Archive | marzo 23, 2017

La madrugada del domingo, 26 de marzo, comienza el horario de verano

* Este cambio horario es parte de una directiva europea que afecta a todos los Estados miembros de la Unión

22.03.17. El próximo fin de semana comienza el horario de verano, que supone adelantar una hora los relojes para aprovechar mejor la luz solar por las tardes. Es decir, en la madrugada del domingo, 26 de marzo, a las dos de la madrugada serán las tres. Este cambio horario es parte de la directiva europea 2000/84/CE que afecta a todos los Estados miembros de la Unión.

La directiva obliga a aplicar un régimen horario de verano y un calendario común para las fechas y horas a las que debe comenzar y finalizar dicho horario para todos los Estados miembros. No existe la posibilidad de excepción que permita a un Estado miembro no aplicar el régimen de la hora de verano.

Según un estudio realizado por la Comisión Europea, esta medida tiene impactos positivos no solo sobre el ahorro energético sino sobre otros sectores como el transporte, las comunicaciones, la seguridad vial, las condiciones de trabajo y los modos de vida, la salud, el turismo o el ocio.

El cambio horario se remonta a la década de los 70, cuando se produjo la primera crisis del petróleo y algunos países decidieron adelantar sus relojes para poder aprovechar mejor la luz natural del sol y consumir así menos electricidad en iluminación.

GALICIA REBAIXOU EN XANEIRO UN 20,7% O TEMPO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES ATA SITUALO EN 20,6 DÍAS

  • O período medio de pago da Administración galega sitúase 5 días por debaixo do conxunto de comunidades

Santiago, 22 de marzo de 2017.- Galicia comezou o ano atendendo con axilidade aos seus provedores e cun período medio de pago mellor que a media, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública sobre o mes de xaneiro. Así, Galicia reduciu un 20,7% o tempo medio de pago ata situalo en 20,6 días, o que supón 5 días menos que a media autonómica, que foi de 25,4 días.

Ademais, en comparación co mes anterior, o período medio de pago en Galicia é 6 días máis baixo, xa que en decembro de 2016 o tempo medio de pago era de 26 días. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron en xaneiro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xaneiro foi do 0,50%. Galicia conseguiu reducir este indicador un 31,6% no último ano e un 23,5% respecto ao mes de decembro ao baixar ata os 300 millóns de euros, segundo indican os datos do Ministerio de Hacienda.

 

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA QUE A XUNTA CONTINUARÁ TRABALLANDO PARA QUE OS VECIÑOS DA ÁREA DE VIGO TEÑAN UN PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE PRIMEIRA

  • Vázquez Mourelle lamenta que o Plan en Vigo estea incompleto porque así o impón o alcalde a todos os seus veciños, xa que tras máis de 8 meses, non foi quen de realizar as adaptacións tecnolóxicas para o funcionamento da tarxeta metropolitana nos autobuses urbanos
  • Pon como exemplo a un traballador que queira chegar ao Porriño e que teña que empregar o autobús urbano e interurbano, pois seguirá pagando os dous billetes, mentres que se Vigo se incorporase ao plan, a Xunta subvencionaría unha viaxe
  • Indica que en 2016 un total de 2,6 millóns de desprazamentos tiveron lugar na área metropolitana de Vigo, onde xa hai máis de 40.000 veciños que dispoñen da tarxeta de transporte metropolitano de Galicia
  • Salienta que este plan social permite aforros anuais duns 600 euros nos desprazamentos cotiás, que poden chegar aos 1.000 se empregan o bus urbano

 

Santiago, 22 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta continuará traballando para que os veciños da área de Vigo teñan un Plan de Transporte Metropolitano de primeira, que contribúa á cohesión da área metropolitana, achegue calidade de vida e sitúe os cidadáns desta zona en condicións de igualdade cos usuarios da Coruña, Santiago, Lugo ou Ferrol.

 

Vázquez Mourelle asegurou que o servizo de transporte non pode ser un privilexio que veña determinado pola cor política dun Goberno, senón que debe ser un dereito para todos os cidadáns da área, que desfrutarán do transporte metropolitano nas mesmas condicións que o resto dos galegos. Salientou que a negativa do alcalde de incorporar o autobús urbano ao Plan estalles impedindo aos usuarios desta área aforrar uns 400 euros anuais con respecto aos doutras de Galicia.

 

Subliñou que o Plan de Transporte Metropolitano en Vigo está incompleto porque así o impón o alcalde a todos os seus veciños, xa que pese a que ten asinada a incorporación do Concello desde o pasado 6 de xullo, nas mesmas condicións que están vixentes para o resto de Galicia, tras máis de 8 meses, aínda non foi quen de realizar as adaptacións tecnolóxicas necesarias para o funcionamento da tarxeta metropolitana nos autobuses urbanos. Así, a semana pasada os técnicos do proceso de homologación confirmaron que os dispositivos de cobro que ten que desenvolver o Concello para o funcionamento da Tarxeta Metropolitana non está completo, polo que a día de hoxe, non permiten, por exemplo, cancelar un cobro indebido, algo totalmente incompatible co Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

 

Puxo como exemplo a un traballador que queira chegar ao Porriño e que teña que empregar o autobús urbano e interurbano, terá que seguir pagando os dous billetes; mentres que se Vigo se incorporase ao plan, a Xunta subvencionaría un billete.

 

A conselleira indicou que nas últimas semanas tivo coñecemento polos medios de comunicación da intención do alcalde de Vigo de negociar convenios bilaterais cos municipios da área en materia de transporte. Sinalou que desta decisión na Xunta non hai constancia oficial, xa que o rexedor non ten remitido escrito algún informando de que renuncia a cumprir co asinado e coa palabra dada aos cidadáns.       

 

Aforros de ata 1.000 euros anuais

Vázquez Mourelle lembrou que o Plan de Transporte Metropolitano non para de medrar, xa que na actualidade está en funcionamento en 5 áreas metropolitanas e conta con 65 concellos adheridos, beneficiando a máis da metade da poboación: ao 60% dos galegos.

 

Trátase dun plan social que permite que os cidadáns aforren cada ano unha media de 600 euros nos seus desprazamentos cotiás, que poden chegar aos 1.000 se empregan o bus urbano. Isto é así en toda Galicia, agás na área de Vigo, onde o autobús urbano non está aínda incorporado ao Plan de Transporte Metropolitano pola negativa do alcalde a sumarse.

A conselleira concretou que o plan permitiu que o pasado ano se bonificasen 14 millóns de billetes en Galicia, o que supón un incremento do 9% con respecto ao anterior: 2,6 millóns de desprazamentos tiveron lugar na área metropolitana de Vigo, onde xa hai máis de 40.000 veciños que dispoñen da tarxeta de transporte metropolitano de Galicia.

 

O Goberno galego sumoulle outra vantaxe máis a este plan, xa que desde agosto funciona a Tarxeta Xente Nova, que permite que os menores de 19 anos se despracen gratis en bus interurbano ou no barco. Neste sentido, cabe destacar que Vigo é o concello de Galicia con máis usuarios da Tarxeta Xente Nova, rexistrándose máis de 3.000.

 

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE A XUNTA INICIARÁ EN ABRIL A SEGUNDA FASE DA SENDA PEONIL E CICLISTA NA PO-308, ENTRE SOUTULLO E MAJOR, E CONTRATARÁ ESTE MESMO ANO O TREITO ATA PORTONOVO

  • Asegura que todas as actuacións previstas na primeira fase da obra, que se está a executar entre A Lanzada e Soutullo e rematará en verán, foron acordadas co Concello e tiveron en conta as demandas veciñais
  • A responsable de Infraestruturas destaca a importancia desta actuación, cun investimento total de 6,5 millóns de euros, para o fomento dunha mobilidade sustentable, a seguridade viaria e a promoción turística da zona
  • O proxecto delimita mellor as zonas protexidas da  estrada, evitando a situación caótica que se produce no verán na Lanzada, cando os vehículos invaden todos os espazos que son susceptibles de convertese en aparcadoiros
  • Subliña que, pese a que o Con do Cormorán carece de protección patrimonial ou ecolóxica, a Xunta sempre preveu mantelo e buscou unha solución para evitar o paso da senda polas rochas cercanas

 

Santiago, 22 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta iniciará en abril a segunda fase da senda peonil e cilista na estrada PO-308, entre Soutullo e Major, e iniciará este mesmo ano a contratación das obras do terceiro treito, que chegará ata Portonovo.

 

A titular de Infraestruturas do Goberno galego salientou que todas as actuacións previstas nas obras da primeira fase que se están a executar entre A Lanzada e Soutullo e rematarán en verán, foron acodardas co Concello de Sanxenxo e tiveron en conta as demandas de diferentes colectivos veciñais.

 

Vázquez Mourelle remarcou que este proxecto conta con todos os informes favorables dos órganos competentes en materia de patrimonio e  medio ambiente e non afectará ao Con do Cormorán.

 

A conselleira destacou que esta actuación entre A Lanzada e Portonovo, contará cun investimento duns 6,5 millóns de euros por parte da Xunta e está recollida no Plan de Sendas de Galicia, posto en marcha polo Goberno galego co obxectivo de fomentar a mobilidade sostible, mellorar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos, a pé ou en bici, de veciños e turistas.

 

Ethel Vázquez subliñou que a construción desta senda vai significar unha considerable mellora para a zona desde o punto de vista da seguridade viaria e ambiental.  Segundo dixo, o principal obxectivo da Xunta é converter unha estrada para os vehículos tamén nunha infraestrutura na que peóns e ciclistas poidan circular con comodidade e seguridade. Ademais, promoverase unha mobilidade máis sustentable, fomentando entre os cidadáns modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, cos conseguintes beneficios que isto suporá para o medio.

 

A actuación permitirá delimitar mellor as zonas protexidas do que é a estrada, evitando a situación caótica que se produce na tempada do verán, cando os vehículos invaden todos os espazos posibles que son susceptibles de convertese en aparcadoiros.

 

Respecto ambiental e patrimonial

Ethel Vázquez salientou que este proxecto é compatible co respecto ambiental e patrimonial e non afectará ao Con do Cormorán. Precisou que aínda que as rochas non teñen protección, a Xunta respectará a sensibilidade da veciñanza, polo que os traballos non incidirán neste penedo nin nos das súas proximidades.

 

A conselleira indicou que a Axencia Galega de Infraestruturas conta coas correspondentes autorizacións, tanto da Dirección Xeral de Patrimonio como da de Conservación da Natureza e vén atendendo as medidas preventivas establecidas para minimizar posibles afeccións.

 

Ademais, tendo en conta o posible impacto do trazado do proxecto en terreos incluídos en Rede Natura 2000, técnicos do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra e persoal de vixilancia do espazo natural procederon á inspección do lugar, xunto con técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas. Nesta inspección, corroborouse que as actuacións previstas están dentro da zona de dominio de Estradas.

 

En relación á parcela na que se atopa o Con do Paxaro, cómpre lembrar que se trata dunha parcela illada do espazo natural protexido e carente dos seus valores e neste zona non  hai dunas. O Con do Cormorán carece de catalogación ou de protección patrimonial ou ecolóxica especial, pero, aínda así, a Xunta, consciente da súa significación simbólica, en ningún momento preveu a súa retirada. Co obxectivo de atender as demandas veciñais e de acometer os traballos atendendo, no posible, a todas as sensibilidades, buscouse unha solución, que permite evitar o paso da senda polas rochas e que afectará minimamente á zona de aparcadoiro, xa que só son dúas ou tres prazas as que se perden.  

 

GALICIA REBAIXOU EN XANEIRO UN 20,7% O TEMPO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES ATA SITUALO EN 20,6 DÍAS

  • O período medio de pago da Administración galega sitúase 5 días por debaixo do conxunto de comunidades

Santiago, 22 de marzo de 2017.- Galicia comezou o ano atendendo con axilidade aos seus provedores e cun período medio de pago mellor que a media, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública sobre o mes de xaneiro. Así, Galicia reduciu un 20,7% o tempo medio de pago ata situalo en 20,6 días, o que supón 5 días menos que a media autonómica, que foi de 25,4 días.

Ademais, en comparación co mes anterior, o período medio de pago en Galicia é 6 días máis baixo, xa que en decembro de 2016 o tempo medio de pago era de 26 días. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que seis comunidades incumpriron en xaneiro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xaneiro foi do 0,50%. Galicia conseguiu reducir este indicador un 31,6% no último ano e un 23,5% respecto ao mes de decembro ao baixar ata os 300 millóns de euros, segundo indican os datos do Ministerio de Hacienda.

Presentacion dunha nova APP para xestión do subministro de auga

A alcaldesa do Porriño, coma presidenta do Consorcio de Augas do Louro, asistiu este mércores, xunto cos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Salceda, Marcos Besada, á presentación, coincidindo co ‘Día Mundial da Auga dunha nova APP que permitirá ás veciñas e veciños dos concellos de Mos, Salceda, Tui e O Porriño, xestionar dende o teléfono móbil todo canto se refira ao servizo de subministro de auga.

A nova APP, que ten por nome Smart Aqua e que pode baixarse dende Play Store, facilita aos usuarios xestións coma o pago de recibos, cambio de titular do subministro, facer reclamacións, tramitar consultas, remitir avisos sobre problemas no servizo as 24 horas do día e en tempo real, consultar os seus recibos, os históricos de pago, mesmo, enviando una fotografía, activar un servizo de “xeo-localización que permite aos técnicos do Consorcio actuar ou acudir ao lugar no que se produza un fallo ou unha avaría”.

Eva García de la Torre lembrou, ademais que coincidindo co Día Mundial da Auga ponse en marcha o II Concurso de Debuxo convocado polo Consorcio que este ano subliñará a importancia da xestión a auga.

A presidenta do Consorcio de Augas do Louro non so amosou a súa satisfacción polo lanzamento da APP, “que cumpre unha das nosas obrigas que é facilitarlle a vida aos cidadáns que agora poderán facer todo tipo de xestións so co seu móbil”, senón que reclamou a necesidade de “facer pedagoxía sobre o valor que ten o luxo do que gozamos de poder abrir a billa e ter auga limpa e potable”.

García de la Torre reivindicou o traballo “esencial” que se fai na EDAR de Augas do Louro, “no que atangue ao tratamento da auga, evitando a súa contaminación e garantindo a súa pureza”, e, principalmente, no eido da investigación, “que é un grande descoñecido polos cidadáns”.

O traballo dos científicos, engadiu, “permite garantir a calidade da auga e, ao tempo poder utilizar todos os recursos que ofrece”, mesmo aproveitar os residuos que se eliminan da mesma, e puxo coma exemplo  o aproveitamento do metano dos mesmos para mover os vehículos do propio Consorcio.

Eva García de la Torre lembrou que por mor do Cambio Climático a auga, “mesmo aquí” empeza a ser un ben finito, por iso “o tratamento, o estudo, a depuración, a investigación da auga é hoxe completamente esencial e debe ser unha prioridade, porque afectará ao noso futuro”.

O persoal dos centros de atención á discapacidade desenvolverá concentracións o xoves 23 de marzo

Vigo, a 22 de marzo de 2017

As traballadoras e os traballadores dos centros de atención a persoas con discapacidade van realizar unha xornada de mobilizacións MAÑÁ xoves, 23 de marzo, para reivindicar melloras salariais e laborais e a negociación dun convenio galego de sector que poña fin á precariedade que padece este colectivo. As concentracións realizaranse diante de todos os centros de Galiza que non son de xestión directa.

 

Horas e lugares das mobilizacións na comarca de Vigo:

-14:30 horas: Asociación Galega San Francisco (Agasfra), na rúa Tomás Paredes, 229.

-18:00 horas: Aspanaex, na rúa Meste Goldar, 18.

-15:30 horas: San Xerome Emiliani (instalacións das Mercedes) e 16.00 horas nas instalacións da Guarda.

Involución das condicións laborais

O persoal dos centros de atención á discapacidade (xestionados por organizacións e entidades sen ánimo de lucro e financiados maioritariamente con cartos públicos) están regulados polo XIV convenio estatal do sector. Porén, explica a CIG-Ensino, dende a negociación do IX convenio en Madrid, houbo unha involución constante e unha perda de dereitos continuada.

Tanto é así que dende o ano 2011 os traballadores e traballadoras perderon un 5,2% do seu poder adquisitivo, acumulando unha perda salarial neste tempo próxima aos 4.000€; recortáronse días de vacacións, pasando de ter un mes +18 días a só gozar agora de 22+3 días laborábeis. Mais pola contra aumentou a xornada laboral, pasando das 37,5h ou 38 horas semanais ás 38,5h ou 39h actuais. Ao que hai que engadir recortes no complemento de antigüidade, nos permisos retribuídos, na IT, na flexibilidade funcional ou incluso na reposición da roupa de traballo.

Esta involución, denuncia a CIG-Ensino, débese á falta de negociación real en Madrid e ao entreguismo e pactismo das organizacións sindicais estatais. Por iso, a CIG acudirá á negociación do novo convenio estatal, que comezará o 28 de marzo, mais sabendo que son un paripée que só se poderá reverter a tendencia a precarizar o sector coa negociación dun convenio galego.

Responsabilidade da Xunta para lograr un convenio galego

As protestas chegan tamén logo de que non se producira ningún avance ou compromiso durante a reunión que a representación do persoal e a CIG mantiveron hai unhas semanas co conselleiro de Política Social. Neste senso, cómpre destacar que as competencias nas subvencións a estes centros están transferidas á Xunta de Galiza e entre un 60% e un 90% dos orzamentos que xestionan as entidades proceden de cartos públicos.

Por iso, dende a central sindical apélase á responsabilidade da administración galega para que promova mesas de negociación tanto coas asociacións e federacións como coa representación social, de cara a sentar as bases para acadar un convenio galego de sector que permita mellorar as condicións laborais e salariais, así como a calidade do servizo que se presta.

Demandar a xestión pública

A este respecto, hai que subliñar que as reivindicacións dos/as traballadores/as non se limitan só ás súas condicións de traballo, senón á propia calidade do servizo. De aí que unha das principais demandas sexa a xestión pública da totalidade dos servizos destes centros, como centros públicos a todos os efectos. Mentres isto non se produza, pídese un incremento das partidas orzamentarias para o sector que permitan aos centros prestar unha atención de calidade e mellorar a situación dos usuarios e usuarias.

Mentres non se cumpran estas demandas, o persoal está disposto a continuar coas mobilizacións.

La Cámara de Comercio lanza una nueva campaña para recuperar el IVA pagado en el extranjero

Vigo, 22/03/2017. La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa lanza una nueva campaña para la recuperación del IVA pagado en el extranjero durante el año 2016. La institución cameral se encargará, en nombre de las empresas, de solicitar el retorno del IVA en los países de la Unión Europea y todos aquellos que tengan convenio de reciprocidad con España (Suiza, Noruega, Canadá, Mónaco, Japón e Israel).

 

Dentro de esta actividad los técnicos del departamento facilitarán asesoría sobre los conceptos recuperables, seguirán los expedientes en las administraciones de Hacienda de forma detallada y emitirán recursos si es necesario. Las empresas pueden solicitar de devolución del IVA en estos conceptos:

 

  • Gastos derivados de la participación en Ferias y congresos
  • Hoteles y restaurantes
  • Traductores e intérpretes
  • Servicios de transportes y combustible
  • Alquiler de vehículos
  • Servicios de consultoría
  • Honorarios de abogados

 

Otros conceptos de los que también se ha recuperado el IVA en años anteriores:

 

  • Impuesto IGIC pagado en las Islas Canarias (servicios como hoteles, alquiler de coche, ferias…)
  • Gastos de stocks y posterior transporte y distribución en Francia.
  • Compras de material de construcción para suministrar a obras que se realicen en Francia.
  • Compras de piezas, componentes y materiales para montajes realizados en compañías de automoción en Alemania.

 

La documentación podrá presentarse en cualquiera de las tres sedes camerales antes del 15 de julio de 2017 (en el caso de Suiza, Noruega y el IGIC de Canarias, el plazo finalizará el 31 de mayo de 2017). Para más información acerca de los conceptos recuperables en cada país, documentación a aportar o la solicitud del servicio, los interesados deberán  dirigirse al Departamento de Comercio Exterior de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa a través del email comex@camarapvv.com o en el  teléfono  986 446 295.

Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará o vindeiro 30 de marzo a partir das 20.30 h un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia que inaugurará a segunda parte da Tempada de Música Clásica 2017 de Afundación. O recital estará dedicado completamente ao compositor Wolfgang Amadeus Mozart, cun repertorio formado pola obertura de O rapto no serrallo, KV 384; Concerto para piano nº 25 en do maior, KV 503 (allegro, andante e allegretto) e Sinfonía nº 38 en re maior, KV 504 «Praga» (adagio – allegro, andante e fnal – presto). Nesta ocasión, será o director ruso Maxim Emelyanychev o encargado de dirixir a agrupación.

Afundación presenta o seu novo Espazo +60 en Vigo

Afundación presentará mañá xoves, ás 10.00 h, no transcurso dun almorzo informativo, o seu novo Espazo +60, que converterá a sede da entidade en Vigo nun centro multidisciplinar e interxeracional, co obxectivo de dar cabida a todos os programas e actividades que desenvolve actualmente a entidade nos seus tres ámbitos de actuación: a cultura, o envellecemento activo e a educación superior e coñecemento. Na presentación, que terá lugar na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), estarán o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o director-xerente, Pedro Otero.