ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA QUE A XUNTA CONTINUARÁ TRABALLANDO PARA QUE OS VECIÑOS DA ÁREA DE VIGO TEÑAN UN PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DE PRIMEIRA

  • Vázquez Mourelle lamenta que o Plan en Vigo estea incompleto porque así o impón o alcalde a todos os seus veciños, xa que tras máis de 8 meses, non foi quen de realizar as adaptacións tecnolóxicas para o funcionamento da tarxeta metropolitana nos autobuses urbanos
  • Pon como exemplo a un traballador que queira chegar ao Porriño e que teña que empregar o autobús urbano e interurbano, pois seguirá pagando os dous billetes, mentres que se Vigo se incorporase ao plan, a Xunta subvencionaría unha viaxe
  • Indica que en 2016 un total de 2,6 millóns de desprazamentos tiveron lugar na área metropolitana de Vigo, onde xa hai máis de 40.000 veciños que dispoñen da tarxeta de transporte metropolitano de Galicia
  • Salienta que este plan social permite aforros anuais duns 600 euros nos desprazamentos cotiás, que poden chegar aos 1.000 se empregan o bus urbano

 

Santiago, 22 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta continuará traballando para que os veciños da área de Vigo teñan un Plan de Transporte Metropolitano de primeira, que contribúa á cohesión da área metropolitana, achegue calidade de vida e sitúe os cidadáns desta zona en condicións de igualdade cos usuarios da Coruña, Santiago, Lugo ou Ferrol.

 

Vázquez Mourelle asegurou que o servizo de transporte non pode ser un privilexio que veña determinado pola cor política dun Goberno, senón que debe ser un dereito para todos os cidadáns da área, que desfrutarán do transporte metropolitano nas mesmas condicións que o resto dos galegos. Salientou que a negativa do alcalde de incorporar o autobús urbano ao Plan estalles impedindo aos usuarios desta área aforrar uns 400 euros anuais con respecto aos doutras de Galicia.

 

Subliñou que o Plan de Transporte Metropolitano en Vigo está incompleto porque así o impón o alcalde a todos os seus veciños, xa que pese a que ten asinada a incorporación do Concello desde o pasado 6 de xullo, nas mesmas condicións que están vixentes para o resto de Galicia, tras máis de 8 meses, aínda non foi quen de realizar as adaptacións tecnolóxicas necesarias para o funcionamento da tarxeta metropolitana nos autobuses urbanos. Así, a semana pasada os técnicos do proceso de homologación confirmaron que os dispositivos de cobro que ten que desenvolver o Concello para o funcionamento da Tarxeta Metropolitana non está completo, polo que a día de hoxe, non permiten, por exemplo, cancelar un cobro indebido, algo totalmente incompatible co Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

 

Puxo como exemplo a un traballador que queira chegar ao Porriño e que teña que empregar o autobús urbano e interurbano, terá que seguir pagando os dous billetes; mentres que se Vigo se incorporase ao plan, a Xunta subvencionaría un billete.

 

A conselleira indicou que nas últimas semanas tivo coñecemento polos medios de comunicación da intención do alcalde de Vigo de negociar convenios bilaterais cos municipios da área en materia de transporte. Sinalou que desta decisión na Xunta non hai constancia oficial, xa que o rexedor non ten remitido escrito algún informando de que renuncia a cumprir co asinado e coa palabra dada aos cidadáns.       

 

Aforros de ata 1.000 euros anuais

Vázquez Mourelle lembrou que o Plan de Transporte Metropolitano non para de medrar, xa que na actualidade está en funcionamento en 5 áreas metropolitanas e conta con 65 concellos adheridos, beneficiando a máis da metade da poboación: ao 60% dos galegos.

 

Trátase dun plan social que permite que os cidadáns aforren cada ano unha media de 600 euros nos seus desprazamentos cotiás, que poden chegar aos 1.000 se empregan o bus urbano. Isto é así en toda Galicia, agás na área de Vigo, onde o autobús urbano non está aínda incorporado ao Plan de Transporte Metropolitano pola negativa do alcalde a sumarse.

A conselleira concretou que o plan permitiu que o pasado ano se bonificasen 14 millóns de billetes en Galicia, o que supón un incremento do 9% con respecto ao anterior: 2,6 millóns de desprazamentos tiveron lugar na área metropolitana de Vigo, onde xa hai máis de 40.000 veciños que dispoñen da tarxeta de transporte metropolitano de Galicia.

 

O Goberno galego sumoulle outra vantaxe máis a este plan, xa que desde agosto funciona a Tarxeta Xente Nova, que permite que os menores de 19 anos se despracen gratis en bus interurbano ou no barco. Neste sentido, cabe destacar que Vigo é o concello de Galicia con máis usuarios da Tarxeta Xente Nova, rexistrándose máis de 3.000.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: