Archive | marzo 24, 2017

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA O RETO TÉCNICO QUE SUPUXO A REFORMA DO CARRIL BICI ENTRE VIGO, BAIONA E A GUARDA PARA CONXUGAR AS NESESIDADES DE SEGURIDADE DOS DISTINTOS TIPOS DE USUARIOS DA VÍA

  • Destaca que as obras exectuadas nas estradas PO-552 e PO-325 tiveron en conta as achegas dos alcaldes e da Federación Galega de Ciclismo, co aval da Dirección Xeral de Tráfico
  • Remodeláronse os 29 quilómetros do carril bici, ampliando as beiravías para incrementar a seguridade dos ciclistas deportivos e habilitando unha senda mixta, con diferente cor, para o uso compartido de peóns e ciclistas turísticos que non superen os 10 km/h
  • Subsituíronse os antigos separadores de formigón por outros de goma rebasables  e máis estreitos, e espaciáronse os deste último tipo no treito Vigo-A Ramallosa
  • Incrementouse a sinalización para incidir na prevención de riscos e sensibilizar aos condutores, peóns e ciclistas da importancia de cumprir as normas de circulación e respectar os demais usuarios

 

Baiona (Pontevedra), 24 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe en Baiona o “gran reto técnico” que supuxo a reforma do carril bici entre Vigo, Baiona e A Guarda para “facer compatible, dun xeito seguro, o uso da vía por parte dos distintos usuarios que a transitan: vehículos, peóns e ciclistas, diferenciando, ademais os ciclistas turísticos dos deportivos”.

 

Ethel Vázquez supervisou hoxe en Baoina o remate destas actuacións de mellora da seguridade viaria no carril bici nas estradas PO-552 e PO-325, nas que o Goberno galego investiu 750.000 euros.

 

A conselleira, que estivo acompañada dos alcaldes de Baiona, Ángel Rodal, de Oia, Cristina Correa, e do Rosal, Jesús María Fernandez, salientou que as obras executadas recolleron as achegas formuladas polos concellos e a Federación Galega de Ciclismo, e foron avaladas pola Dirección Xeral de Tráfico. O obxectivo das obras, dixo, era “reforzar a protección dos usuarios máis vulnerables: os peóns e os ciclistas”.

 

Nesta actuación levouse a cabo a remodelación dos 29 quilómetros do carril bici da PO-552, co fin de adecualo mellor aos seus distintos usuarios, para elo ampliáronse as beiravías, no lado do mar, facéndoas máis anchas para maior seguridade dos ciclistas deportivos; reduciuse lixeiramente o carril bici, respectando un ancho mínimo de 2,1 metros, converténdoo nunha senda mixta pola que poidan transitar, sen dificultades, peóns e ciclistas turísticos e tamén se incidiu na diferenciación visual desta senda mixta cun pavimento con cor.

 

Ademais, substituíronse os actuais separadores de formigón por outros de goma rebasables e máis estreitos, o que permite gañar espazo para a beiravía; retiráronse algúns separadores de goma no treito entre Vigo e A Ramallosa, na PO-325, en 12 km, para ampliar o espazo entre eles e mellorar así a manobrabilidade dos ciclistas deportivos.

 

Ademais, incrementouse a sinalización para incidir na prevención de posibles riscos e sensibilizar tanto a condutores, como a peóns e ciclistas, da importancia de cumprir as normas de circulación e respectar aos demais usuarios da vía.

 

Finalmente, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda apelou á “responsabilidade de todos e a necesidade de ser respectuosos coas normas de circulación e de implicarnos na educación e concienciación dos nosos nenos co noso exemplo, por unha cultura da seguridade viaria”.

 

A XUNTA CLAUSURA O OOEE MOAÑA LABORA QUE OFRECEU FORMACIÓN E TRABALLO A 20 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • Este programa mixto de formación e emprego contou con dúas especialidades: atención sociosanitaria a persoas no domicilio e carpintería  
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto a alcaldesa, Leticia Santos, comprobaron hoxe o resultado dos traballos feitos
  • Os 20 alumnos e alumnas traballaron como coidadores de dependentes na mellora dos elementos de carpintería de edificios e espazos públicos

 

Moaña, 24 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá no Patronato Municipal Beiramar o obradoiro de emprego Moaña Labora, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses.   

 

Este programa mixto de formación e emprego se centrou na realización de obras e prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitaron un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

 

No caso concreto de Moaña, o obradoiro formou a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de atención sociosanitarias a personas no domicilio (10 persoas) e carpintería (10) durante os últimos 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto a alcaldesa, Leticia Santos, participaron esta mañá na clausura. O representante da Administración autonómica na área felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por un director, un titor, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividad que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

 

Ademais, a convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

A XUNTA DE GALICIA DEU RESPOSTA A MÁIS DE 6.800 CONSULTAS DE MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DOS CENTROS QUÉROTE+ EN 2016

  • As preguntas realizadas están relacionadas coa sexualidade e afectividade, a imaxe corporal, as TIC’s ou formación entre outras
  • A oficina herculina recibiu 988 consultas vía telefónica, en liña e de xeito presencial

 

A Coruña, 24 de marzo de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as instalacións do servizo Quérote+ da cidade da Coruña para coñecer de primeira man este servizo especializado de información e asesoramento a disposición da mocidade desta cidade e da comarca e para facer balance do mesmo.

 

Esta oficina herculina recibiu ao longo do ano 2016 un total de 988 consultas sobre as temáticas coas que traballan no servizo (sexualidade e afectividade, imaxe corporal, convivencia no espazo físico e virtual, consumo de substancias). Das 988 consultas, 566 foron realizadas por mozas e 422 por mozos. En función da vía de formulación da consulta 538 foron presenciais, 280 telefónicas e 170 en liña. Por temática, 547 das consultas versaron sobre sexualidade, 234 sobre enfermidades de transmisión sexual, 25 sobre convivencia, tres foron relativas ás TIC’s, dúas sobre consumo de substancias, 46 relativas imaxe corporal,  35 sobre formación, 49 sobre o servizo Quérote + en xeral e 47 sobre outros temas.

O balance do ano 2016 amosa que as cinco oficinas do servizo Quérote+ -sitas en Vigo, Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña- recibiron un total de 6.894 consultas, 4.387 foron realizadas por mozas e 2.507 por mozos. En función da vía pola que foron formuladas estas consultas 3.337 foron presenciais, 1.547 telefónicas, 871 en liña, 1.135 por Whatsapp e catro por videochamada. Por temática, 4.138 consultas foron sobre sexualidade, 1.230 sobre enfermidades de trasmisión sexual, 243 sobre convivencia,  32 relativas as TIC’s, 28 sobre consumo de substancias, 179 relativas imaxe corporal,  571 sobre formación, 299 sobre o servizo Quérote + en xeral e 174 sobre outros temas.

A directora xeral destacou o aumento da asesoría do servizo Quérote+ a través do número de Whatsapp 647018752. Así das 712 consultas a través desta vía no ano  2015 pasouse ás 1.135 no 2016, o que supón un incremento do 59% de consultas a través desta forma de mensaxería instantánea.  Este éxito responde a que é un servizo ánonimo, confidencial e con resposta inmediata en tempo real, sen necesidade de desprazamento por parte do usuario. Das consultas realizadas no 2016 a través do Whatsapp, o 61% foron mulleres e o 39% homes. Por idades, o 29% dos usarios desta vía de consulta tiñan entre 14 e 18 anos; o 40% entre 19 e 25 anos; e o 31% entre 26 e 30 anos.

Así mesmo, Cecilia Vázquez manifestou que o servizo Quérote+ traballa día a día para converterse nun referente, tanto informativo como de asesoramento “que sexa capaz de dar resposta ás dúbidas e demandas que ten a mocidade, especialmente naquelas cuestións que máis lles afectan, ou que máis lles preocupan”, explicou a titular autonómica durante a visita. Neste sentido, recordou que a intervención do persoal técnico do Quérote+ realízase tanto a nivel individual, como grupal e comunitario. De maneira individual, a través de consultas dos usuarios, de xeito presencial nas oficinas do Quérote+, chamadas telefónicas, preguntas ‘online’ ou mensaxería instantánea. De maneira grupal, mediante accións formativas, como as que son ofertadas en todos os institutos de educación secundaria galegos, na rede de centros de xuventude Espazo Xove, nas Oficinas de Información Xuvenil e a través das asociacións; e de maneira comunitaria, a través das mesas informativas, da participación en congresos e eventos de interese para a mocidade e dos programas de mediación xuvenil.

Os centros Quérote+, ademais de informar e asesorar, adican unha parte do seu tempo a impartir accións formativas para a mocidade. No 2016 impartiron 514 obradoiros nos centros de ensino da comunidade autónoma galega, sumando un total de 13.123 participantes. Os mozos e as mozas participaron obradoiros nos que coñeceron o servizo e nos que adquiriron coñecementos relacionados coas temáticas abordadas dende o servizo e que lle poden resultar de utilidade para a construción da súa identidade e o seu crecemento persoal de forma plena e satisfactoria.

 

Congreso

Noutra orde de cousas, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participou na inauguración da oitava edición do congreso Lo que de verdad importa organizado pola Fundación María José Jové. Este evento, que se desenvolveu nas instalacións de Palexco, abordou valores como a coraxe, a superación e o sacrificio a través das experiencias de Sergio e Juanma Aznárez, protagonistas do documental La sonrisa verdadera, e da escritora Adriana Macías.

 

EL SALÓN DEL AUTOMÓVIL CENTRA EN VIGO LA ATENCIÓN DEL SECTOR DE LA AUTOMOCIÓN DESDE MAÑANA

 

SUPERFICIE DE

EXPOSICIÓN

25.000 m/2

ASISTENCIA

PREVISTA

85.000 personas

ENTRADA

GENERAL

7 € (niños gratis)

UNIDADES EN

EXPOSICIÓN

Aprox. 500

MARCAS

PRESENTES

Más de 50

ITEMS ESPECIALES

X Concentración Porsche

Día de la Moto

Día del Profesional

VIGO CENTRA DESDE MAÑANA LA ATENCIÓN NACIONAL DEL MUNDO DEL MOTOR CON UN SALÓN DEL AUTOMÓVIL DE GRAN NIVEL

 

  • Primicias comerciales y novedades de 2017 en coches y motos, modelos deportivos, nueva zona de vehículos comerciales y un completo programa de actividades llenan los 25.000 m/2 del recinto del Ifevi

 

Desde el safety car de la Fórmula 1 eléctrica hasta motos náuticas, pasando por un amplio abanico de las novedades de coches, vehículos comerciales y motos de 2017, donde destacan los 10 modelos que se presentan comercialmente por primera vez en España.

Así pinta el XXVI Salón del Automóvil, Vehículo Comercial y Motocicleta de Vigo, donde estarán presentes 31 marcas de coches, 13 de vehículos comerciales y 19 de motos, además de varias de bicicletas eléctricas y motos náuticas, junto a diversos stands de la industria auxiliar y otros expositores, ocupando 25.000 m/2 y llenando casi al completo toda la superficie disponible en el Instituto Feiral de Vigo.

Una de las referencias que marcan la importancia de un certamen así es la presentación de automóviles y desde mañana 10 modelos lucirán por primera vez ante el público. Así se podrán ver en los diferentes stands de los concesionarios coches como el Alfa Romeo Stelvio, Honda Civic, Kia Rio, Lexus LC 500, Mercedes E All-Terrain, Mercedes E Coupe, Nissan Micra, Skoda Kodiaq, Smart ED (eléctrico) y Suzuki Ignis.

 

Además, la muestra tendrá en exhibición las novedades de 2017, ya sea por rediseños de algún modelo ya sea por lanzamientos de los últimos meses tanto en automóviles como en motocicletas, así como los modelos de la gama habitual de todas las marcas de los concesionarios oficiales presentes.

El lujo y la exclusividad también estarán presentes de la mano de ciertas marcas premium, aunque en este campo se lleva la atención de los focos algunos modelos.

Uno de ellos será el Audi R8 V10 Plus Selection 24h, un modelo fabricado por la marca germana para celebrar sus triunfos en las 24 Horas de Le Mans, del que solamente se han producido 24 unidades con un precio cercano a los 230.000 euros cada una de ellas.

 

Asimismo, BMW lucirá el nuevo I8, el superdeportivo de la marca germana del que solamente 16 unidades han llegado a nuestro país, con nuevo motor eléctrico más potente e importantes modificaciones, evolucionadas con su experiencia como safety car en el campeonato de la Formula E.

 

Igualmente, está presente un año más la marca Aston Martin, que estará presente con 3 admirados deportivos, como el V8 Vantage Coupe, el Rapide S, y el DB11 Launch Edition.

 

Vehículos comerciales y motos

Esta edición del Salón contará con más protagonismo de los segmentos de vehículos comerciales, que estrena una zona propia de unos 7.000 m/2 y 13 marcas presentes, y motocicletas, con 19 marcas. Como actuaciones especiales para promocionar ambas zonas, se han establecido sendas jornadas específicas.

Así, el día 30 de marzo tendrá lugar el Día del Profesional, donde a partir de las 16,00 horas los que se acrediten con tarjeta de visita como autónomo o pyme podrá acceder gratuitamente al Salón del Automóvil.

Entre las marcas presentes en esta sección figuran Citroën, Dacia, Fiat, Ford, Hyundai, Iveco, Mercedes, Nissan, Opel, Peugeot, Renault, Toyota y Volkswagen.

Por su parte, el II Día de la Moto tendrá lugar el domingo 2 de abril y los asistentes tendrán un descuento sobre el precio de entrada y un área reservada de aparcamiento, dentro del recinto del IFEVI, pagando sólo 5 euros.

 

Entre los modelos más novedosos de motos podemos nombrar las Yamaha SCR 950, y WR450 F Dakar o el boogey YXZ 1000R, en BMW R NineT Racer y la R NineT Pure, así como la R1200 GS y la K1600 GT. Kawasaki tendrá la Z900, la Z650 y la Ninja 650, como modelos más destacados y Harley-Davidson tendrá la Street Glide Special, la Iron 883, o la 1200 Sportster Roadster con kit Cafe Racer de 2017. Finalmente, Ducati va a estar presente con varias novedades de este año: Monster 797, Supersport, Multistrada 950 y Scrambler Desert Sleds. También se exhibirá la Moto Guzzi V7 III Stone.

Asimismo, está presente una marca de motos de agua, Jet&Bike, así como las motos de gama de muchas más marcas.

 

Programa para mañana

 

11,00 horas: Apertura de la feria al público

11,30 horas: Acto de Inauguración oficial

A CIG-Ensino exixe que no se lle outorgue o título de “Vigués distinguido” a centros que segregan alumnado por razón de xénero

A CIG-Ensino, ante a decisión do Concello de Vigo de outorgarlle o título de “Vigués distinguido” aos centros de ensino privados concertados Montecastelo e As Acacias, que segregan alumnado por razón de xénero, quere manifestar o máis rotundo rexeitamento ao outorgamento deste premio por:

 

Tratarse de centros que, con diñeiro público, segregan o alumnado por razón de xénero, impiden a convivencia, a escolarización de persoas de distinto sexo, do alumnado LGTBI e desterran a coeducación.

 

Son centros elitistas que seleccionan as familias por ideoloxía e patrimonio, desbotando o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Son centros concertados, pagados totalmente con diñeiro público, cuxos concertos foron obxecto de recurso pola CIG-Ensino e declarados ilegais polo Tribunal Supremo por segregar o alumnado por razón de xénero, o que non foi impedimento para que o PP os legalizase mediante a LOMCE.

