LÓPEZ-CHAVES CRE QUE CABALLERO “DESPREZA” ÁS PERSOAS QUE TRABALLARON POLA RECUPERACIÓN DO BARRIO HISTÓRICO AO “VETAR” AO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO CO TÍTULO DE VIGUÉS DISTINGUIDO

  • O delegado territorial da Xunta compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar a decisión do alcalde de “censurar” a proposta de Vigués Distinguido ao Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV)
  • Explicou que o CCVV é unha institución local que investiu máis de 44 millóns de euros na zona histórica da cidade dende o seu inicio hai xa 11 anos
  • Felicitou á Asociación ´Vigo Vello´ polo galardón pero entende que tamén debería por en valor o traballo conxunto de persoal, técnicos e arquitectos do Consorcio e veciños e comerciantes da zona alta que apostaron pola recuperación do barrio

 

Vigo, 21 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para valorar a decisión do alcalde Abel Caballero de “censurar” a proposta de Vigués Distinguido á institución local.

 

López-Chaves cre que o rexedor vigués “despreza” a todas as persoas que durante estes últimos 11 anos traballaron pola recuperación do barrio histórico ao “cesar, vetar e prohibir” ao organismo local –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo propio Concello de Vigo-  co título de Vigués Distinguido.

 

O delegado lembrou que o CCVV é unha institución que investiu máis de 44 millóns de euros na recuperación do barrio histórico e que deu coma resultado a rehabilitación de máis de 100 vivendas e 30 locais comerciais ademais de facilitar a instalación de diferentes institucións coma o Rexistro da Propiedade, o servizo de Notificacións, a sede da Universidade de Vigo, etc.

 

Aproveitou a ocasión para felicitar á Asociación de Comerciantes ´Vigo Vello´ polo galardón pero precisou que tamén se debería por en valor o traballo conxunto de persoal, técnicos e arquitectos do Consorcio –moitos deles premiados polo seus proxectos- así coma veciños e comerciantes da zona alta que apostaron pola recuperación do barrio residindo e desenrolando a súa actividade comercial na contorna.

 

“Caballero confunde institucións con persoas”, considerou López-Chaves, quen sinalou que a proposta coma Vigués Distinguido “foi para o Consorcio, non para o seu presidente. É un inmenso erro que cometen algúns”, dixo. “Non quere ver o papel que o CCVV está a facer na nosa cidade”, sinalou, pero facendo mención a todo o equipo humano que aposta e interven na recuperación dunha zona “que estaba abandonada para que teña actividade”.

 

Por último, o delegado insistiu no “compromiso, esforzo e éxito” co que traballou o organismo local dende o ano 2005 e que agora continúa na zona alta e se estenderá á Ribeira do Berbés.   

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: