XVI BTT Faro de Budiño

300 PARTICIPANTES TOMARÁN A SAÍDA NA XVI MARCHA BTT FARO DE BUDIÑO, NA QUE COLABORA A CONCELLERÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DO PORRIÑO, E QUE É A PROBA MÁIS NUMEROSA DESTA ESPECIALIDADE DAS QUE SE DISPUTAN EN GALICIA

BudiñoBike-Canteiros, coa colaboración da Consellería de Deportes do Concello do Porriño, que dirixe Manuel Carrera, organiza o vindeiro domingo, día 26 de marzo, a XVI Marcha BTT Faro de Budiño, sobre un percorrido de 30 quilómetros que sairá do Centro Cultural A Forna ás 9 e media da mañá, pasará pola Picoña, en Salceda, Couso e Atios, para volver A Forna sobre a 1 e media da tarde. Alí os participantes poderán quedar a comer lacón con grelos.

Un ano máis, coma salientou Manuel Carrera, o Concello do Porriño colabora con esta proba, “a máis numerosa da provincia na súa especialidade, con preto de 300 participantes, e unha das máis importantes de Galicia”.

O concelleiro sinalou durante a presentación da proba, que a mesma “amosa a importancia da actividade deportiva no Porriño que é referencia e distintas modalidades, entre elas a da bicicleta de montaña”.

Os organizadores lembraron que esta marcha non ten carácter competitivo o que supón que a dureza da proba está na exixencia que se fagan a sí mesmos cada un dos participantes o cal é un dos seus principais atractivos, xunto coa posibilidade de gozar da beleza do Porriño, algo que non sería posible sen a aportación das distintas comunidades de montes locais, “en especial da Comunidade de Montes de Budiño” .  

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: