O festival Novos Cinemas consegue estrear a película ‘Short Stay’ en varias cidades grazas á colaboración do público

  • A próxima proxección, conseguida mediante unha campaña de ‘crowdticketing’ será en Vigo mañá, xoves 16 de marzo
15 de marzo de 2017. – O festival Novos Cinemas conseguiu estrear en España a longametraxe Short Stay, do director norteamericano Ted Fendt, que gañou o premio do Xurado Novo na primeira edición deste certame. O premio consistía en posibilitar a estrea do filme en salas españolas mediante o sistema de proxeccións baixo demanda impulsado por Screenly, unha plataforma con base en Barcelona e Santiago de Compostela.

Este innovador sistema de exhibición, tamén chamado ‘crowdticketing’, permite a organización de proxeccións de cine en salas comerciais, a condición de que se consiga un mínimo de espectadores que reserven con antelación as súas entradas en Screenly, para o que se organiza unha campaña nas redes sociais de captación de reservas. Para estrear Short Stay nesta plataforma, aorganización de Novos Cinemas promoveu una serie de eventos iniciais en Santiago de Compostela, Vigo e Barcelona, cuxas campañas veñen de concluír con éxito. A estrea de Short Stay nestas cidades puido confirmarse para os días 12, 16 e 23 de marzo, respectivamente.

O domingo pasado a sala NUMAX de Compostela acolleu con éxito a primeira estrea, á que seguirá a proxección de mañá xoves 16 ás 20:30h nos Multicines Norte de Vigo, presentada polo director artístico do festival, o cineasta Ángel Santos, xunto a membros do Xurado Novo da pasada edición de Novos Cinemas. En Barcelona a estrea do filme será o 23 de marzo nos Cinemes Girona, nun evento especial presentado por SOFilm España. 

Short Stay conta, en 61 minutos e rodada en 16mm nas rúas de Philadelphia e New Jersey, como o seu protagonista Mike vai dun sitio a outro, mais non se pode dicir que sexa un buscavidas. O seu radio de acción é mínimo, pois a súa vida transcorre entre a casa materna e a pizzería na que traballa. Mike non ten unha gran conversa e tampouco moita iniciativa pois prefire deixarse levar que facer as cousas por si mesmo.

En Short Stay déixanse ver influencias do cinema francés como a de Straub-Huillet ou Rohmer, pero tamén o slapstick ou comedias do cinema indie americano dos 90 como o de Jim Jarmusch. A película pasou por festivais como a Berlinale, Indielisboa ou Filmadrid, ademais de Novos Cinemas, e agora poderá verse en salas baixo demanda a través de Screenly. Además das estreas previstas, calquera usuario poderá solicitar ver a película e organizar unha proxección no cine se consegue o mínimo de espectadores necesario.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: