Archive | marzo 18, 2017

IESIDE pon en marcha unha nova edición do Máster SAP en Xestión Integrada da Empresa en Vigo

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) pon en marcha unha nova edición do Máster SAP en Xestión Integrada da Empresa con especialización en finanzas no seu Campus de Vigo. O curso dará comezo o vindeiro luns 20 de marzo e prolongarase ata xullo deste mesmo ano, con modalidade presencial en horario de luns a venres.

Dende o seu inicio fai xa 12 anos desenvólvese en colaboración con SAP Formación España e a multinacional TECNOCOM, líder en implantación de sistemas ERP como SAP.

A XUNTA DE GALICIA FELICITA Á FUNDACIÓN ONCE NO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO POLO SEU LABOR EN FAVOR DAS PERSOAS XORDOCEGAS

  • O titular autonómico destacou o exemplo de superación e dignidade que representan as persoas que integran a Fundación así como as súas familias
  • Rey tamén agradeceu o labor dos profesionais e voluntarios que forman parte de FOAPS

 

A Coruña, 17 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta mañá ao acto conmemorativo do décimo aniversario da Fundación ONCE para a atención de persoas con xordocegueira (FOAPS), un evento no que felicitou á entidade polo seu percorrido en favor do colectivo e no que destacou o labor solidario que realiza no seu entorno de influencia.

 

Durante a súa intervención, o titular autonómico destacou o exemplo de superación e dignidade que representan as persoas cegas ou con discapacidade visual que integran a Fundación, así como das súas familias, “que comparten as dificultades e a satisfacción de cada vitoria persoal”. “A sociedade galega e española no seu conxunto, séntese partícipe tamén da vosa loita e dos vosos logros”, explicou Rey Varela. Así mesmo, destacou a excelente valoración que teñen os cidadáns desta organización que “ten conseguido trasladar a milleiros de mulleres e homes a convicción de que a consecución da igualdade non lles é allea”.

 

O máximo responsable da Consellería de Política Social asegurou que a ONCE é unha referencia para toda a sociedade sen equivalencia en ningún outro país do mundo. Ao fío disto, salientou que esta organización e mais a Xunta de Galicia comparten un espírito común, “a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade”.

 

O titular autonómico quixo agradecer o labor dos profesionais e voluntarios que forman parte da Fundación e que fixeron posible que esta chegue ao decenio. “Todos vós, ensinádesnos a diario que no noso país existen problemas, pero tamén hai respostas alentadoras, e por iso, dende as administracións debemos unirnos a esas respostas apoiando ás persoas que máis o precisan”, asegurou Rey Varela.

 

Para concluír, o titular de Política Social defendeu a diversidade da sociedade galega como “un espazo heteroxéneo no que todas as persoas desempeñen a súa función social e laboral sen distinción de ningún tipo, achegando á sociedade a súa singularidade particular”.

 

Fundación ONCE

FOAPS ten como obxectivo promover o desenvolvemento de programas dirixidos á atención das necesidades específicas das persoas con xordocegueira, poñendo particular interese nos relacionados coa educación e o emprego coa finalidade de procurar a integración socio-laboral e mellorar a calidade de vida destas persoas. “Temos un obxectivo común con FOAPS: favorecer a inclusión e o desenvolvemento humano das persoas que máis requiren da nosa axuda”, afirmou Rey Varela.

 

Entre as súas actividades destaca o programa de mediación socio-educativa que promove e apoia a comunicación da persoa con xordocegueira co obxectivo de que esta estableza e manteña un dominio máximo sobre o entorno. Cómpre destacar que no conxunto do estado no 2016, a entidade ofreceu máis de 83.000 horas de mediación a 422 usuarios. En total, nestes 10 anos, acumulan máis de 540.000 horas de mediación.

 

Así mesmo, FOAPS ofrece información mediante diferentes propostas divulgativas encamiñadas a que se coñeza máis esta discapacidade, así como as necesidades do colectivo.

 

A XUNTA OFERTA 600 PRAZAS PARA ESTADÍAS EN BALNEARIOS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE GALICIA

  • Esta iniciativa facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios da comunidade
  • Nesta convocatoria, ao igual que o ano anterior, as persoas participantes poderán ir acompañados de fillos ou fillas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • O prazo de presentación de solicitudes abriuse hoxe e rematará o vindeiro día 17 de abril

 

Santiago, 17 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia abre dende hoxe e ata o vindeiro día 17 de abril o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa ‘Benestar en balnearios’. O principal obxectivo deste programa é contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.

 

Nesta ocasión, e tal como se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado xoves, convócanse un total de 600 prazas repartidas por toda Galicia. Como en pasadas edicións, este programa desenvolverase nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra); Arnoia en Ourense; Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo); Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra); Baños de Molgas en Ourense; Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra); O Carballiño (Ourense); Carballo (A Coruña); Cuntis (Pontevedra); Laias en Cenlle (Ourense); Lobios (Ourense); Río Pambre en Palas de Rei (Lugo); Termas Romanas de Lugo; Balneario de Guitiriz (Lugo) e o Balneario Eurostars Isla de La Toja no Grove (Pontevedra).

 

As persoas interesados poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web da Xunta de Galicia.

 

O programa ‘Benestar en balnearios’ facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites). A mesma inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocultural.

 

Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista, estar empadroado e residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais ou de conduta.

 

Tamén poderán participar os fillos ou fillas das persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o podan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se podan desprazar con autonomía e compartan a habitación coas persoas proxenitoras.

 

As solicitudes poderanse presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nas xefaturas territoriais e nos centros sociocomunitarios. No caso das parellas que queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda deberán presentar unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.  

Afundación organizará unha conferencia de David Calle en Vigo

Afundación acollerá o 28 de abril Vigo unha conferencia de David Calle que se encadra no ciclo de relatorios denominado «Educación e docencia no século XXI» que organiza Afundación. David Calle é un dos dez finalistas ao prestixioso Global Teacher Prize que se fallará en Dubai o domingo 19 de marzo.

UNS 4.500 MOZOS E MOZAS DA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO SUMÁRONSE O PASADO ANO ÁS VANTAXES E BENEFICIOS DO CARNÉ XOVE DA XUNTA

  • O delegado territorial en Vigo, Ignacio López-Chaves, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para explicar as prestacións desta tarxeta
  • Poden solicitala todos os mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ambos incluído
  • Durante o ano pasado, a Xunta expediu o Carné Xove a un total de 3.100 rapaces soamente na cidade de Vigo
  • Está homologado cos que emiten o resto das CCAA e países de Europa adheridos, polo que o seu titular pode empregalo en calquera deles nas mesmas condicións que en Galicia, agás as excepcións propias de cada comunidade ou país
  • López-Chaves aproveitou para lembrar que a Xunta está a esperar polas 2.824 prazas de aparcadoiro disuasorio municipal que estaban previstas na contorna do HAC e que xa se contemplaban no proxecto sectorial no ano 2008
  • Pediu ao alcalde Abel Caballero que “non busque culpables e se mire a el mesmo” por “non ser capaz de construír nin unha soa praza das 2.000 previstas e que eran a súa responsabilidade e obriga”

 

Vigo, 17 de marzo de 2017.- Preto de 4.500 mozos e mozas de entre 12 e 30 anos da área territorial de Vigo sumáronse o pasado ano ás vantaxes e beneficios do Carné Xove da Xunta de Galicia, dos que case uns 3.100 corresponden á cidade olívica.

 

Esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu en rolda de prensa para explicar as prestacións desta tarxeta, persoal e intransferible, que está á disposición da mocidade galega e que se pode tramitar nas oficinas locais de Xuventude do Goberno galego, nas oficinas de ABANCA e tamén nas oficinas municipais de información xuvenil integradas na Rede galega de información e documentación xuvenil. Coma destacou o delegado, a finalidade do Carné Xove é facilitar á xente nova de entre 12 a 30 anos (ambos incluído) o acceso a bens e servizos en tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ocio, ensino, etc.; nunhas condicións máis favorables mediante descontos e outras vantaxes. En toda Galicia xa conta cuns 50.000 usuarios.

 

Así mesmo, os titulares teñen dereito a rebaixas nas iniciativas que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tales como a Campaña de Verán, programas de mobilidade e ocio alternativo; actividades na neve e diferentes cursos e accións formativas. Tamén dispoñen dun seguro de balde que cobre un importante número de continxencias nos seus desprazamentos, o que lles permitirá facer fronte aos imprevistos que lles poidan xurdir nas súas viaxes. “Asistencia por accidente, danos á equipaxe, atrasos no medio de transporte”, relatou o delegado, quen engadiu ademais que con esta tarxeta os seus titulares teñen tamén descontos nos museos de ámbito estatal coma o Prado ou o Thyssen ou na rede de transportes Renfe, Feve, Alsa, Transmediterránea, etc.

 

E estas vantaxes non se limitan soamente aos 3.040 establecementos de Galicia apuntados a este programa, senón que tamén se obteñen no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos que forman parte do programa Carné Xove Europeo (European Youth Card). Deste xeito, o carné está homologado cos que emiten o resto das CCAA e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o seu titular pode empregalo en calquera deles nas mesmas condicións que en Galicia, agás as excepcións propias de cada comunidade ou país.

 

O programa Carné Xove  Europeo, da European Youth Card Association (EYCA, Asociación do Carné Xove Europeo) marca común internacional baixo a que se emite o carné nos países membros é unha iniciativa que conta con 30 anos de historia dende a súa orixe no Protocolo de Lisboa de 1987, no que se sinala como beneficiarios aos mozos e mozas europeos de entre 16 e 26 anos, se ben en Galicia esta franxa estendeuse ata os 30 anos, coa finalidade de facilitar a mobilidade e intercomunicación da mocidade.

 

Aparcadoiro Hospital Público Álvaro Cunqueiro

Por outra banda, o delegado aproveitou a rolda de prensa desta mañá para lembrar, ao fío das últimas declaracións sobre o aparcadoiro do HAC, que a Xunta de Galicia está a esperar polas 2.824 prazas de aparcadoiro disuasorio municipal que estaban previstas na contorna do hospital e que xa se contemplaban no proxecto sectorial no ano 2008.

 

“O proxecto sectorial facía referencia á existencia de aparcadoiros disuasorios, ata 2.000 prazas, que eran competencia do Concello de Vigo”, recalcou López-Chaves, polo que pediu ao alcalde Abel Caballero que “non busque culpables e se mire a el mesmo cando queira buscar un culpable” por “non ser capaz de construír nin unha soa praza das 2.000 previstas e que eran a súa responsabilidade e obriga”.

 

O delegado contrapuxo o traballo feito pola Xunta e o Concello neste ámbito insistindo en que o Goberno galego construíu e executou o “mellor hospital público de Galicia”, facendo mención á máxima cualificación ofrecida xa polos propios profesionais sanitarios mentres que o goberno local “non foi capaz de construír nin unha soa praza de aparcadoiro das 2.000 previstas”. Ademais, lembrou o anuncio feito hai xa 18 meses por Caballero de que ía a construír un aparcadoiro municipal do que “non se iniciaron as obras”.

 

Neste senso, lembrou que o acordo de construción do novo hospital público de Vigo “foi da época do bipartito pero quen o executou, investiu e fixo toda a obra foi o goberno de Núñez Feijóo. En todos estes anos de execución non se cumpriu o compromiso nin disposición destas 2.000 prazas de aparcadoiro que tiña que executar o concello e que estaban xa previstas no proxecto sectorial”, concluíu.

A XUNTA, O MINISTERIO DE FOMENTO E O CONCELLO DE VIGO AVANZAN CARA A UN ACORDO SOBRE OS ACCESOS Á ESTACIÓN INTERMODAL

  • A Consellería de Infraestruturas analizará a proposta presentada hoxe polo Concello de Vigo para confirmar que é compatible coa terminal de autobuses
  • No caso de que Fomento e o Concello acrediten que esta actuación urbana que formula o Concello é viable, a Xunta asumiría o encarecemento da estación de autobuses que a solución leva aparellada
  • Nos vindeiros días as  administracións intercambiarán nova documentación sobre as súas  respectivas propostas co obxectivo de pechar unha alternativa válida para o conxunto
  • A Xunta agarda que o Concello de Vigo emita no menor prazo posible o informe municipal favorable ao proxecto conxunto da estación intermodal

 

Santiago, 17 de marzo de 2017.- A Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Vigo avanzaron hoxe os traballos técnicos encamiñados a pechar un acordo sobre os accesos á estación intermodal da cidade. O director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Ignacio Maestro, mantivo hoxe un encontro en Madrid con responsables de Adif e con representantes do Concello de Vigo para abordar a cuestión da ordenación da entrada e saída ao complexo de Urzaiz.

 

Tendo en conta que o proxecto conxunto está formado pola estación de ferrocarril, a estación de autobuses intermodal e o Centro Vialia, o obxectivo do Goberno galego é contribuír a definir unha solución de accesos que atenda as necesidades desas tres pezas, e  a iso van encamiñadas as alternativas técnicas elaboradas pola Xunta.

 

Con esa vontade de acordo, o director xeral de Mobilidade trasladou na reunión de hoxe que

a Xunta analizará a proposta presentada hoxe polo Concello de Vigo, coa fin de confirmar que é compatible coas necesidades da estación de autobuses.

 

No caso de que Fomento e o Concello de Vigo acrediten que esa proposta é tecnicamente viable, a Xunta asumiría o encarecemento do custo de construción da estación de autobuses que a alternativa presentada leva aparellada.

 

O obxectivo do deseño defendido polo Concello de Vigo é eliminar o tapón que supón para o tráfico urbano a limitación de gálibo existente na rúa Alfonso XIII, imposto polo viaduto de acceso á AP-9. Para iso, proponse a construción dun vial soterrado que comunique a rúa Lepanto coa AP-9, pasando baixo a praza da estación e a parcela da futura terminal de autobuses.

 

A Consellería de Infraestruturas considera positivo que, presentando esta proposta,  o Concello de Vigo asuma agora os accesos á estación intermodal como unha actuación municipal que pode contribuír á reordenación urbana e do tráfico no contorno de Urzaiz.

 

Nos vindeiros días, a Xunta, o Ministerio de Fomento e o Concello de Vigo itercambiarán nova documentación sobre as súas respectivas propostas coa finalidade de pechar unha alternativa válida para o conxunto e conseguir un acordo definitivo sobre os accesos á intermodal.

 

Tramitación urbanística

Mentres as tres administracións traballan coordinadamente na definición dos accesos, a Xunta agarda que o Concello de Vigo emita no menor prazo posible o informe municipal favorable ao proxecto conxunto da estación intermodal.

 

Unha vez que o Concello de Vigo cumpra con ese trámite, a Xunta continuará co procedemento administrativo para poder aprobar o proxecto ao amparo da ‘lei expres’ que dará amparo urbanístico á terminal de autobuses e ao Centro Vialia nun prazo de 6 meses.
Isto é necesario a consecuencia da anulación xudicial do Plan Xeral de Vigo, unha situación que impide na actualidade o desenvolvemento do proxecto da intermodal e que, de non ser pola vía legal impulsada pola Xunta, obrigaría a agardar ata a aprobación dun novo  planeamento

O SECTOR DO TRANSPORTE E A LOXÍSTICA XERA 49.300 EMPREGOS E SUPÓN O 3,9% DO PIB GALEGO, SEGUNDO O ÚLTIMO ESTUDO DO IGE

  • O Instituto Galego de Estatística publica unha análise sobre esta actividade
  • O 98% das empresas que operan neste sector teñen a súa sede social en Galicia
  • A maior parte da actividade céntrase no transporte terrestre e nas actividades anexas ao transporte, pero tamén hai 602 empresas de actividades postais e 59 de transporte marítimo e aéreo  
  • Este informe forma parte da serie iniciada en 2013 coa cadea forestal-madeira, e que continuou coa automoción, a pesca e o sector cultural

 

Santiago, 17 de marzo de 2017.- O sector do transporte e a loxística xera 49.304 postos de traballo en Galicia e representa o 3,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da Comunidade Autónoma, segundo reflicte un estudo sobre esta actividade realizado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e publicado hoxe.

 

En concreto, neste sector participan 11.873 empresas que operan no territorio galego. A meirande parte delas son empresas cun número de traballadores inferior a dez, e outras 71 dispoñen de 50 ou máis empregados. Ademais, é un sector no que a maioría das empresas teñen a súa sede social en Galicia, o 98% segundo esta análise.

O informe aborda as catro ramas que conforman este sector: o transporte terrestre, no que operan 10.206 empresas; as actividades anexas ao transporte, con 1.006 empresas; as actividades postais e de correo, con 602; e o transporte marítimo e aéreo, no que operan 59 empresas no territorio galego.

 

En global, o sector do transporte e a loxística xera un valor engadido bruto de 2.126 millóns de euros, segundo os últimos datos dispoñibles, do ano 2014. Isto representa o 3,9% do PIB galego, do que o maior peso correspóndese co transporte terrestre (1,9%), o almacenamento e as actividades anexas ao transporte (1,6%), as actividades postais e de correo (0,3%) e o transporte marítimo e aéreo (0,1%).

 

Continuidade

A Análise do sector do transporte e da loxística é un documento elaborado polo IGE que dá continuidade a unha serie de análises iniciadas coa da cadea forestal-madeira, difundida no ano 2013. Esta serie tivo a súa continuación coa análise do sector da automoción, difundida en 2014; coa análise do sector da pesca, difundida en 2015 e, por último, a análise do sector cultural difundido en 2016.

 

O obxectivo destas publicacións é dobre: por unha banda, afondar no coñecemento da economía galega a través do estudo de sectores sobranceiros na estrutura económica de Galicia e, por outra, dar unha mellor difusión ás estatísticas de síntese económica elaboradas polo IGE.

En La Fábrica: presentaciones, inauguraciones y recomendaciones

AGENDA SEMANAL LA FÁBRICA
20 MAR – 26 MAR
21 de marzo a las 19h30
Revista H.
El rugby que se lee

Presentación

El próximo martes 23 de marzo en La Fábricase presentará el nuevo proyecto editorial de Panenka: REVISTA H. El rugby que se lee. Una publicación anual en papel de la cultura de rugby.

En la presentación nos acompañarán Mario Ornat, coordinador de H, Alhambra Nievas, árbitro y Antonio Resines, actor y ex jugador de rugby.

 

21 de marzo a las 19h30
Slant Rhymes
Presentación / Inauguración
Alex Webb y Rebecca Norris Webb

Alex Webb y Rebecca Norris Webb inauguran la exposición Slant Rhymes, un proyecto que también tiene su desarrollo editorial bajo el nombre Rimas de reojo.

Slant Rhymes es una conversación visual entre los fotógrafos Alex Webb y Rebecca Norris Webb, una pareja que ha trabajado alrededor del mundo –juntos y por separado– durante casi 30 años.

Rebecca, que se inició como poeta, llama a los dúos de fotografías en esta exposición «rimas de reojo». Una definición poética para dos palabras que en inglés suenan parecido, pero no exactamente igual, como «blue» y «moon».

Para ambos fotógrafos sus dúos de imágenes actúan como rimas de reojo visuales: fotografías que comparten una paleta, una geometría o una cualidad lumínica parecida, o la predilección por momentos surreales o sorprendentes. «Nos gustaría pensar que cuando se aprecian juntas, estas rimas de reojo crean una suerte de extenso, elíptico e inacabado poema de amor», dice Alex Webb en la introducción del libro que recoge este trabajo y que también incluye textos firmados por la pareja.+info