 

Con este recoñecemento, o Concello de Vigo non só reforza un modelo educativo confesional e reaccionario que contribúe á desigualdade e a perpetuar a sociedade patriarcal, senón que tamén está avalando a LOMCE, lei que está sendo combatida en Vigo e en toda Galiza con folgas e manifestacións secundadas maioritariamente pola comunidade escolar.

 

Con esta distinción estanse afianzando modelos educativos relixiosos e excluíntes que desprezan a diversidade e impiden un ensino laico, coeducativo, científico e inclusivo. Unha institución pública como é o Concello de Vigo está favorecendo prácticas educativas e sociais desprezábeis e optando por apoiar centros ultracatólicos e de extrema dereita, pertencentes ao Opus Dei, tal como constatan as súas páxinas web.

 

É totalmente inaceptábel que, mentres se distingue este tipo de centros que non representan a maioría social da poboación viguesa, non se distinga o labor de ningún centro público da cidade.

 

Por todo o exposto, a CI-Ensino  exíxelle á corporación viguesa, con maioría absoluta do PSOE, que non se lle outorgue o título de “Vigués distinguido” aos devanditos centros Montecastelo e As Acacias pertencentes ao Opus Dei e que segregan o alumnado por razón de xénero..

 

Compostela, 24 de marzo de 2017

CIG-Saúde Silveira Povisa.

Diante da entrega da Medalla de Vigués distinguindo a José Silveira Cañizares, propietario do Hospital POVISA, dende a CIG-Saúde manifestamos que non entendemos como pode ser obxecto de tal distinción un empresario que:

  • Ten despedido de máis de 80 traballadoras/es desde o ano 2009.
  • Ten reducido a xornada a 35 horas a todo o Colectivo de Auxiliares de hospitalización, limpadoras, celadores, administrativos, …
  • Ten os salarios conxelados dende o 2011.
  • Ten aumentado a carga de traballo e quendas penosas especialmente no colectivo de Auxiliares (TECAES).
  • Ten subcontratado o Servizo de limpeza tralo despedimento de 27 Limpadoras.
  • Ten empeorado as Condicións Laborais, incrementando a Precariedade Laboral.

E todo isto mentres o Consello de Administración do Hospital POVISA, segundo os datos recollidos do Rexistro Mercantil, subiuse o salario no ano 2010 o 74.91%, no 2012 o 13.02%, no 2013 o 0.37% e no 2015 o 10.75% .

Que lle debe a cidadanía de Vigo para concederlle tal distinción?

Desde CIG-Saúde consideramos que hipotecar o desenvolvemento da Sanidade Pública da nosa área sanitaria, precarizando as condicións de traballo das súas traballadoras/es non debería ser obxecto de ningunha distinción.

Vigo, 24 de marzo de 2017

 

Manuel González Moreira,

Secretario Comarcal de CIG-Saúde

DOMINIC GAGNON PROTAGONIZA UNA NUEVA JORNADA DE PLAY-DOC / DOMINIC GAGNON PROTAGONIZA UNHA NOVA XORNADA DE PLAY-DOC

El controvertido director franco-canadiense presenta sus primeras películas en el festival, que le dedica una retrospectiva y en la que dirige el ciclo Cinema Direct

− Comienza la sección oficial con El futuro perfecto y Omar y Gloria y sigue adelante el ciclo de cine gallego con dos nuevas obras

– Éxito de público en la primera jornada del festival

Tui, 23 de enero de 2017. Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental sigue adelante con Dominic Gagnon como protagonista. El controvertido director franco-canadiense, al que este año se le dedica una retrospectiva y que ha programado la sección Cinema Direct, se encuentra desde este miércoles en Tui, sede del festival, que hoy proyectará sus obras Of the North y Pieces and Love All to Hell. También continúa la sección Cine Gallego, con los documentales Manuel Vilariño. Ser Luz, de José Manuel Mouriño, y Una vez fuimos salvajes, de Carmen Bellas, y se exhibirán las primeras películas a competición: El futuro perfecto, de Nele Wohlatz, y el estreno mundial de Omar y Gloria, de Jimmy Cohen.

Tras la inauguración el miércoles del festival –que se prolongará hasta el domingo–, con el clásico de los cincuenta On the Bowery y el estreno mundial de O equilibrio dos opostos, de Alberto Baamonde, dentro de la sección Cine Gallego, Play-Doc avanza con un programa variado, que se completa con los talleres que llenan las mañanas de actividad en el Área Panorámica de Tui, sede del festival. Todo ello después de una jornada de apertura marcada por la gran asistencia del público, que llenó la sala principal en las dos películas. Un año más, y van 13, Play-Doc se confirma como un evento capaz de acercar un género minoritario como el cine documental a un público cada vez más amplio.

Como si se tratase de un antropólogo de la web, Gagnon se interesa por los vídeos anónimos que la gente cuelga en YouTube, a modo de desesperados mensajes en una botella lanzados al ciberespacio. Al trasladarlos de la pantalla de un ordenador a la de una sala de cine, el director crea una especie de comunidad, en la que estas voces solitarias dialogan entre sí y adquieren un nuevo significado. El resultado es un abrumador análisis de la sociedad contemporánea, llena de elementos tragicómicos, entre la solidaridad y la provocación.

Pieces and Love All to Hell, que hoy se proyecta, forma parte de su trilogía americana, un inquietante retrato de los demonios que perturban a las masas anónimas de Estados Unidos, un país aquejado por viejos prejuicios y nuevos odios; un paseo salvaje y subversivo entre miedos suprimidos, fantasías paranoicas, historias de chiflados y lúcidas valoraciones del futuro, que

parece vaticinar la victoria electoral de Dondald Trump

Mostrada en la edición anterior del festival, Of the North es una respuesta al clásico del cine documental de Robert Flaherty Nanook of the North. Realizada asimismo con metraje de internet y vídeos de YouTube, ofrece una imagen cruda de los esquimales, alejada de aquella otra idealizada por Flaherty un siglo atrás. La obra desató una enorme polémica en su país de origen, haciendo que la obra de Gagnon haya sido vetada en festivales y salas de cine.

Dentro del ciclo de Cine Gallego, este jueves se proyectan una película como Manuel Vilariño. Ser luz, que profundiza en el trabajo del premio nacional de fotografía, y un estreno mundial, Una vez fuimos salvajes, una conversación imaginaria entre la autora Carmen Bellas y el barrio de San Cristóbal, en los arrabales de Madrid.

Para completar el programa de este jueves se exhibirá El futuro perfecto, de Nele Wohlatz, premio a la mejor ópera prima del festival de Locarno. Wohlatz ya se presentó en 2014 en Play-Doc con Ricardo Bär, también en competición, una película que codirigió con Gerardo Naumann. Esta nueva obra se basa en la experiencia real de Zhang Xiaobin, quien se encarnó a sí misma en el rol de protagonista. Es la historia del choque cultural que le produjo su llegada a Argentina con 17 años y sin hablar una palabra de español.

Omar y Gloria, de la sección oficial, es la segunda obra del realizador experimental mexicano Jimmy Cohen, que es también videoartista y músico. Los dos protagonistas de la película son una madre octogenaria y su hijo que bailan danzón desde hace más de 15 años y lo registran en vídeo como cineastas aficionados. Juntos le dan vida a una historia única que se cuenta a través de la música de los salones de baile, de sus recuerdos y de los 11 pasos que marcan un buen danzón.

Festival Noroeste Estrella Galicia 2017 | Premio Cuac FM para bandas emerxentes

O grupos ou solistas que queiran participar poden inscribir as súas propostas en cuacfm.org/concurso-bandas dende o 27 de marzo ata o 26 de maio de 2017

As tres bandas de A Coruña e de Galicia máis valoradas polo xurado actuarán en agosto no 31º Festival Noroeste e recibirán un premio en metálico

Compartirán cartel con artistas como Kaiser Chiefs, Los Mambo Jambo, Rosalía & Raül Refree, Aviador Dro, New York Ska-Jazz Ensemble ou Rolling Bowling.

A Coruña, 24 de marzo de 2017.- O Festival Noroeste Estrella Galicia colabora, un ano máis, co Concurso de Bandas e Solistas organizado pola radio comunitaria coruñesa Cuac FM, que chega este 2017 á súa 19ª edición. A iniciativa premiará as tres bandas locais e galegas máis valoradas polo xurado cunha recompensa económica de 600 ou 700 euros e cunha actuación no 31º Festival Noroeste, que se celebrará do 8 ao 13 de agosto na Coruña​.

Todos os grupos ou solistas galegos de calquera estilo musical -agás a música clásica- que teñan menos de dous LPs editados poden participar no concurso de Cuac FM, que recibirá propostas dende o próximo luns, día 27 de marzo, ata o día 26 de maio de 2017, a través do formulario on line cuacfm.org/concurso-bandas. O único requisito é o de enviar dúas cancións propias, ben en MP3 ou en formato físico. Pódense consultar as bases completas aquí e a organización anuncia que resolverá as posibles dúbidas a través do correo-ecomunicacion@cuacfm.org ou do teléfono 981 14 00 45.

Unha vez pechado o prazo de recepción de temas, un xurado composto por non menos de cinco profesionais do mundo da música e compoñentes de programas musicais da emisora Cuac FM valorará, entre outros aspectos, a calidade e a capacidade de innovación das distintas propostas, tanto a nivel tanto instrumental como lírico, e emitirá o seu veredicto.

A proposta da Coruña mellor valorada polo xurado obterá o Premio á Mellor Banda Local, que recollerá durante o Festival, e 700 euros. E as dúas bandas ou solistas galegos que obteñan máis puntuación, sexan ou non da Coruña, recibirán unha remuneración de 600 euros e a oportunidade de amosar a súa proposta musical ante o público do Noroeste Estrella Galicia. O obxectivo é “fomentar a cultura musical na nosa contorna, otorgándolle valor engadido á música local”.

Os gañadores da pasada edición do Concurso de Cuac FM foron O Cadelo Lunático, proxecto en solitario de base blues do músico coruñés Javier Prado; Komódo, banda compostelana que fusiona o blues co rock alternativo e o hard rock; e Look Out Brother!, un conxunto coruñés de blues, funk e rock. Tedes fotografías das súas actuacións no 30º Festival Noroeste nesta ligazón.

No concurso, ademais, e como xa é tradicional dende a primeira edición, poden participar bandas de todo o Estado, pero as de fóra de Galicia non entrarán na selección do Noroeste e irán directamente á Batalla de Bandas, que terá lugar o 7 de outubro na Coruña e repartirá outros 1.400 euros en premios.

O FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA
Como cada ano, a cidade da Coruña transformarase no mes de agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Unha cita musical única en España, que ofrece un atractivo programa de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne a unha media de 70.000 persoas. Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia. O Festival Noroeste quere promover unha cultura de proximidade, experiencial, sostible e de vangarda. Contemporánea e vibrante como a nosa cidade. Cun cartel atractivo e ecléctico, en 2017, o festival medrará en artistas e localizacións e continuará a súa aposta pola calidade dos seus directos, prestando especial atención aos artistas e bandas emerxentes, que compartirán escenarios con recoñecidos nomes da escena nacional e internacional como os Kaiser Chiefs, Los Mambo Jambo, Rosalía & Raül Refree, Aviador Dro, New York Ska-Jazz Ensemble ou a singular banda nacida en Beijing Rolling Bowling. Adxuntámosvos, tamén, información sobre estas bandas, por se fora do voso interese.

MOI PRONTO…
Na páxina web www.festivalnoroeste.com e nas redes sociais do Festival Noroeste Estrella Galicia, do Concello da Coruña e da Concellería de Culturas iranse comunicando moi pronto as novas confirmacións do festival.

921 CORTOS COMPITEN EN LA 15 EDICIÓN DEL JAMESONNOTODOFILMFEST

Incrementa un 11% la participación respecto al año pasado
921 CORTOS COMPITEN EN LA 15 EDICIÓN DEL JAMESONNOTODOFILMFEST
El 91 % de los cortos son españoles, el 9% restante proceden de 17 países diferentes. Latinoamérica lidera la participación internacional  desde México, Cuba, Perú, Argentina y Chile. Desde Europa han llegado propuestas de Alemania, Francia, Gran Bretaña o Portugal, entre otros países

Dentro de la participación española Madrid se encuentra a la cabeza seguida de Barcelona, Valencia, Málaga y Sevilla 

JamesonNotodofilmfest vuelve a tomar el pulso a la actualidad con temáticas que reflejan las principales preocupaciones de la sociedad actual, que abarcan desde  las relaciones humanas a la tiranía de las nuevas tecnologías, la problemática de los colectivos en riesgo de exclusión social, el amor o el sexo

Un 22,8% de los cortos a concurso están dirigidos por mujeres, un 2,8 % más que en la edición de 2016

Durante el periodo de la convocatoria se han registrado más de 2.5 millones de visualizaciones de los cortometrajes 

El jurado, presidido por Daniel Sánchez Arévalo e integrado por Raúl Arévalo, Icíar Bollaín, Javier Fesser, Mateo Gil, Daniel Gúzman, Julio Medem y Gracia Querejeta, repartirá más de 40.000 euros en premios distribuidos en 19 categorías  

Los finalistas se conocerán la primera semana de abril y los ganadores el 15 de junio en la gala de entrega de premios que inaugurará el JamesonNotodofilmfest Weekend 

JamesonNotodofilmfest ha cerrado el plazo de participación de su 15ª edición con un total de 921 cortos a concurso, un 11% más que en la edición anterior, y más de 2,5 millones de visualizaciones durante la convocatoria, de las cuales el 60 % han sido a través de dispositivos móviles.

El festival ha estrenado una web más accesible y adaptada a las necesidades de los usuarios que, entre otras mejoras, reduce las limitaciones técnicas exigidas para la participación y facilita compartir los cortos a través de las redes sociales.

El 91 % de los cortometrajes son españoles. Madrid encabeza el ranking con un 36 % de cortos a concurso, seguida de Barcelona (5,8%), Valencia (2,7%),  Málaga ( 2,1%) y Sevilla( 2%).

La participación extranjera alcanza un 9 %,  con Latinoamérica la cabeza. El festival ha recibido cortos de México, Cuba, Perú, Argentina y Chile, entre otros, mientras que desde Europa han llegado propuestas de Alemania, Francia, Gran Bretaña o Portugal entre otros países.

JamesonNotodofilmfest además se convierte un año más en referente de la creación cinematográfica femenina ya que un 22,8% de los cortos a concurso están dirigidos por mujeres, un 2,8 % más que en la edición de 2016.

Datos de participación 15 edición Jamesonnotodofilmfest

Los 921 cortos a concurso provienen de 18 países. Un 77,7 % están dirigidos por hombres cuya media de edad es de 32 años y un 22,8% por mujeres con una media de edad de 30 años.

Por segundo año consecutivo el número de cortos dirigidos por mujeres alcanza un máximo histórico de participación con un 22,8%, un 2,8 % más que en la pasada edición.

JamesonNotodofilmfest  ofrece el siguiente mapa de participación en España: Albacete (4), Alicante (16), Almería (6), Aragón (1), Asturias (5), Badajoz (2), Baleares (2), Barcelona (54), Burgos (2), Córdoba (6), Cáceres (2), Cádiz (9), Canarias (16), Cantabria (8), Castellón (2), Ceuta (1), Ciudad Real (3), Guipúzcoa (4), Girona (10), Granada (7), Guadalajara (1), Huelva (7), Jaén (5), La Rioja (1), Lleida (5), Lugo (2), Málaga (20), Madrid (333), Melilla (1), Murcia (6), Navarra (7), Ourense (1), Palencia (1), Pontevedra (1), Salamanca (4), Sevilla (19), Tarragona (5), Teruel (1), Toledo (4), Valencia (25), Valladolid (10), Vizcaya (11), Zaragoza (3).

El carácter internacional del festival se ve reflejado por los 60 cortometrajes de 17 países: Alemania (1), Argentina (4), Bélgica (1), Chile (3), Colombia (1), Cuba (11), Francia (5), Gran Bretaña (3), Italia (4), México (14), Perú (6), Portugal (1), República Dominicana (1), Rumanía (1), Uruguay (2), USA (1) y Venezuela (1).

Al cierre de la convocatoria se habían superado los 2,5 millones de visualizaciones.

Un festival que recoge en sus temáticas el pulso de la sociedad actual 

La expansión de las redes sociales y su influencia en la vida y las relaciones humanas, el amor, el sexo, la dureza de la industria cinematográfica y las dificultades para hacerse un hueco entre los primeros o los conflictos y preocupaciones de colectivos en riesgo de exclusión, son algunos de los temas recurrentes entre los cortos a concurso.  JamesonNotodofilmfest se convierte un año más en escaparate de los temas de actualidad que preocupan a nuestra sociedad. Una ventana, desde el lenguaje del cortometraje, en la que se narra, se denuncia o se construyen sátiras sobre cuestiones importantes que están cambiando nuestra forma de vivir en sociedad y relacionarnos.

Todos estos temas aparecen en cortometrajes como Crudo, de David Velduque, Te apuesto un beso, de Leixandre Froufe Vigara, o Genré, de Adri Sola, que hasta la fecha se encuentran entre los más vistos.

El cortometraje de Adri Sola refleja los problemas de los límites de la identidad de género. En tono de humor Tres, de Fabia Castro, amplia los límites de las relaciones de pareja convencionales, mientras que  en XY, de Rosa Cabrera asistimos a una inquietante discusión de pareja en la que los papeles comúnmente asignados al hombre y la mujer se invierten hasta un extremo fisiológicamente imposible , aunque sea sólo durante tres minutos.

Las redes sociales, su influencia en nuestras relaciones,  las realidades paralelas que pueden llegar a generar e incluso su tiranía son protagonistas en cortos como Xmas Times, de Alberto Collado o R. de Elías Merino.

Además los propios profesionales de la industria han utilizado un año más la posibilidad de visibilidad que ofrece el festival para denunciar  las dificultades para abrirse camino en la industria en cortometrajes como Actriz de Javier Albalá y Cines Luna dirigido por Jorge Júarez.

Daniel Sánchez Arévalo preside un jurado que repartirá más de 40.000 € en premios

Daniel Sánchez Árevalo es el presidente del jurado de esta 15 edición, compuesto por Raúl Arévalo, Icíar Bollaín, Javier Fesser, Mateo Gil, Daniel Guzmán, Julio Medem y Gracia Querejeta. Ellos serán los encargados de repartir los más de 40.000 euros en premios en 19 categorías.

El palmarés está encabezado por el Gran Premio Jameson a la Mejor Película y el Premio Jameson a la Mejor Película de Triple Destilación, para cortos de 30 segundos.

El palmarés de este año cuenta con dos galardones nuevos: El Premio Temporada Alta: cine y escena,  que propone una sección específica dedicada a la fusión entre el cine y las artes escénicas; y el Premio KYMCO Historias de ciudad, que reconoce las mejores historias urbanas  con el propósito de apoyar los trabajos de los creadores audiovisuales más actuales.

Roberto Pérez Toledo apadrina el Premio Fundación Repsol Rompiendo barreras que premia los cortos que mejor reflejan la problemática de cualquier colectivo en riesgo de exclusión, y que este año ha contado con un 19,6 % más de participación que en la pasada edición.

Un 16 % de los cortos optan al Premio El Corte Inglés al Mejor Personaje Femenino, que busca ensalzar el valor de la mujer en el cine, mostrando personajes  que se salgan de los estereotipos femeninos y que posean una personalidad única.

Completan el palmarés del festival: Premio ECAM al Mejor Director, Premio al Mejor Guión, Premio TVE Cámara Abierta 2.0 al Mejor Documental, Premio a la Mejor Película de animación, Premio a la Mejor Dirección de Producción, Premio del Público EL PAÍS, Premio Estudio Corazza a la Mejor Actriz, Premio Estudio Corazza al Mejor Actor, Premio IED Madrid a la Mejor Dirección Artística, Premio al Mejor Sonido, Premio de Distribución y Premio Filmin.

Los finalistas se conocerán la primera semana de abril y los ganadores el 15 de junio en la gala de entrega de premio que inaugurará el JamesonNotodofilmfest Weekend, en Cineteca Matadero, un fin de semana de encuentros, talleres y proyecciones para profesionales y amantes del cine.

Jameson, más de una década apoyando el festival

Jameson Irish Whiskey es el whiskey irlandés número 1 en ventas a nivel mundial. La clave del éxito radica en su suave sabor y la excelente calidad que han ido consolidándole a lo largo de los años, desde su creación en 1780 de la mano del legendario John Jameson hasta hoy. Su reconocida botella verde se ha convertido en un icono de la cultura irlandesa.

Jameson lleva desde 1998 comprometido con el mundo del cine, especialmente con los jóvenes talentos, estando presente en proyectos como Jameson Cult Film Club, Done in 60 y el Jameson First Shot. Y por supuesto, un año más, será el embajador del JamesonNotodofilmfest, el mayor festival de cortos por internet, que crece cada año en participación y que comulga con los valores de la marca de whiskey irlandés: el talento, la espontaneidad, la creatividad y el culto por el séptimo arte.

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS AVANZA A DISPOSICIÓN DA XUNTA A ACADAR UN ACORDO SOBRE OS ACCESOS PARA QUE VIGO TEÑA A PRIMEIRA ESTACIÓN INTERMODAL DE GALICIA E CONTRIBUÍR A “FACER CIDADE”

Ethel Vázquez e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron hoxe nun encontro na estación de Vigo Urzáiz co presidente de Adif, Juan Bravo, e co alcalde, Abel Caballero, para avanzar no impulso a esta infraestrutura estratéxica

 

  • Vázquez Mourelle salienta que a Xunta, que investirá máis de 10 millóns de euros na terminal de autobuses, valora positivamente a proposta de reordenación urbana formulada para dar acceso ao complexo e solucionar os problemas de tráfico da zona
  • A solución acordada consiste na construción dun vial soterrado que comunique a rúa Lepanto coa AP-9, pasando baixo a praza da estación e a parcela da futura terminal de autobuses, mellorando así o tráfico urbano
  • A falta de concretar os custos da actuación, a Xunta, o Adif e a Administración local abordarán as vindeiras semanas os aspectos técnicos e os termos do seu financiamento
  • O desbloqueo dos accesos e a solución urbanística achegada polo Goberno galego para o complexo de Vigo- Urzáiz permitiralle ao Adif adxudicar a vindeira semana o Centro Vialia
  • A adxudicación estará condicionada a que o Concello de Vigo emita un informe favorable sobre o proxecto conxunto da estación intermodal

 

Vigo, 23 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, confirmou hoxe a disposición do Goberno a acadar un acordo sobre os accesos para que Vigo teña a primeira estación intermodal de Galicia,  mediante unha actuación urbanística que contribúa a “facer cidade”. Así o trasladou logo da xuntanza que mantivo este mediodía na estación de ferrocarril de Vigo-Urzaiz co presidente de Adif, Juan Bravo, e alcalde de Vigo, Abel Caballero, ademais do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, para avanzar no impulso desta infraestrutura estratéxica.

 

A responsable de Infraestruturas salientou que a Xunta, que está a traballar no proxecto da nova estación de autobuses integrada na de ferrocarril, e que investirá máis de 10 millóns de euros nesa infraestrutura, valora positivamente a proposta de reordenación urbana formulada, xa que, ademais de dar acceso ao conxunto da estación intermodal, solucionará un problema de ordenación do tráfico na contorna.

 

Vázquez Mourelle explicou que con anterioridade se mantiveron varias reunións técnicas nas que se analizaron diferentes alternativas de accesos co obxectivo de facer compatibles as necesidades das tres pezas do puzzle: estación de autobuses, estación de ferrocarril e Centro Vialia e a última alternativa formulada conta co visto e prace de todas as partes.

 

O obxectivo do deseño defendido polo Concello é eliminar o tapón que supón para o tráfico urbano a limitación de gálibo existente na rúa Alfonso XIII, imposto polo viaduto de acceso á AP-9. Para iso, proponse a construción dun vial soterrado que comunique a rúa Lepanto coa AP-9, pasando baixo a praza da estación e a parcela da futura terminal de autobuses.

A conselleira subliñou que as tres partes están de acordo en que o impulso desta infraestrutura é unha boa ocasión para solucionar este problema municipal e aproveitar para facer cidade.

 

A falta de concretar os custos da actuación, a Xunta, o Adif e a Administración local abordarán as vindeiras semanas os aspectos técnicos e os termos do seu financiamento.

 

Paralelamente, na xuntanza de hoxe, púxose de manifesto que o acordo sobre os accesos e a solución urbanística achegada polo Goberno galego para o complexo Urzáiz permitiralle ao Adif adxudicar a vindeira semana o Centro Vialia. A adxudicación estará condicionada a que o Concello de Vigo emita un informe favorable sobre o proxecto conxunto da estación intermodal.

 

Isto será posible porque, no momento en que a anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo converteu en inviable o conxunto da estación intermodal, a Xunta actuou con axilidade e aprobou unha Lei de medidas en materia de proxectos urxentes ou de excepcional interese que permite acadar a aprobación urbanística nun prazo aproximado de seis meses.

 

A Xunta iniciou o pasado mes de febreiro a tramitación do proxecto da estación intermodal de Vigo a través desa Lei, pero actualmente o proceso está en mans do Concello de Vigo, que debe culminar o período de información pública e emitir un informe municipal nun prazo máximo de 10 días.