Presentacion dunha nova APP para xestión do subministro de auga

A alcaldesa do Porriño, coma presidenta do Consorcio de Augas do Louro, asistiu este mércores, xunto cos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Salceda, Marcos Besada, á presentación, coincidindo co ‘Día Mundial da Auga dunha nova APP que permitirá ás veciñas e veciños dos concellos de Mos, Salceda, Tui e O Porriño, xestionar dende o teléfono móbil todo canto se refira ao servizo de subministro de auga.

A nova APP, que ten por nome Smart Aqua e que pode baixarse dende Play Store, facilita aos usuarios xestións coma o pago de recibos, cambio de titular do subministro, facer reclamacións, tramitar consultas, remitir avisos sobre problemas no servizo as 24 horas do día e en tempo real, consultar os seus recibos, os históricos de pago, mesmo, enviando una fotografía, activar un servizo de “xeo-localización que permite aos técnicos do Consorcio actuar ou acudir ao lugar no que se produza un fallo ou unha avaría”.

Eva García de la Torre lembrou, ademais que coincidindo co Día Mundial da Auga ponse en marcha o II Concurso de Debuxo convocado polo Consorcio que este ano subliñará a importancia da xestión a auga.

A presidenta do Consorcio de Augas do Louro non so amosou a súa satisfacción polo lanzamento da APP, “que cumpre unha das nosas obrigas que é facilitarlle a vida aos cidadáns que agora poderán facer todo tipo de xestións so co seu móbil”, senón que reclamou a necesidade de “facer pedagoxía sobre o valor que ten o luxo do que gozamos de poder abrir a billa e ter auga limpa e potable”.

García de la Torre reivindicou o traballo “esencial” que se fai na EDAR de Augas do Louro, “no que atangue ao tratamento da auga, evitando a súa contaminación e garantindo a súa pureza”, e, principalmente, no eido da investigación, “que é un grande descoñecido polos cidadáns”.

O traballo dos científicos, engadiu, “permite garantir a calidade da auga e, ao tempo poder utilizar todos os recursos que ofrece”, mesmo aproveitar os residuos que se eliminan da mesma, e puxo coma exemplo  o aproveitamento do metano dos mesmos para mover os vehículos do propio Consorcio.

Eva García de la Torre lembrou que por mor do Cambio Climático a auga, “mesmo aquí” empeza a ser un ben finito, por iso “o tratamento, o estudo, a depuración, a investigación da auga é hoxe completamente esencial e debe ser unha prioridade, porque afectará ao noso futuro”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: