Reestrea ‘Os tres porquiños’ en Vigo

“Os tres porquiños” este domingo

 

 

  • A produtora viguesa, que leva vendidas máis de 1.500 entradas, ofrecerá tres pases este domingo no Teatro Salesianos ás 12:00h, 17:00h e, debido ao grande éxito, tamén ás 19:00h

 

 

 

  • As últimas entradas dispoñibles, menos de 300,  pódense adquirir en ataquilla.com a un prezo único de 8€ (+gastos de xestión) e na propia billeteira do teatro unha hora antes de cada función a 10€

 

 

Vigo, 16/03/17.- A produtora viguesa EducaTeatro Producións® reestrea no Teatro Salesianos de Vigo ‘Os tres porquiños’. Unha nova versión do seu primeiro traballo, que desta volta inclúe nova escenografía, novos personaxes e música e texto renovado. O espectáculo poderase ver este domingo ás 12:00h, 17:00h e, debido ao grande éxito de venda de entradas, tamén nunha nova función ás 19:00h.

 

‘Os tres porquiños’ é unha obra musical con bonecos a tamaño real, dirixida especialmente a nenos e nenas de máis de dous anos. Nesta proposta, de 50 minutos de duración,  EducaTeatro ofrece unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán  ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

A técnica dramática empregada polos tres porquiños e o Lobo feroz é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que humanizan a figura dos animais, facilitando a interacción co público e a perfecta visión dende calquera punto do teatro. Ademais, ao remate da actuación, os cativos poderán retratarse cos porquiños Pequeno, Mediano e Maior, e incluso, os máis atrevidos, co Lobo.

Últimas entradas xa á venda

As últimas localidades para acudir á obra xa están á venda en ataquilla.com , cun prezo único de 8€ máis gastos de xestión, e tamén se poderán mercar na billeteira do teatro por 10€ dende unha hora antes de cada pase.

 

As funcións das 12:00h e 17:00h están practicamente esgotadas, e xa son máis de 1.500 as entradas vendidas a día de hoxe.

 

EducaTeatro

EducaTeatro Producións é unha produtora viguesa de teatro infantil nacida no 2014. Nestes anos, produciu tres espectáculos musicais que contaron con máis de 60.000 espectadores, Os tres porquiños (2014), Carapuchiña Vermella (2015) e O mundo máxico de Pinocho (2016).

Tres anos despois volve percorrer Galicia co seu primeiro e máis exitoso espectáculo, que despregou máis de 50 funcións, e que comezará a súa xira polo resto da xeografía española en Outono.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: