Agorazein, o grupo de hip-hop do momento, protagonista do Sonora´17 da Universidade de Vigo

Sonora´17

17.30h: Royce Rolo Dj set (Banana Bahía Music)

18.30h: Agorazein

19.30h:  Royce Rolo Dj set (Banana Bahía Music)

 

 

Data:    Mércores, 22 de marzo

Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.   

Agorazein, o grupo de hip-hop do momento, protagonista do Sonora´17 da Universidade de Vigo

Vigo, 21 de marzo de 2017.- O Sonora’17, a gran cita musical da programación da Universidade de Vigo coas músicas independentes, ofrecerá mañá o concerto de Agorazein, a banda que está chamada a ser o grupo revelación de hip-hop deste ano.

A banda madrileña do barrio de Quintana está formada por C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace. De feito, C. Tangana xa é un dos artistas máis relevantes da escena española e un habitual dos máis importantes festivais de música independente. No concerto da Universidade de Vigo tocarán temas do seu último traballo Siempre, cheos de bases electrónicas e ritmos lentos.

 

Agorazein estará acompañado no Sonora´17 por Royce Rolo (DJ set), membro do colectivo Banana Bahía Music. Rolo é un dos máis importantes produtores, recoñecido en gran parte por ser un dos renovadores do son da música urbana. Como DJ, xunto a Kaixo, é un habitual das festas do Overdose Club. Royce Rolo pinchará antes e despois da actuación de Agorazein.


 

 

 

“Siempre”, de Agorazein: https://youtu.be/aGZZEyykLHg

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: