A XUNTA OFERTA 600 PRAZAS PARA ESTADÍAS EN BALNEARIOS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE GALICIA

  • Esta iniciativa facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios da comunidade
  • Nesta convocatoria, ao igual que o ano anterior, as persoas participantes poderán ir acompañados de fillos ou fillas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • O prazo de presentación de solicitudes abriuse hoxe e rematará o vindeiro día 17 de abril

 

Santiago, 17 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia abre dende hoxe e ata o vindeiro día 17 de abril o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa ‘Benestar en balnearios’. O principal obxectivo deste programa é contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.

 

Nesta ocasión, e tal como se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado xoves, convócanse un total de 600 prazas repartidas por toda Galicia. Como en pasadas edicións, este programa desenvolverase nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra); Arnoia en Ourense; Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo); Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra); Baños de Molgas en Ourense; Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra); O Carballiño (Ourense); Carballo (A Coruña); Cuntis (Pontevedra); Laias en Cenlle (Ourense); Lobios (Ourense); Río Pambre en Palas de Rei (Lugo); Termas Romanas de Lugo; Balneario de Guitiriz (Lugo) e o Balneario Eurostars Isla de La Toja no Grove (Pontevedra).

 

As persoas interesados poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web da Xunta de Galicia.

 

O programa ‘Benestar en balnearios’ facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites). A mesma inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocultural.

 

Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista, estar empadroado e residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais ou de conduta.

 

Tamén poderán participar os fillos ou fillas das persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o podan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se podan desprazar con autonomía e compartan a habitación coas persoas proxenitoras.

 

As solicitudes poderanse presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nas xefaturas territoriais e nos centros sociocomunitarios. No caso das parellas que queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda deberán presentar unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.  

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: