A XUNTA ABORDARÁ ESTE ANO UNHA AMPLIACIÓN DOS SUPOSTOS E TRAMOS DA RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA

  • O desenvolvemento normativo da Lei de Inclusión permitirá outorgar a Risga en determinados casos de convivencia
  • O novo decreto tamén incorporará novos tramos de inserción e transición ao emprego

 

Santiago, 22 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou esta tarde en sede parlamentaria que nesta lexislatura se avanzará no desenvolvemento normativo da Lei de Inclusión Social de Galicia, coa elaboración do decreto que regula os aspectos relacionados coa Risga que beneficiarán ás persoas que reciben esta prestación. Ademais, Rey Varela reiterou o compromiso da Xunta para paliar as desigualdades mediante o impulso e actualización da Axenda Social Única, o reforzo dos servizos sociais comunitarios, a ampliación dos programas de apoio ás familias con risco de desafiuzamento e a potenciación dos equipos de inclusión sociolaboral.

 

No que atinxe á Risga, o titular de Política Social recordou que o crédito inicial reservado para a concesión desta axuda económica directa volve medrar nos orzamentos deste ano ata acadar os 57,5 millóns de euros, o que permitirá manter o cumprimento dos prazos de resolución e seguir sen lista de agarda. Nesta liña, Rey Varela lembrou que o número de beneficiarios medrou ata acadar en 2015 os 13.800, froito do compromiso do Goberno galego cos máis desfavorecidos. Ademais, apuntou que o decreto que a desenvolverá suporá a materialización de medidas anovadoras establecidas na lei de inclusión, como son a posta en marcha dos novos tramos de inserción e transición ao emprego, así como abordará novos supostos en casos de convivencia.

 

Ao respecto desta última cuestión, Rey Varela sinalou que na actualidade nos supostos de convivencia nun mesmo domicilio da persoa solicitantes ou beneficiaria con outras persoas alleas á súa unidade de convivencia non se está a denegar a Risga, senón que se estableceu como criterio conceder a prestación naqueles casos nos que se inclúa como un dos obxectivos do proxecto de integración social elaborado polos traballadores sociais municipais a busca dun domicilio independente no prazo de seis meses “para o cal temos que avanzar cos concellos nas axudas á vivenda de acordo co previsto na Axenda Social”, asegurou.

 

Ademais do incremento orzamentario da partida inicial da Risga, Rey Varela referiuse ao reforzamento dos servizos sociais comunitarios como outra mostra do compromiso do Goberno galego contra a exclusión. Neste sentido, lembrou a actualización e incremento do 12% dos módulos económicos para o financiamento do persoal destes servizos, así como a suba da contía que a Xunta asigna aos concellos para o financiamento dos gastos de persoal, o que permitiu a incorporación de 60 novos profesionais aos equipos de distintos concellos galegos. “Todas estas medidas están relacionadas coa concesión da Risga e están encamiñadas a conseguir o benestar daquelas persoas que máis precisan da nosa axuda”, concluíu.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: