Xornada de Achegamento ao Judo no Porriño

156 ALUMNAS E ALUMNOS DO CEIP DE ATIOS, CEIP XOSÉ FERNÁNDE LÓPEZ E COLEXIO HERMANOS QUIROGA PARTICIPAN ESTE XOVES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DO PORRIÑO NUNHA XORNADA DE ACHEGAMENTO AO JUDO

156 alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe de Atios-39-, o Xosé Fernández López-48- e o Colexio Hermanos Quieroga-25- participarán este xoves, no Pavillón Municipal, nunha xornada de Aproximación ao Judo, na que, a través de xogos guiados, aprenderán varias das técnicas básicas deste deporte.

As sesión, de 10 a 11:15 h. e de 11:15 a 12:30, servirán para que as rapazas e rapaces se acheguen ás ‘Destrezas Técnicas’, e ‘Destrezas Físicas’ aprendendo  o emprego de habilidades motoras básicas e combinadas simples ao tempo que se lles transmite un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.

Esta sesión está organizada pola Federación Galega de Judo e Deporte Adaptado, a Concellería de Deportes do Concello do Porriño, que estará representado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, e o Secretaría Xeral para o Deporte, dependente do Goberno de Galicia.

As prácticas serán impartidas por profesores da Federación Galega de Judo, en cooperación cos profesores de Educación Física de cada un dos centros participantes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: