XUNTA E ENTIDADES AVANZAN NA HOMOXENEIZACIÓN DOS CRITERIOS PARA VALORAR AS SITUACIÓNS DE EXCLUSIÓN OU RISCO DE DESAMPARO

  • O obxectivo é construír un modelo de atención innovador para as persoas con menos recursos a partir das experiencias da vintena de organizacións e entidades participantes nesta iniciativa
  • Esta previsto que o cuestionario de valoración que acorde o grupo de traballo se integre na Historia Social Única Electrónica (HSUE) para facilitar a valoración dos casos de exclusión e o seguimento dos mesmos

 

Santiago, 22 de marzo de 2017.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou hoxe no primeiro encontro do grupo de traballo do Proxecto Inclúe, que inicia así a súa segunda fase de implantación. Ademais de representación da Xunta e de Emaús Fundación Social, que lideran esta iniciativa, nesta xuntanza déronse cita representantes dunha vintena de entidades e concellos.

 

Neste encontro, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), abordouse unha definición de consenso da exclusión social adaptada ao contexto galego, a partir da revisión dos factores que inflúen nos procesos de inclusión. O Proxecto Inclúe persegue a construción dun modelo de atención innovador para as persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión a partir das aprendizaxes derivadas da experiencia e da práctica das diferentes organizacións participantes, todas elas cunha ampla traxectoria no eido a inclusión social.

 

Ademais, un dos obxectos desta iniciativa é a aplicación da I+D+i no campo da inclusión social en Galicia e, en especial, un desenvolvemento do coñecemento que contribúa a unha maior efectividade dos servizos e actuacións que tratan de desenvolver a inclusión social. Así, está previsto que este grupo de traballo avance nun cuestionario de exclusión homoxéneo e aplicable para todos os profesionais do campo da inclusión social que, a través da ferramenta tecnolóxica Inclúe, integrarase na Historia Social Única Electrónica (HSUE).

 

Deste xeito, Inclúe virá a completar este sistema de información nun dos seus puntos clave, ao facilitar unha valoración obxectiva e homoxénea das eventuais situacións de exclusión e máis a expedición dos correspondentes documentos de certificación das situacións de exclusión social por parte dos servizos sociais comunitarios dos concellos. Así mesmo, a integración da ferramenta tecnolóxica Inclúe no marco da HSUE facilitará a comparativa e seguimento das valoracións realizadas entre os distintos profesionais implicados nos itinerarios de inclusión, así como a coordinación na xestión dos casos e a continuidade e complementariedade das intervencións no eido da inclusión social.

 

Participantes

Ademais da Xunta, Emaús Fundación e EOSA, que lideran este proxecto, no grupo de traballo participan como entidades colaboradoras as seguinres: Aliad-Ultreia, Asvidal, Cáritas Ourense e Cáritas Diocesana Tui-Vigo, Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, Cruz Vermella, Ecos do Sur, Feafes Galicia, Fundación Secretariado Xitano, Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, Instituto Galego para a Xestión do Terceiro Sector, Fundación Juan Soñador, Plan Comunitario de Teis, Fundación Meniños e concellos de Ourense, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro.

 

Este grupo configura unha mostra representativa das entidades que traballan factores de exclusión específicos, como as adiccións, a problemática dos sen teito ou a situación das persoas con enfermidades mentais, entre outras; e tamén é un grupo equilibrado dende o punto de vista territorial.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: