén se poidan comezar a implantar empresas

 

Vigo, 16 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, interveu hoxe no xantar coloquio do Círculo de empresarios de Galicia ‘Facer cidade: as infraestruturas e os servizos como elementos de progreso dunha área metropolitana’, onde puxo en valor o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo como ferramenta de cohesión da área, na que bonificou 2,6 millóns de billetes interurbanos en 2016 a máis de 40.000 usuarios.

 

Vázquez Mourelle salientou que o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo está incompleto por decisión do alcalde, xa que un veciño que empregue o autobús urbano e interurbano deberá abonar dous billetes, mentres que se o Concello entrase no plan o transbordo sería gratuíto e só pagaría un. Lamentou que pese a que o alcalde, Abel Caballero, ten asinada a incorporación da cidade de Vigo ao Plan de Transporte nas mesmas condicións que están vixentes no resto de Galicia, o certo é que non foi quen de facelo efectivo.

 

A titular de Infraestruturas explicou que aínda incompleto, o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo ten demostrado ser unha ferramenta útil e moi ben acollida e precisou que Vigo é o Concello de Galicia con máis usuarios da tarxeta Xente Nova, a tarxeta que dá desprazamentos metropolitanos gratuítos aos menores de 19 anos.

 

A conselleira subliñou que a Xunta ten presente que practicamente a metade do PIB de Galicia se produce nas áreas metropolitanas e por iso se eleva o concepto de cidade a algo máis que un municipio. Neste sentido, fixo fincapé en que as grandes cidades do futuro son supramunicipais, son as áreas metropolitanas.

 

Ethel Vázquez puxo como exemplo que a día de hoxe só existen dúas áreas metropolitanas constituídas como tales en España: Barcelona e Valencia. Así, a Área Metropolitana de Barcelona ten a súa orixe na entidade metropolitana de servizos hidráulicos e tratamento de residuos e na entidade metropolitana de transporte.

 

Estes casos respaldan a postura da Xunta de que, antes de comezar a constituír organismos, haxa unha traxectoria común compartindo servizos. Así, as infraestruturas hidráulicas xa están en certo modo compartidas, coas depuradoras de Bens e de Lagares, por exemplo, e hai certa experiencia no transporte.

 

Intermodal

No que se refire á intermodal de Vigo, mañá terá lugar unha nova reunión técnica da que a conselleira agarda que se produzan avances cara un acordo sobre os accesos. Cómpre lembrar que a Xunta construirá unha terminal de autobuses integrada coa actual estación de FFCC de Urzáiz e leva máis dun ano traballando no seu deseño.

 

Vázquez Mourelle lembrou que foi a Xunta quen tivo que poñer solucións enriba da mesa porque a anulación do PXOM da cidade facía inviable urbanísticamente esta e outras iniciativas clave. Lamentou que o Concello, en canto tivo a pelota da tramitación no seu tellado, invadiuno unha repentina calma que lle levou a tardar case un mes en sacar a documentación que lle mandáramos a información pública. Pola contra, indicou que o Goberno galego segue traballando porque a intermodal significa facer cidade, constituíndo un único punto de referencia para as viaxes de longo percorrido, e potenciando o transporte público.

 

Infraestruturas viarias

Na liña de cohesionar a área metropolitana a través de canles de comunicación, o Goberno galego está a impulsar a autovía do Morrazo, a maior obra pública viaria que está actualmente en construción en Galicia, cun investimento autonómico de 54 millóns de euros.

 

A conselleira salientou que a Xunta está a demostrar solvencia para defender os intereses dos galegos e dos vigueses noutras administracións. Precisou que cando un Goberno solvente presenta unha solicitude seria para facer da Avda. de Buenos Aires un boulevard urbano, o Ministerio de Fomento escoita e analiza a proposta.

 

O Executivo autonómico tamén lle trasladou ao Goberno central a reivindicación formulada desde o Círculo de Empresarios, para que no Ministerio de Fomento se reflexione sobre o impacto que a peaxe da AP-9  entre Vigo e Redondela ten sobre a competitividade da área sur de Galicia.

 

AVE

Ethel Vázquez resaltou que outra canle de vertebración fundamental é a Liña de Alta Velocidade Ferroviaria. Así, a conselleira salientou a necesidade da variante de Cerdedo, infraestrutura que a Xunta está a reivindicar de xeito paralelo á finalización da liña entre Ourense e Madrid, facendo fincapé na urxencia de ambas.

 

Tamén remarcou a necesidade da saída sur ferroviaria que conectará con Portugal, co que se está a coordinar unha mellora dos servizos ferroviarios internacionais. Lembrou que esta mesma semana tiña confirmación deste punto por parte do secretario de Estado de Infraestruturas.

 

Esta infraestrutura será un impulso máis na constitución da estación de Urzaiz como nodo de transporte intermodal, posto que coa saída sur poderíase eliminar a actual estación de viaxeiros de Guixar e ter unha única estación de FFCC en Vigo.

 

Plisan

A conselleira lembrou que a semana pasada o Diario Oficial de Galicia recollía a licitación das obras da estación depuradora desa área loxística para que este ano se poidan comezar a comercializar os terreos e que o ano que vén se poidan comezar a implantar empresas.

 

Os obxectivos da Xunta son que veñan empresas de fóra a promover máis actividade económica e que as factorías da comunidade que queiran nacer ou crecer teñan espazos axeitados para facelo.

 

No ámbito das competencias do departamento que dirixe Ethel Vázquez, atópanse as facilidades de acceso ao solo empresarial. Na Plisan, por exemplo, os primeiros 100.000 metros que se vendan serán a 50 euros.

 

Con estas medidas, en dous anos lévanse adxudicados máis de 700.000 metros cadrados de solo empresarial en Galicia, o que sitúa a comunidade en niveis precrise e deixa patente o interese do sector empresarial por investir cando se lle dan facilidades.

 

Aula UNED Porriño

A alcaldesa, acompañada da concelleira de Educación Lourdes Moure, a voceira do grupo municipal Non Adscritos do Concello, Sabela Landín, e o presidente dos empresarios do Polígono de A Granxa, Indalecio Cuevas, mantivo unha xuntanza coa directora da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Pontevedra, a doutora Beatriz Rodríguez, de cara a establecer un Aula Universitaria da UNED no Porriño.

Neste primeiro contacto, Eva García de la Torre agradeceu a implicación dos empresarios neste proxecto no cal “son unha parte esencial” en tanto que, engadiu, “debemos de mirar cara ao noso tecido produtivo e a que as porriñesas e porriñeses teñan a mellor formación, a máis axeitada para garantir o seu desenrolo laboral”.

A alcaldesa subliñou, así mesmo, a importancia do traballo feito por Lourdes Moure e por Sabela Landín que, sinalou, impulsaron esta iniciativa e traballan conxuntamente para que o establecemento dunha aula da UNED no Porriño sexa, axiña, unha realidade.

Pola súa banda, Beatriz Rodríguez indicou que é “un orgullo” que unha vila coma O Porriño  se preocupe pola formación dos seus cidadáns e, amosouse especialmente satisfeita porque esta aposta pola formación, sexa promovida, conxuntamente, polo Concello e polos empresarios que “teñen un papel moi relevante nunha zona que ten unha grande importancia e forza industrial”.

A concelleira Sabela Landín sinalou que a formación é unha necesidade que hai que cubrir no Porriño e que é imprescindible facelo da man da universidade e das empresas para “facilitar que as veciñas e veciños poidan traballar aquí e non facelo fora”.

Eva García de la Torre reiterou que o Concello fará todo o necesario para o establecemento dunha aula da UNED na vila e lembrou que “será a mellor inversión que se faga no Porriño” posto que suporá que camiñen da man a “universidade pública máis importante de Europa”, con máis de 235.000 alumnos matriculados, e as empresas.

A alcaldesa concluíu salientando a necesidade de que “O Porriño mire aos seus polígonos industriais, que non viva e costas a eles, e que sexamos quen de conquerir unha poboación formada e especializada que teña aquí o seu futuro”.

MAÑÁ 17 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO LIBRO INFANTIL EL NIÑO QUE DESCUBRIÓ EL BOLSILLITO DE SU ABUELA LELA

Vigo, 16 de febreiro de 2017. Fin de semana de presentacións en Detrás do Marco. O venres (19:30 horas) será o día da literatura infantil, co libro El niño que descubrió el bolsillito de su abuela Lela.

O 18 DE MARZO, PRESENTACIÓN DO LIBRO MARZO SÚBITO (POEMAS DEL 11-M) EN DETRÁS DO MARCO

 

O libro Marzo Súbito (Poemas del 11 M) do poeta e compositor Juan Carlos Torres, preséntase o sábado 18 de marzo (20:00 horas) na  librería-cafetería Detrás do Marco.

Reestrea ‘Os tres porquiños’ en Vigo

“Os tres porquiños” este domingo

 

 

  • A produtora viguesa, que leva vendidas máis de 1.500 entradas, ofrecerá tres pases este domingo no Teatro Salesianos ás 12:00h, 17:00h e, debido ao grande éxito, tamén ás 19:00h

 

 

 

  • As últimas entradas dispoñibles, menos de 300,  pódense adquirir en ataquilla.com a un prezo único de 8€ (+gastos de xestión) e na propia billeteira do teatro unha hora antes de cada función a 10€

 

 

Vigo, 16/03/17.- A produtora viguesa EducaTeatro Producións® reestrea no Teatro Salesianos de Vigo ‘Os tres porquiños’. Unha nova versión do seu primeiro traballo, que desta volta inclúe nova escenografía, novos personaxes e música e texto renovado. O espectáculo poderase ver este domingo ás 12:00h, 17:00h e, debido ao grande éxito de venda de entradas, tamén nunha nova función ás 19:00h.

 

‘Os tres porquiños’ é unha obra musical con bonecos a tamaño real, dirixida especialmente a nenos e nenas de máis de dous anos. Nesta proposta, de 50 minutos de duración,  EducaTeatro ofrece unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán  ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

A técnica dramática empregada polos tres porquiños e o Lobo feroz é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que humanizan a figura dos animais, facilitando a interacción co público e a perfecta visión dende calquera punto do teatro. Ademais, ao remate da actuación, os cativos poderán retratarse cos porquiños Pequeno, Mediano e Maior, e incluso, os máis atrevidos, co Lobo.

Últimas entradas xa á venda

As últimas localidades para acudir á obra xa están á venda en ataquilla.com , cun prezo único de 8€ máis gastos de xestión, e tamén se poderán mercar na billeteira do teatro por 10€ dende unha hora antes de cada pase.

 

As funcións das 12:00h e 17:00h están practicamente esgotadas, e xa son máis de 1.500 as entradas vendidas a día de hoxe.

 

EducaTeatro

EducaTeatro Producións é unha produtora viguesa de teatro infantil nacida no 2014. Nestes anos, produciu tres espectáculos musicais que contaron con máis de 60.000 espectadores, Os tres porquiños (2014), Carapuchiña Vermella (2015) e O mundo máxico de Pinocho (2016).

Tres anos despois volve percorrer Galicia co seu primeiro e máis exitoso espectáculo, que despregou máis de 50 funcións, e que comezará a súa xira polo resto da xeografía española en Outono.

Programa Especializado en Planificación e Control de Xestión en IESIDE Vigo

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) organiza no seu campus de Vigo un Programa Especializado en Planificación e Control de Xestión. Desenvolverase todos os venres e sábados de entre o 17 de marzo e o 6 de maio, en horario de 16.30 h a 21.30 h e de 9.00 h a 14.00 h.Máis información e inscricións enhttp://www.afundacion.edu/formacion/business-programs.html

As Maimiñas estrean en Mos o novo libro disco coa primeira función xa esgotada!

Volta, revolta e reviravolta é o novo libro cd de As Maimiñas que se presenta o sábado en Mos

Despois do éxito do seu primeiro traballo Unha viaxe polo mundo, chega a segunda entrega de viaxes soñando con Volta, revolta e reviravolta, que se presentará en Mos este sábado. Xa non hai entradas para a primeira función, polo que, ante o éxito, houbo abriuse unha segunda

Aprende a viaxar soñando con Volta, revolta e reviravolta o novo libro cd de As Mamiñas, que se presentará este sábado 18 de marzo no Centro Dotacional de Torroso, en Mos, con dúas funcións con entrada de balde ata completar aforo, que prometen ser un éxito. Coas entradas xa esgotadas para o concerto de presentación ás 18:30h, aínda quedan algunhas para a sesión das 19:30, un acontecemento onde os protagonistas serán as nenas e nenos.
As Maimiñas son Lucía Lago e Irene Álvarez, ou o que é o mesmo, Mai e Miña, dúas nais que un día decidiron actuar para os seus fillos. Foi entón cando comezaron a facer o que querían que visen os nenos: un espectáculo de música e contos nos que puidesen participar activamente. Dende entón, as súas aventuras téñenas levado por auditorios de toda Galicia e este sábado recuncan en Mos para celebrar a saída do seu último traballo.

ABANCA e a UDC presentan o foro de apoio ao emprendemento universitario ‘Campus ABANCA’

  • O evento, que terá lugar do 20 ao 23 de marzo no campus coruñés, pretende difundir a cultura emprendedora entre os mozos universitarios
  • Talleres, ponencias e mesas redondas constitúen o núcleo dunha iniciativa orientada cara á transformación dixital e as industrias do futuro
  • A cita contará coa presenza de referencias do sector emprendedor, como BlaBlaCar, Glovo e Conector
20170316-abanca-campusabanca-1
De esquerda a dereita, Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, e Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.

20170316-abanca-campusabanca-2
De esquerda a dereita, Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, e Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.

ABANCA Obra Social, en colaboración coa Universidade da Coruña, celebrará entre os días 20 e 23 de marzo no campus coruñés o foro ‘Campus ABANCA’, unha iniciativa que pretende difundir a cultura emprendedora entre os mozos universitarios. O evento, que terá un marcado carácter práctico e tecnolóxico, acollerá diferentes tipos de actividades orientadas a proporcionar aos universitarios coñecemento útil para afrontar os retos da transformación dixital e aproveitar as oportunidades profesionais ofrecidas polas industrias do futuro.

‘Campus ABANCA’ foi presentado esta mañá na sede de ABANCA na Coruña nun acto que contou coa presenza de Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social Corporativa da entidade financeira, e de Margarita Amor, vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.

“Esta iniciativa inscríbese no Programa de Educación Financeira de ABANCA, a través do cal queremos proporcionar aos diferentes grupos de idade a información necesaria para a toma de decisións responsables en relación con aspectos decisivos da súa vida económica e profesional, neste caso o lanzamento dos seus propios proxectos”, explicou Tatiana Suárez.

“Para a Universidade da Coruña o Campus ABANCA ten especial interese polo seu evidente sentido práctico e polo seu carácter transversal, que lle ofrece ao estudantado unha magnífica oportunidade de adquirir coñecementos básicos para o emprendemento e de coñecer as fortalezas e as debilidades de distintas experiencias”, sinalou Margarita Amor, quen remarcou que “a colaboración con ABANCA no ámbito da cultura emprendedora encaixa particularmente no obxectivo programático do equipo de goberno da UDC de fomentar o desenvolvemento das iniciativas de empresas de base tecnolóxica”.

A XUNTA DESENVOLVE UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA DE INTERCAMBIO XUVENIL EN ALBERGUES INTERNACIONAIS

§   A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís, ofrece á mocidade galega a oportunidade de experimentar, vivir e colaborar como voluntarios en albergues doutros países

§   O obxectivo desta iniciativa é mellorar os coñecementos dos participantes, impulsando a aprendizaxe de idiomas, así como o respecto por outras culturas e formas de vida

§   Galicia conta con varias instalacións integradas na REAJ, como os albergues xuvenís de Gandarío (Bergondo), LUG II (Lugo), Residencia xuvenil Altamar (Pontevedra), Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense), As Corcerizas (Vilar de Barrio, Ourense), Os Biocos (San Xoán de Río, Ourense), Equal (Coles, Ourense), Monte do Gozo en Santiago de Compostela e Artsurfcamp en Carballo (A Coruña).

Santiago, 16 de marzo de 2017.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), desenvolve por cuarto ano consecutivo o programa de intercambios xuvenís para mozos e mozas que desexen vivir e colaborar nos albergues xuvenís doutros países. O obxectivo desta iniciativa é potenciar o desenvolvemento profesional dos participantes, facilitándolles a súa formación nas distintas actividades que se realizan nestas instalacións e a adquisición dun coñecemento intercultural durante a súa estancia no país de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, así como o respecto por outras culturas e formas de vida.

O programa vai dirixido a rapaces e rapazas de 18 a 30 anos de calquera Comunidade Autónoma que posúan o carné de alberguista e teñan un coñecemento fluído do idioma principal do país de destino, ou na súa falta inglés nun nivel mínimo B1. A partir da xornada de mañá, os interesados poderán inscribirse en varios destinos e en varias datas dentro dun mesmo destino, e os que resulten seleccionados asumirán os custes de viaxe e transporte durante a súa estancia no país de acollida, contratará un seguro de viaxe e asumirá calquera outro gasto derivado da súa estancia, como roupa, agasallos, produtos de lecer etc. O albergue de destino farase cargo da comida en réxime de pensión completa e aloxamento.

A duración do programa será de entre  dúas semanas a tres meses por participante, sendo a estancia media dun mes. A xornada será de 35-40 horas semanais de voluntariado nos albergues, o que equivale a 7 u 8 horas diarias durante as cales os mozos e mozas se familiarizarán coa xestión dos albergues xuvenís, a súa dinámica, funcións a desempeñar etc. As horas de voluntariado distribuiranse en cinco días á semana, segundo as quendas establecidas pola asociación de acollida e librarán dous días consecutivos.

Asemade, todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada mozo ou moza voluntario a un mentor que lle sirva como punto de contacto durante o programa e coopere na súa formación. Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitarán aos seus voluntarios unha folla de avaliación a través da cal poderán plasmar as súas experiencias e propostas para mellorar o programa en futuras edicións. Cada participante recibirá por parte dos organizadores un documento acreditativo da súa experiencia internacional nos albergues xuvenís.

Galicia conta con varias instalacións integradas na REAJ, como os albergues xuvenís de Gandarío (Bergondo), LUG II (Lugo), Residencia xuvenil Altamar (Pontevedra), Residencia xuveniñ Florentino López Cuevillas (Ourense), As Corcerizas (Vilar de Barrio, Ourense), Os Biocos (San Xoán de Río, Ourense), Equal (Coles, Ourense), Monte do Gozo en Santiago de Compostela e Artsurfcamp en Carballo (A Coruña).

Así mesmo, cómpre salientar que o proxecto sobre mocidade e conservación do medio ambiente que a Xunta realizará este verán no albergue de Gandarío foi premiado ao abeiro do programa Movic`17 da Red Española de Albergues Xuvenís, o que supón que será financiado en parte por esta rede.

Para realizar a correcta inscrición neste programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición que se poderá atopar a partir de mañá na páxina web de voluntariado galego.

PLAY-DOC SE PODRÁ SEGUIR A TRAVÉS DA TELEVISIÓN DE R / PLAY-DOC PODERASE SEGUIR A TRAVÉS DA TELEVISIÓN DE R

El Festival Internacional de Cine Documental de Tui ofrecerá parte de la programación en su canal Play-Doc TV, integrado en la plataforma del operador de comunicaciones

 

– Los suscriptores del canal disfrutarán de una selecta programación de las películas que se exhibirán durante el evento, con Liberami, Hoax_Canular, On the Bowery y Death in The Port Jackson Hotel

 

 

Tui, 15 de marzo de 2017. Play-Doc podrá seguirse por televisión. Será a través del canal de suscripción en vídeo bajo demanda Play-Doc TV, integrado en la plataforma de R Televisión, que emitirá una pequeña pero selecta programación con algunas de las películas que se proyectarán en el Festival Internacional de Cine Documental, que se celebra entre el 22 y el 26 de marzo en Tui.

ALEX WEBB Y REBECCA NORRIS COMPONEN UN PARTICULAR POEMA DE AMOR FOTOGRÁFICO EN EL PROYECTO “RIMAS DE REOJO”

Fotos: Superior Brooklyn, Nueva York ©Rebecca Norris Webb de Slant Rhymes. Inferior Brooklyn, Nueva York ©Alex Webb de Slant Rhymes

 

La Fábrica edita este proyecto en común del matrimonio que recoge 82 fotografías tomadas a los largo de los últimos 30 años en 15 países 

Estas Rimas de reojo  actúan como una suerte de biografía en imágenes de la historia de Webb y Norris, desde su amistad, posterior matrimonio, sus trabajos en común, o sus proyectos futuros, creando un inacabado poema de amor  

Con motivo de la edición del libro La Fábrica acogerá desde el 23 de marzo y hasta el 22 de mayo la exposición Slant Rhymes (Rimas de reojo) compuesta por una selección de 21 fotografías 

Alex Webb y Rebecca Norris visitarán Madrid el próximo jueves 23 de marzo para la presentación del libro y la inauguración de la exposición.Descarga imágenes y booktrailer  de Rimas de reojo  Más información www.lafabrica.com

Rimas de reojo es el fruto de más de 30 años de trabajo, comunicación, amistad y posterior matrimonio, entre Alex Webb – fotógrafo internacionalmente conocido por su trabajo en color y miembro de pleno derecho de Magnum Photos desde 1979 – y su mujer la poeta y fotógrafa, Rebecca Norris.

Un proyecto que recoge imágenes tomadas en los últimos 30 años en 15 países distintos que cobran su significado pleno gracias al diálogo fotográfico que establecen entre sí.

Como señala el fotógrafo estadounidense: “Fue en 2008 cuando empezaron a surgir las primeras señales de que pudiera existir una relación entre las imágenes de ambos, al empezar a componer nuestra inicial colaboración Violet Isle, un libro sobre Cuba que era en su inicio dos proyectos diferentes y que gradualmente se fundieron en uno. Cuando Rebecca y yo esparcimos nuestras fotos cubanas por el suelo de una habitación de hotel en Cádiz –España–, vimos cómo dialogaban unas con otras, creando significados distintos y más complejos que el de nuestro propio trabajo tomado individualmente”.

Este es el espíritu que subyace en estas Rimas de reojo en el que las 82 imágenes que componen la obra, aparecen confrontadas en cada una de las páginas, estableciendo un diálogo, no solo visual, sino también textual, ya que el libro cuenta con fragmentos de texto de ambos creadores que ayudan a contextualizar las imágenes y nos hablan de la historia en común de ambos artistas. Rebecca Norris se refiere a estas composiciones como “rimas de reojo” o “medias rimas” como los dúos de palabras en inglés cuyos sonidos coinciden pero no exactamente como “eyes” y “light” o “blue” y “moon”.