A XUNTA DE GALICIA FELICITA Á FUNDACIÓN ONCE NO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO POLO SEU LABOR EN FAVOR DAS PERSOAS XORDOCEGAS

  • O titular autonómico destacou o exemplo de superación e dignidade que representan as persoas que integran a Fundación así como as súas familias
  • Rey tamén agradeceu o labor dos profesionais e voluntarios que forman parte de FOAPS

 

A Coruña, 17 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta mañá ao acto conmemorativo do décimo aniversario da Fundación ONCE para a atención de persoas con xordocegueira (FOAPS), un evento no que felicitou á entidade polo seu percorrido en favor do colectivo e no que destacou o labor solidario que realiza no seu entorno de influencia.

 

Durante a súa intervención, o titular autonómico destacou o exemplo de superación e dignidade que representan as persoas cegas ou con discapacidade visual que integran a Fundación, así como das súas familias, “que comparten as dificultades e a satisfacción de cada vitoria persoal”. “A sociedade galega e española no seu conxunto, séntese partícipe tamén da vosa loita e dos vosos logros”, explicou Rey Varela. Así mesmo, destacou a excelente valoración que teñen os cidadáns desta organización que “ten conseguido trasladar a milleiros de mulleres e homes a convicción de que a consecución da igualdade non lles é allea”.

 

O máximo responsable da Consellería de Política Social asegurou que a ONCE é unha referencia para toda a sociedade sen equivalencia en ningún outro país do mundo. Ao fío disto, salientou que esta organización e mais a Xunta de Galicia comparten un espírito común, “a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade”.

 

O titular autonómico quixo agradecer o labor dos profesionais e voluntarios que forman parte da Fundación e que fixeron posible que esta chegue ao decenio. “Todos vós, ensinádesnos a diario que no noso país existen problemas, pero tamén hai respostas alentadoras, e por iso, dende as administracións debemos unirnos a esas respostas apoiando ás persoas que máis o precisan”, asegurou Rey Varela.

 

Para concluír, o titular de Política Social defendeu a diversidade da sociedade galega como “un espazo heteroxéneo no que todas as persoas desempeñen a súa función social e laboral sen distinción de ningún tipo, achegando á sociedade a súa singularidade particular”.

 

Fundación ONCE

FOAPS ten como obxectivo promover o desenvolvemento de programas dirixidos á atención das necesidades específicas das persoas con xordocegueira, poñendo particular interese nos relacionados coa educación e o emprego coa finalidade de procurar a integración socio-laboral e mellorar a calidade de vida destas persoas. “Temos un obxectivo común con FOAPS: favorecer a inclusión e o desenvolvemento humano das persoas que máis requiren da nosa axuda”, afirmou Rey Varela.

 

Entre as súas actividades destaca o programa de mediación socio-educativa que promove e apoia a comunicación da persoa con xordocegueira co obxectivo de que esta estableza e manteña un dominio máximo sobre o entorno. Cómpre destacar que no conxunto do estado no 2016, a entidade ofreceu máis de 83.000 horas de mediación a 422 usuarios. En total, nestes 10 anos, acumulan máis de 540.000 horas de mediación.

 

Así mesmo, FOAPS ofrece información mediante diferentes propostas divulgativas encamiñadas a que se coñeza máis esta discapacidade, así como as necesidades do colectivo.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: