Archivo | marzo 21, 2017

LÓPEZ-CHAVES CRE QUE CABALLERO “DESPREZA” ÁS PERSOAS QUE TRABALLARON POLA RECUPERACIÓN DO BARRIO HISTÓRICO AO “VETAR” AO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO CO TÍTULO DE VIGUÉS DISTINGUIDO

  • O delegado territorial da Xunta compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar a decisión do alcalde de “censurar” a proposta de Vigués Distinguido ao Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV)
  • Explicou que o CCVV é unha institución local que investiu máis de 44 millóns de euros na zona histórica da cidade dende o seu inicio hai xa 11 anos
  • Felicitou á Asociación ´Vigo Vello´ polo galardón pero entende que tamén debería por en valor o traballo conxunto de persoal, técnicos e arquitectos do Consorcio e veciños e comerciantes da zona alta que apostaron pola recuperación do barrio

 

Vigo, 21 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para valorar a decisión do alcalde Abel Caballero de “censurar” a proposta de Vigués Distinguido á institución local.

 

López-Chaves cre que o rexedor vigués “despreza” a todas as persoas que durante estes últimos 11 anos traballaron pola recuperación do barrio histórico ao “cesar, vetar e prohibir” ao organismo local –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo propio Concello de Vigo-  co título de Vigués Distinguido.

 

O delegado lembrou que o CCVV é unha institución que investiu máis de 44 millóns de euros na recuperación do barrio histórico e que deu coma resultado a rehabilitación de máis de 100 vivendas e 30 locais comerciais ademais de facilitar a instalación de diferentes institucións coma o Rexistro da Propiedade, o servizo de Notificacións, a sede da Universidade de Vigo, etc.

 

Aproveitou a ocasión para felicitar á Asociación de Comerciantes ´Vigo Vello´ polo galardón pero precisou que tamén se debería por en valor o traballo conxunto de persoal, técnicos e arquitectos do Consorcio –moitos deles premiados polo seus proxectos- así coma veciños e comerciantes da zona alta que apostaron pola recuperación do barrio residindo e desenrolando a súa actividade comercial na contorna.

 

“Caballero confunde institucións con persoas”, considerou López-Chaves, quen sinalou que a proposta coma Vigués Distinguido “foi para o Consorcio, non para o seu presidente. É un inmenso erro que cometen algúns”, dixo. “Non quere ver o papel que o CCVV está a facer na nosa cidade”, sinalou, pero facendo mención a todo o equipo humano que aposta e interven na recuperación dunha zona “que estaba abandonada para que teña actividade”.

 

Por último, o delegado insistiu no “compromiso, esforzo e éxito” co que traballou o organismo local dende o ano 2005 e que agora continúa na zona alta e se estenderá á Ribeira do Berbés.   

LÓPEZ VEIGA VIAJA A TÁNGER PARA AFIANZAR LOS LAZOS COMERCIALES ENTRE VIGO Y MARRUECOS

 

  • La ampliación de la Autopista del Mar hasta Tánger y la próxima apertura de una factoría del Grupo PSA en el país, servirán al Presidente portuario para fortalecer las relaciones entre Vigo y Marruecos.

 

 

Vigo, 21 de marzo de 2017. 

 

Una delegación de la Autoridad Portuaria de Vigo, encabezada por su Presidente, Enrique C. López Veiga, viajará a Tánger los próximos días. Una visita programada con motivo de la participación de la institución olívica en la VI edición del Encuentro Empresarial Hispano-Marroquí de Transporte y Logística, que tendrá lugar los días 22 y 23 de marzo.

 

Esta visita cobra especial relevancia tras el anuncio, por parte del Grupo Suardíaz, de la ampliación de la Autopista del Mar de Vigo hasta Tánger, gracias al éxito del servicio actual que, asimismo, verá incrementada la frecuencia entre Vigo y Nantes-Saint Nazaire a cuatro salidas semanales.

 

Esta nueva extensión, que arrancará el próximo día 7 de abril con la primera escala en Vigo, supondrá la asignación de buques adicionales y dos salidas semanales, lo que favorecerá, sin duda, a sectores estratégicos como el del automóvil, el textil y el agroalimentario, además de una gran oportunidad para la industria presente en la zona de influencia de los puertos incorporados; principalmente, para la industria del Noroeste de España (especialmente Galicia), Norte de Portugal y Noroeste de Francia, al consolidarse un servicio logístico fiable y de alta frecuencia que ayudará a incrementar el desarrollo comercial, ahora también con Marruecos, segundo socio comercial de España fuera de la UE. El tráfico con el Norte de África permitirá incrementar la carga rodada de la Autopista del Mar, consolidando de esta manera su sostenibilidad a largo plazo.

 

Un impulso para la automoción

No hay que olvidar, además, que el Grupo PSA abrirá próximamente una nueva factoría en Marruecos, que se sumará a las tres plantas con las que ya cuenta la compañía: dos en España (Vigo y Madrid) y una en Portugal (Mangualde). En estos momentos, Vigo funciona como la cabeza del Polo Ibérico, pero el próximo año, se pondrá en marcha la factoría de Kenitra, en Marruecos, en la que se prevé fabricar en torno a los 200.000 vehículos al año -700.000 unidades en 2021- destinados al mercado africano, donde ahora exporta la fábrica viguesa.

 

Por todo ello, parece lógico que la Autoridad Portuaria de Vigo apueste por profundizar en las relaciones comerciales con Marruecos, donde el máximo responsable de la terminal olívica hará valer las cualidades del Puerto local, preparado para acoger a los grandes barcos de transporte actuales, gracias a sus grandes calados y perfectas condiciones para la navegación y maniobrabilidad de cualquier tipo de buque.

 

Excelentes relaciones comerciales

Durante su estancia en Tánger, López Veiga pondrá sobre la mesa las excelentes relaciones comerciales que el país marroquí mantiene con Vigo. Durante 2016, el tráfico con destino/origen la ciudad marroquí ascendió a 7.941 toneladas, casi en su totalidad exportadas desde la terminal olívica-, frente a las 4.901 toneladas del ejercicio anterior, lo que supuso un crecimiento del +62,02%. Entre las mercancías más destacadas están los automóviles, el granito -en bruto y elaborado-, los metales y sus manufacturas y la pesca congelada, entre otros. Del mismo modo, entre enero y diciembre de 2016 se movieron un total de 1.342 TEUS, frente a los 949 registrados en el periodo anterior, o lo que es lo mismo, el tráfico de contenedores entre Vigo y Tánger subió un +41,41%.

 

En el caso de los tránsitos entre ambos puertos, los contenedores con destino Vigo y tránsito previo en Tánger, el total de TEUS en 2016 fue de 2.097, mientras que los contenedores con origen el Puerto vigués y tránsito posterior en Tánger ascendieron a 649 TEUS a lo largo del ejercicio pasado.

 

El VI Encuentro Empresarial Hispano – Marroquí del Sector Marítimo, Transporte y Logística, está organizado por la Cámara Española de Comercio e Industria en Tánger y cuenta con la colaboración del Ministerio de Economía y Competitividad, a través de la Embajada de España en Rabat, la Oficina Económica y Comercial en Rabat y Casablanca y con el apoyo de diversas instituciones oficiales españolas y marroquíes del sector.

 

Dicho encuentro está dirigido a empresas españolas y marroquíes relacionadas con el sector del transporte marítimo, la logística, la construcción naval, náutica de recreo e investigación marina. Según la organización, el objetivo de estas jornadas es facilitar las relaciones “en un ámbito regulado” entre las empresas del sector interesadas y las instituciones y organismos oficiales de Marruecos. También se busca aumentar “la eficiencia y la competitividad de las empresas españolas y marroquíes, mediante la cooperación entre ellas”.

 

REY VARELA DESTACA A IMPORTANCIA DA COLABORACIÓN ENTRE XUNTA E CONCELLOS PARA IMPULSAR UNS SERVIZOS SOCIAIS DE PROXIMIDADE

  • O responsable da área social do Goberno galego sinalou que foi o entendemento entre administracións o que fixo posible a apertura o pasado mes de decembro desta instalación despois de anos de espera
  • O centro ten unha capacidade máxima de 60 prazas, ofertándose a metade nesta fase inicial de posta en marcha

 

Maceda (Ourense), 20 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o novo centro de día de Maceda, que entrou en funcionamento en decembro do ano pasado tras o convenio asinado co concello ourensá para garantir  o seu correcto funcionamento e mantemento. Rey Varela sinalou que a apertura desta nova instalación “supón un impulso aos servizos sociais de Maceda e dos concellos próximos”, que tamén poden derivar usuarios.

 

O responsable da área social do Goberno galego insistiu na importancia da colaboración entre administracións para mellorar a atención ás persoas, apuntando que foi precisamente ese entendemento o que fixo posible a posta en marcha deste centro de día despois de anos de espera. “Seguiremos apostando polo diálogo e a colaboración cos concellos e outras administracións porque a cuestión de fondo non é delimitar competencias nin o seu financiamento senón prestar o mellor servizo, neste caso aos nosos maiores”, manifestou.

 

Ademais, o conselleiro subliñou o reforzo do servizo de coidados a persoas dependentes no entorno familiar, ao incrementar nun 21% as horas dispoñibles. Así, a Xunta vén de aumentar en 220 horas mensuais o Servizo de Axuda no Fogar neste municipio ourensán, o que supón 2640 horas máis ao ano.

 

O centro de día de Maceda ten unha capacidade máxima de 60 prazas, ofertándose a metade nesta primeira fase da súa entrada en servizo. A Xunta de Galicia investiu un total de 1,1 millóns de euros nesta infraestrutura destinada a espazo de socialización das persoas maiores, para a promoción da autonomía persoal das mesmas e con finalidade preventiva e de rehabilitación.

 

O responsable da área social do Goberno galego estivo acompañado durante a visita pola delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, polo xerente do Consorcio Galego de Igualdade e de Benestar, Perfecto Rodríguez, así como polo alcalde de Maceda, Rubén Quintas.

 

A XUNTA RECIBE A 21 MOZOS DO SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO QUE DESENVOLVERÁN PROXECTOS EN GALICIA E NO RESTO DO ESTADO

Os voluntarios e voluntarias, con idades comprendidas entre os 17 e os 30 anos, están a participar esta semana nun curso de formación en Culleredo (A Coruña)

  • O SVE ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

 

Despedidas, cine xaponés gañador dun Oscar, no ciclo Cine e Lingua da Universidade de Vigo

Vigo, 21 de marzo de 2017.- O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo, adicado ao cine asiático, proxecta mañá Despedidas, película xaponesa gañadora do Oscar á mellor película de fala non inglesa en 2008. Dirixida por Yojiro Takita, conta a vida de Daigo Kobayashi, antiguo violoncellista dunha orquestra que acaba de disolverse. Tras este feito, decide regresar á cidade na que naceu en compañía da súa esposa. Alí consegue un emprego como enterrador. Pero a súa dona e veciños contemplan con desagrado o seu traballo. Mais Daigo descubrirá neste ritual de morte a chispa vital que lle faltaba.

 

Tras a proxección, haberá un debate que moderará Lili Wo, profesora de chinés e xaponés do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.

 

おくりびと Despedidas

Yojiro Takita, 2008

Data:    Mércores, 22 de marzo

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

               

 

O CORREDOR DO MORRAZO REXISTRARÁ ESTA TARDE UN CORTE PUNTUAL PARA REALIZAR VOLADURAS NO TRAMO 2 E AVANZAR NAS OBRAS DE CONVERSION EN AUTOVÍA

  • O tráfico desviarase polas vías habituais, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o necesario para que a duración sexa a menor posible
  • En función do resultado dos traballos de hoxe valorarase a necesidade de realizar un novo corte puntual o vindeiro xoves
  • Estas voaduras son as últimas programadas ata o despois de Semana Santa
  • A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros

Santiago, 21 de marzo de 2017.- O Corredor do Morrazo rexistrará esta tarde un corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito 2 e avanzar nas obras de conversión en autovía. O corte ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

 

O tráfico desviarase, entre as 16.00  e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

 

 En función do resultado dos traballos programados para hoxe, avaliarase a necesidade de realizar un novo corte o vindeiro xoves, día 23. Estas voaduras do treito 2 son as últimas programadas ata despois da Semana Santa. No treito 1 xa se realizaron todas as voaduras necesarias.

 

Os cambios está establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

 

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.

 

 

Agorazein, o grupo de hip-hop do momento, protagonista do Sonora´17 da Universidade de Vigo

Sonora´17

17.30h: Royce Rolo Dj set (Banana Bahía Music)

18.30h: Agorazein

19.30h:  Royce Rolo Dj set (Banana Bahía Music)

 

 

Data:    Mércores, 22 de marzo

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.   

Agorazein, o grupo de hip-hop do momento, protagonista do Sonora´17 da Universidade de Vigo

Vigo, 21 de marzo de 2017.- O Sonora’17, a gran cita musical da programación da Universidade de Vigo coas músicas independentes, ofrecerá mañá o concerto de Agorazein, a banda que está chamada a ser o grupo revelación de hip-hop deste ano.

A banda madrileña do barrio de Quintana está formada por C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace. De feito, C. Tangana xa é un dos artistas máis relevantes da escena española e un habitual dos máis importantes festivais de música independente. No concerto da Universidade de Vigo tocarán temas do seu último traballo Siempre, cheos de bases electrónicas e ritmos lentos.

 

Agorazein estará acompañado no Sonora´17 por Royce Rolo (DJ set), membro do colectivo Banana Bahía Music. Rolo é un dos máis importantes produtores, recoñecido en gran parte por ser un dos renovadores do son da música urbana. Como DJ, xunto a Kaixo, é un habitual das festas do Overdose Club. Royce Rolo pinchará antes e despois da actuación de Agorazein.


 

 

 

“Siempre”, de Agorazein: https://youtu.be/aGZZEyykLHg

Nace el dúo Odd People

La formación, compuesta por los DJs y productores Miguel Lobo y Daniel Rivas, debutará en varios festivales este verano

También presentan sus primeras producciones en 8bit, Snatch! y Material…

Talavera de la Reina es una ciudad poco asociada con la música electrónica. Hasta ahora. Tras la celebración en 2016 de la primera edición del festival techno One Beautiful Day – que puso a la ciudad en el mapa electrónico nacional – ahora el productor y DJ manchego Miguel Lobo se une a su homólogo y paisano Daniel Rivas en la creación de una nueva formación musical.

De nombre Odd People, el dúo de productores y DJs talaverano comparte una visión particular de lo que debería ser la música electrónica. Su repertorio, que gira principalmente en torno a los sonidos techno y tech house, no se limita solo a ellos, estando enfocado en la músicaunderground de calidad. Sus producciones – reconocibles y avaladas por la trayectoria de Miguel Lobo – buscan encajar tanto en la pista de baile como con la música electrónica de escucha, pudiendo disfrutarse tanto en clubes como en el salón de casa.

Siendo residentes de la sesión Glow – en su ciudad, Talavera de la Reina – creada por ellos mismos, han conseguido programar a artistas como Uto Karem, Horacio Cruz, Marcos In Dub, Gonçalo, Alejandro Fernández, Ismael Rivas u Oscar de Rivera, entre otros.

Además de su trabajo como residentes, sus publicaciones en plataformas 8bit Records, Snatch!, Material o Time Has Changed – donde ya han dejado muestras de su calidad como productores – les han conseguido abrir las puertas de la temporada de festivales de este verano 2017, donde ya se espera su actuación durante la Off Week de Barcelona (TBA), A Summer Story o One Beautiful Day.

La historia de Odd People solo acaba de empezar…

A XUNTA DE GALICIA SINALIZA O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA AO SEU PASO POLO CONCELLO DA GUARDA CON 16 MOUTEIRAS OFICIAIS

Vigo, 20 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, comprobou esta tarde á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na zona da estación marítima do ferri A Guarda-Caminha, punto polo que chegan os peregrinos procedentes do país veciño.

Pé de foto: A XUNTA DE GALICIA SINALIZA O CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA AO SEU PASO POLO CONCELLO DA GUARDA CON 16 MOUTEIRAS OFICIAIS

 

 

En total, no Concello da Guarda colocaranse un total de 16 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse hai uns días no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.