A XUNTA PRESENTA AS NOVIDADES NAS SÚAS POLÍTICAS DIRIXIDAS Á MOCIDADE A REPRESENTANTES LOCAIS E TÉCNICOS NO ÁMBITO XUVENIL

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, iniciou hoxe na Coruña unha rolda de encontros provinciais

  • Un dos obxectivos destas xuntanzas é dar a coñecer a nova orde de subvencións ás entidades locais para organizar iniciativas centradas na xuventude que fomenten a realización de actividades de educación non formal e a participación
  • Cecilia Vázquez avanzou tamén que o seu departamento autonómico está a traballar no novo decreto que desenvolve a Lei de xuventude de Galicia, que contará coas achegas dos técnicos de información xuvenil, das asociacións do sector e das escolas de tempo libre

 

A Coruña, 15 de marzo de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, iniciou hoxe na  sede da Delegación Territorial da Xunta na Coruña unha rolda de encontros con alcaldes, concelleiros de mocidade e técnicos de información xuvenil das catro provincias coa finalidade de explicarlles as novidades máis destacadas deste departamento autonómico para este ano, como son a nova orde de subvencións aos entes locais e a presentación do novo decreto que desenvolve a Lei de Xuventude.  

 

A responsable de Xuventude reuniuse, en primeiro lugar, cos representantes políticos, e a continuación entrevistouse cos técnicos de mocidade. A estas xuntanzas estiveron convidados os edís e técnicos dos municipios de Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Cambre, A Capela, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Fisterra, Irixoa, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Sada, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior e Vimianzo.

 

En canto á nova liña de axudas destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade, Cecilia Vázquez remarcou a importancia de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil, potenciando que se fagan conxuntamente entre varios concellos. Así, se incrementan os importes máximos ao dobre nas axudas individuais, pasando de 3.000 € a 6.000 €. de 8.000 nos programas que interveñan dous concellos a 15.000 €; e de 15.000 no que participen  tres concellos ou a máis a 22.000 euros.

 

Poden solicitar estas axudas os concellos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; as agrupacións de concellos, colindantes e/ou dunha mesma comarca, que se xunten para os efectos de levaren a cabo unha iniciativa local conxunta.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comunicou que con esta orde se pretende potenciar os mellores proxectos nas  áreas de Dinamización da información para a mocidade e nas Iniciativas locais emprendedoras, nas que se pretende que se presenten proxectos relacionados co emprendemento e coa empregabilidade da mocidade. Así mesmo, tamén se fai fincapé na promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a mocidade, na sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, no fomento da inclusión social e laboral e na accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.

 

Outros aspectos relevantes que se buscan reforzar coa nova orde son o fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna, a dinamización da lingua galega, o fomento da participación e o empoderamento das  mozas galegas, a conservación e posta en valor do medio ambiente e do patrimonio cultural e natural, o desenvolvemento e dinamización do medio rural, e a creación de espazos para a comunicación e as tecnoloxías da información e comunicación.

 

Por outra banda, Cecilia Vázquez expuxo tamén que se está a traballar no novo decreto de Xuventude, que desenvolve a Lei de Xuventude de Galicia, no que pretende contar cos técnicos que traballan no ámbito da mocidade. Con esta finalidade, levaranse a cabo xornadas provinciais cos técnicos de información xuvenil e xuventude, coas asociacións xuvenís e coas escolas de tempo libre  para que saia un texto o máis participativo posible.

 

Esta responsable autonómica continuará con estes encontros para explicar a rexedores, concelleiros e técnicos no ámbito xuvenil as novidades das políticas da Xunta de Galicia dirixidas á mocidade. Así, as seguintes reunións terán lugar os días 20, 29 e 31 de marzo en Ourense, Vigo e Lugo, respectivamente. Cecilia Vázquez rematará esta rolda de xuntanzas o día 3 de abril en Santiago de Compostela cos concellos da provincia da Coruña que non asistiron a este primeiro encontro.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: