A XUNTA DE GALICIA DEU RESPOSTA A MÁIS DE 6.800 CONSULTAS DE MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DOS CENTROS QUÉROTE+ EN 2016

  • As preguntas realizadas están relacionadas coa sexualidade e afectividade, a imaxe corporal, as TIC’s ou formación entre outras
  • A oficina herculina recibiu 988 consultas vía telefónica, en liña e de xeito presencial

 

A Coruña, 24 de marzo de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe as instalacións do servizo Quérote+ da cidade da Coruña para coñecer de primeira man este servizo especializado de información e asesoramento a disposición da mocidade desta cidade e da comarca e para facer balance do mesmo.

 

Esta oficina herculina recibiu ao longo do ano 2016 un total de 988 consultas sobre as temáticas coas que traballan no servizo (sexualidade e afectividade, imaxe corporal, convivencia no espazo físico e virtual, consumo de substancias). Das 988 consultas, 566 foron realizadas por mozas e 422 por mozos. En función da vía de formulación da consulta 538 foron presenciais, 280 telefónicas e 170 en liña. Por temática, 547 das consultas versaron sobre sexualidade, 234 sobre enfermidades de transmisión sexual, 25 sobre convivencia, tres foron relativas ás TIC’s, dúas sobre consumo de substancias, 46 relativas imaxe corporal,  35 sobre formación, 49 sobre o servizo Quérote + en xeral e 47 sobre outros temas.

O balance do ano 2016 amosa que as cinco oficinas do servizo Quérote+ -sitas en Vigo, Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña- recibiron un total de 6.894 consultas, 4.387 foron realizadas por mozas e 2.507 por mozos. En función da vía pola que foron formuladas estas consultas 3.337 foron presenciais, 1.547 telefónicas, 871 en liña, 1.135 por Whatsapp e catro por videochamada. Por temática, 4.138 consultas foron sobre sexualidade, 1.230 sobre enfermidades de trasmisión sexual, 243 sobre convivencia,  32 relativas as TIC’s, 28 sobre consumo de substancias, 179 relativas imaxe corporal,  571 sobre formación, 299 sobre o servizo Quérote + en xeral e 174 sobre outros temas.

A directora xeral destacou o aumento da asesoría do servizo Quérote+ a través do número de Whatsapp 647018752. Así das 712 consultas a través desta vía no ano  2015 pasouse ás 1.135 no 2016, o que supón un incremento do 59% de consultas a través desta forma de mensaxería instantánea.  Este éxito responde a que é un servizo ánonimo, confidencial e con resposta inmediata en tempo real, sen necesidade de desprazamento por parte do usuario. Das consultas realizadas no 2016 a través do Whatsapp, o 61% foron mulleres e o 39% homes. Por idades, o 29% dos usarios desta vía de consulta tiñan entre 14 e 18 anos; o 40% entre 19 e 25 anos; e o 31% entre 26 e 30 anos.

Así mesmo, Cecilia Vázquez manifestou que o servizo Quérote+ traballa día a día para converterse nun referente, tanto informativo como de asesoramento “que sexa capaz de dar resposta ás dúbidas e demandas que ten a mocidade, especialmente naquelas cuestións que máis lles afectan, ou que máis lles preocupan”, explicou a titular autonómica durante a visita. Neste sentido, recordou que a intervención do persoal técnico do Quérote+ realízase tanto a nivel individual, como grupal e comunitario. De maneira individual, a través de consultas dos usuarios, de xeito presencial nas oficinas do Quérote+, chamadas telefónicas, preguntas ‘online’ ou mensaxería instantánea. De maneira grupal, mediante accións formativas, como as que son ofertadas en todos os institutos de educación secundaria galegos, na rede de centros de xuventude Espazo Xove, nas Oficinas de Información Xuvenil e a través das asociacións; e de maneira comunitaria, a través das mesas informativas, da participación en congresos e eventos de interese para a mocidade e dos programas de mediación xuvenil.

Os centros Quérote+, ademais de informar e asesorar, adican unha parte do seu tempo a impartir accións formativas para a mocidade. No 2016 impartiron 514 obradoiros nos centros de ensino da comunidade autónoma galega, sumando un total de 13.123 participantes. Os mozos e as mozas participaron obradoiros nos que coñeceron o servizo e nos que adquiriron coñecementos relacionados coas temáticas abordadas dende o servizo e que lle poden resultar de utilidade para a construción da súa identidade e o seu crecemento persoal de forma plena e satisfactoria.

 

Congreso

Noutra orde de cousas, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participou na inauguración da oitava edición do congreso Lo que de verdad importa organizado pola Fundación María José Jové. Este evento, que se desenvolveu nas instalacións de Palexco, abordou valores como a coraxe, a superación e o sacrificio a través das experiencias de Sergio e Juanma Aznárez, protagonistas do documental La sonrisa verdadera, e da escritora Adriana Macías.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: