Archivo | marzo 27, 2017

LOS MODELOS MÁS CAROS DEL SALÓN DEL AUTOMÓVIL, VEHÍCULO COMERCIAL Y MOTOCICLETA DE VIGO

Louzao presentó hoy a la prensa el nuevo Mercedes Clase E Coupé, que podrá ser visto desde el jueves por el público

El Salón del Automóvil, Vehículo Comercial y Motocicleta de Vigo ofrece una amplia variedad de automóviles con precios para todos los gustos, en función de la gama, los extras, las ofertas y descuentos, y diversas variantes.

 

De todos ellos destaca por su precio el Aston Martin DB 11 Launch Edition que alcanza los 310.000 euros, siendo con ello el modelo más caro de automóviles presentes en esta edición.

 

Este deportivo, que se lanzó a finales de 2016, mantiene la línea de sus predecesores, que han participado en la saga James Bond, y entre sus características mecánicas destacan sus 608 CV a 6.500 revoluciones, así como un perfil musculoso con entradas y salidas de refrigeración.

 

Por su parte, en el apartado de motocicletas, hay dos modelos que emparejan su precio en 30.000 euros, siendo los de mayor cotización de esta muestra. Son la BMW K1600 GT y la Harley-Davidson Street Glide Special, y se corresponden con modelos nuevos de 2017.

 

Mercedes Clase E Coupé

 

En otro orden de cosas, esta mañana se presentaron a los medios de prensa los nuevos Mercedes Clase E Coupé y el Clase E All-Terrain en un pase privado, que incluyó la proyección de un vídeo, dentro del stand que posee en la feria el concesionario de dicha marca, Louzao.

 

El público deberá esperar hasta el jueves por la tarde para poder comprobar las características técnicas de los nuevos modelos, que han sido dos de las primicias del certamen de este año.

 

Programa para mañana, martes 28

 

11,00 horas / 21,00 horas: Apertura de la feria al público

A XUNTA CLAUSURA O OOEE VIGO PREPARA QUE OFRECEU FORMACIÓN E TRABALLO A 15 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • Este programa mixto de formación e emprego enfocouse a promoción de actividades turísticas e información os visitantes do Concello  
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde, Abel Caballero, comprobaron hoxe o resultado dos traballos feitos
  • Os 15 alumnos e alumnas traballaron no deseño e programación de accións dinamizadoras de educación ambiental e na súa difusión e divulgación
  • O Goberno galego entregou tamén os diplomas do OOEE Covelo en O Porriño, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio

Vigo, 27 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá no Centro Local de Emprego e das ocupacións (CME) o obradoiro de emprego Vigo Prepara, no que se ofreceu formación e traballo a 15 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses.   

 

Este programa mixto de formación e emprego se centrou na promoción turística local e información os visitantes que posibilitou un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

 

No caso concreto de Vigo, o obradoiro formou a 15 alumnos e alumnas que traballaron no deseño e programación de accións dinamizadoras de educación ambiental, dirixidas os distintos colectivos e grupos sociais que visitan a cidade, así coma a difusión e divulgación das mesmas a través de expositores en ferias e xornadas durante os últimos 6 meses. Ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde, Abel Caballero, participaron esta mañá na clausura. O representante da Administración autonómica na área felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por unha directora, un docente e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividade que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

 

OOEE Covelo

O Goberno galego entregou tamén esta mañá os diplomas aos participantes do obradoiro de emprego Covelo en O Porriño, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses. Neste caso o programa enfocouse a dúas especialidades; operacións auxiliares de revestimento continuo en construcción e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

 

A convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

 

Entrega diplomas participantes no obradoiro de emprego

VINTE PERSOAS CON ESPECIAL DIFICULTADE PARA ACCEDER OU REITEGRARSE AO MUNDO LABORAL REMATARON DOUS OBRADOIROS DE FORMACIÓN, EN ALBANELERÍA E LIMPEZA DE MONTES IMPULSADOS POLO CONCELLO DO PORRIÑO E A XUNTA DE GALICIA

A alcaldesa do Porriño presidiu este luns a entrega de diplomas aos 20 participantes en sendos obradoiros impulsados polo Concello e pola Concellería de Industria, Economía e Emprego que tiñan coma principal obxectivo a formación dos participantes en albanelería e limpeza de montes.

Coma lembrou Eva García de la Torre, os obradoiros tiveron unha duración de 6 meses e no ánimo da Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, e no da Consellería de Industria, Economía e Emprego estaba “aumentar ao máximo as posibilidades de entrada ou regreso ao mundo laboral dos participantes nos mesmos”.

No mesmo acto, no que estiveron presentes o xefe territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria, e Yolanda Lesmes, secretaria territorial da mesma consellería, este última subliñou a importancia da cooperación entre administracións, neste caso o Concello do Porriño e o Goberno de Galicia, “de cara a axudar a persoas con especial dificultade para reintegrarse ou acceder ao mundo laboral”.

Lesmes adiantou que a Xunta xa convocou a realización de novos obradoiros de emprego que “terán unha duración total de 9 meses, 3 máis que na actualidade” coa finalidade de mellorar a formación e, ao tempo, as probabilidades de que os seus participantes atopen traballo.

Neste caso concreto, os participantes no obradoiro levaron a cabo a reforma da Escola Unitaria de Covelo, en Atios, que estaba nun avanzado estado de abandono, realizando obras de recuperación e acantoamento da mesma, retirando os elementos que non foi posible recuperar e reformando o inmoble para conquerir o seu aproveitamento para uso e gozo dos veciños da parroquia.

Os traballos que quedan pendentes serán rematados pola Concellería de Vías e Obras e a intención es que os mesmos estean a cargo dos integrantes dun novo obradoiro, que abranguería, neste caso, formación tamén en xardinería, para o establecemento dunha zona de lecer ao aire libre e mesmo un parque biosaudábel.

Polo que se refire ás e os participantes no obradoiro forestal, realizaron unha importantísima labor de mellora da contorna das Gándaras de Budiño, un dos enclaves máis visitados do Porriño.

AXENDA 29 DE MARZO: Historia sobre inmigración con The Visitor no Cine e Lingua da Universidade de Vigo

Vigo, 27 de marzo de 2017.- O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo, continúa o próximo mércores coa película The Visitor (Thomas McCarthy, 2007). Conta a relación dun viúvo norteamericano de mediana idade e unha parella de inmigrantes. Walter Vale (interpretado por Richard Jenkins), é un profesor universitario de Connecticut que viaxa a Nova York. Cando chega ao seu apartamento, atópase vivindo nel a unha parella inmigrante. Tarek (Haaz Sleiman), un músico sirio, e Zainab (Danai Jekesai Gurira), a súa noiva senegalesa, viven alí porque alguén lles alugou o apartamento, facéndose pasar polo dono. Desde ese día os tres comezan unha amistade.

A película poderá verse en versión orixinal (inglés) con subtítulos en castelán. Tras a proxección haberá un coloquio moderado por Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.

The Visitor

Thomas McCarthy, 2007

Data:    Mércores, 29 de marzo

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

               

ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE A XUNTA COMEZARÁ A FINAIS DESTE VERÁN UNHA NOVA SENDA ENTRE A TRAVESÍA DE PRAIA AMÉRICA E O PASEO ATA BAIONA, NA ESTRADA PO-325, CUN INVESTIMENTO DUNS 390.000 EURO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, trasladoulle hoxe aos alcaldes de Nigrán e Gondomar que antes do verán se contratarán as obras da senda entre Gondomar e A Ramallosa

  • Vázquez Mourelle indica que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación desta senda para peóns e ciclistas, que estará separada da estrada por unha banda vexetal e a beiravía, para o que se ampliará a calzada pola marxe dereita
  • Sinala que tamén se mellorará o firme e se renovará a beirarrúa da marxe esquerda nesta zona e aproveitaranse os traballos para substituír o alumeado, no lado esquerdo; e instalar a canalización para futuros servizos
  • Informa das melloras introducidas no proxecto da senda entre Gondomar e A Ramallosa, na estrada PO-340, un proxecto ambicioso que contempla 3,5 km de itinerario peonil e ciclista que suporá un investimento de 1,5 millóns de euros
  • Para garantir a funcionalidade da nova senda, melloraranse as interseccións coa rúa Vilariño, coa estrada a Golada, e en dirección a Donas, nas que se facilitarán os cambios de sentido en condicións de maior seguridade
  • A conselleira pon en valor estes dous proxectos que facilitarán os percorridos, a pé e en bici, dos veciños e turistas que se achegan a Nigrán e a Gondomar; e incidirán nunha mobilidade sostible e no reforzo da seguridade viaria
  • Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas na comarca de Vigo, no que a Xunta contempla un investimento de 4,3 millóns de euros para a construción de case 13 quilómetros de itinerarios seguros e sustentables

 

Vigo, 27 de marzo de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes de Nigrán, Juan González, e de Gondomar, Francisco Ferreira, aos que lle avanzou que hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a licitación das obras da nova senda na estrada PO-325, que comezarán a finais deste verán e terán un investimento duns 390.000 euros.

 

O obxectivo desta actuación é darlle continuidade ao carril bici e á senda peonil existente, que finaliza actualmente ao termo da travesía de Praia América. Para iso, construirase unha senda duns 300 metros, que fará chegar a senda actual ata o comezo do paseo existente ata Baiona.

 

A senda, que será de uso mixto, para peóns e ciclistas, terá un ancho de 2,5 metros e estará separada da estrada por unha banda vexetal e a beiravía, para o que se ampliará a calzada pola marxe dereita ata o límite do dominio público, sen ser necesarias expropiacións. Tamén se mellorará o firme e renovarase a beirarrúa da marxe esquerda.

 

Ademais, aproveitaranse estes traballos para realizar outras actuacións complementarias na rede de drenaxe para as augas pluviais; substituír o alumeado, no lado esquerdo; e  realizar a canalización para a instalación de futuros servizos.

 

Senda entre Gondomar e A Ramallosa

Por outra parte, na reunión de hoxe, a conselleira tamén informou aos rexedores das melloras introducidas no proxecto de construción da nova senda que se executará entre Gondomar e A Ramallosa, na estrada PO-340.

 

Vázquez Mourelle subliñou que se trata dun proxecto ambicioso que inclúe 3,5 km de senda peonil e ciclista na que se investirán arredor de 1,5 millóns de euros. Precisou que esta actuación xa se someteu a información pública e prevese iniciar a contratación das obras antes do verán.

 

O itinerario terá un ancho aproximado de 2 metros e estará separado da calzada por unha zona axardinada, ademais de bordos de formigón onde sexa posible. Elevarase uns centímetros respecto á cota da estrada e executarase en formigón coloreado, co obxectivo de incidir na súa diferenciación visual.

 

Para garantir a funcionalidade da nova senda, acometeranse melloras en tres interseccións: coa rúa Vilariño, próxima ao IES Escolas Proval, construirase un cambio de sentido con carril central para facilitar os xiros; no cruzamento coa estrada a Golada, próximo ao centro de saúde Val Miñor, converterase en semicircular a isleta existente para permitir os cambios de sentido; e no cruce coa estrada a Donas executarase unha glorieta, tal como formularon os concellos, para facilitar os xiros á esquerda.

 

A conselleira fixo fincapé nestes dous proxectos que pretenden facilitar os percorridos, a pé e en bici, dos veciños e dos turistas que se achegan a Nigrán e a Gondomar; ao tempo que se promove unha mobilidade sostible e se incide no reforzo da seguridade viaria.

 

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas na comarca de Vigo, no que a Xunta contempla un investimento de 4,3 millóns de euros para a construción de case 13 quilómetros de itinerarios seguros e sustentables.

 

‘¡Atraco a las tres!’ en Afundación Pontevedra, Vigo e Santiago

A adaptación teatral do filme ¡Atraco a las tres! de Pedro Masó poderá verse en tres cidades galegas durante o vindeiro mes de abril. Deste xeito, esta peza teatral dirixida por Carlos Pardo representarase o venres 7 de abril no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2); o sábado 8 de abril, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13); e o domingo 9 de abril, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23). Todas as representacións están programadas para as 20.00 h e as entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

PLAY-DOC SE DESPIDE CON CINE GALLEGO / PLAY-DOC DESPÍDESE CON CINE GALEGO

El festival internacional de cine documental dice adiós a su edición más rebelde y arriesgada

 

− La actividad formativa culmina con la exposición de los trabajos elaborados durante el evento

 

– Éxito de público tanta en las salas de proyección como en los conciertos en la 13ª edición del festival de Tui

 

 

Tui, 26 de enero de 2017. Play-Doc despide hoy su 13ª edición con un programa variado, dominado por el cine gallego pero en el que también tienen cabida experimentos como el webdoc O retrato filmado o la proyección de los trabajos del taller de Súper 8, en un día en el que culminaron también sus actividades formativas. Atrás quedan cinco días del mejor cine documental, con una selección marcada por el carácter turbador, rebelde y arriesgado de sus películas.

Un año más, el público llenó las salas del Área Panorámica de Tui, sede de Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental, que este año se presentó con la novedad de un programa abierto a colaboraciones, que enriquecen la propuesta sin perder la coherencia ni la identidad que han consolidado el evento. Estrenos mundiales, óperas primas y joyas del pasado rescatadas para la ocasión formaron parte estos días de la oferta de Play-Doc.

La ganadora de este año en la sección oficial fue Ama-San, de la portuguesa Cláudia Varejão.

A XUNTA DE GALICIA REVISA CON OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS OS SISTEMAS DE INGRESOS MÍNIMOS EN ESPAÑA

  • Os asistentes traballaron no establecemento dun mapa actualizado do conxunto de prestacións que conforman o sistema e estudaron a eficacia que teñen estas axudas na redución da pobreza

 

Madrid, 27 de marzo de 2017.- O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe en Madrid na IV reunión –convocada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade- do comité de dirección do proxecto Progress revisión de los sistemas de ingresos mínimos en España desde la perspectiva de su efectividad e do que Galicia forma parte xunto con outras tres comunidades autónomas.

 

O proxecto, cofinanciado pola Comisión Europea, ten como obxectivo revisar en profundidade o sistema de garantía de ingresos mínimos en España. Para elo, os asistentes traballaron no establecemento dun mapa actualizado do conxunto de prestacións que conforman o sistema de ingresos mínimos. Cómpre destacar que por primeira vez se traballa con este mapa, construído a partir dos rexistros administrativos aportados por todos os departamentos da administración xeral do Estado e das comunidades autónomas. Así mesmo, os asistentes á reunión estudaron a eficacia que teñen estas axudas na redución da pobreza e expuxeron medidas e actuacións para a mellora deste sistema.

 

No proxecto, ademais de Galicia, Andalucía, Valencia e Madrid, participan departamentos da administración central como o IMSERSO, o Instituto Nacional da Seguridade Social ou o Servizo Público de Emprego Estatal.

 

A XUNTA ENTREGA UNHA NOVA VIVENDA EN VIGO EN RÉXIME DE ALUGUEIRO SOCIAL

 

  • Publicáronse tamén as listas correspondentes ao procedmento de adxudicación de seis vivendas rehabilitadas no Casco Vello
  • Trátase dunha vivenda cedida por Sareb e adxudicada a unha familia afectada por un desafiuzamento

Santiago, 27 de marzo de 2016.- A Xunta entregou unha nova vivenda a unha familia de Vigo en réxime de alugueiro social, despois de asinarse o contrato de alugueiro da mesma. Trátase dunha vivenda cedida por Sareb á Consellería de Infraestruturas e Vivenda para destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos.

Por outra parte, o Goberno galego publicou hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos en dous procedementos de adxudicación de vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia. (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/600)

As listas corresponden a seis vivendas emprazadas en dous edificios da rúa Ferrería.

Dúas das vivendas están situadas na rúa Ferrería 10-12. Ambas dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros.

As outras catro vivendas emprázanse en Ferrería 45-47, con superficies dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.

Emprazamento Características das vivendas Prezo de venda
Ferrería 10-12 1º piso. 56,79 m2 + rocho 90.186 €
Ferrería 10-12 2º piso 56,79 m2 + rocho 95.056 €
Ferrería 45-47 1º A. 55,65 m2 83.475 €
Ferrería 45-47 1º B 76,12 m2 114.180 €
Ferrería 45-47 2º A. 56,65 m2 90.640 €
Ferrería 45-47 2º B. 109,75 m2 175.600 €

 

A Xunta endurece a RISGA a base de instrucións opacas

A Consellería de Política Social, que dirixe José Manuel Rey Varela, continúa co seu acoso ás persoas máis empobrecidas, en concreto ás perceptoras da RISGA. Explicamos a situación que está a sufrir unha compañeira.
A muller recibiu, a mediados de marzo, un requirimento da Xunta. Nel esíxenlle que acredite que vive nunha vivenda independente á dos seus pais, malia que hai uns meses entregou un padrón municipal onde aparecía numeración diferente para cada vivenda.
Esta compañeira vive coa súa filla nunha “caseta de obra” situada na mesma finca onde o fan os seus pais nunha casa independente á dela. Así o di o concello, a través do padrón, onde teñen asignados números de portal distintos para cada vivenda -unha delas moi precaria- do terreo. Unha situación clara e sinxela de entender: dúas familias que viven en fogares independentes na mesma finca. Na Xunta incluso teñen informes da traballadora social do concello que certifican isto.
Seica esta realidade non se acomoda aos desexos da Xunta, polo que lle requiren unha “certificación catastral e/ou recibo do IBI…, nos que figure unha referencia catastral distinta á vivenda dos pais”. De non facelo terá que achegar “documentación referida aos seus pais e ao seu irmán”.
Ela e nós ficamos estupefactos logo de ler esta petición. Tratamos de buscar respostas e as atopamos na Xunta, onde recoñecen que cumpren as ordes da consellería chegadas en forma de instrucións (orais e de obrigado cumprimento). A indefensión absoluta!
O 1 de xaneiro de 2014 entraba en vigor a lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia que modificaba a anterior da RISGA. Malia o dito na disposición derradeira da citada lei: “a Xunta de Galicia, nun prazo máximo de seis meses desde a publicación desta lei, elaborará as disposicións necesarias para o seu desenvolvemento e aplicación” ficamos sen un decreto que a desenvolva. Vivimos na “excepcionalidade”, que a Xunta xestiona a golpe de instrucións opacas e restritivas, que marcan o camiño do que, cando lles pete, plasmarán no decreto.
Malia os rechamangueiros anuncios da Xunta sobre os presuntos beneficios que ía traer a nova lei, a realidade é ben distinta. Sen decreto, fican bloqueados os aspectos máis beneficiosos da norma: posta en marcha dos tramos de inserción e de transición ao emprego ou a suba das contías a percibir polo complemento de alugamento. Á indeterminación legal, hai que engadir unha escura e restritiva xestión da RISGA feita a golpe de instrucións. Semella que para a Feijóo e Rey Varela este é o mellor escenario para afondar nun modelo de xestión da miseria marcado polo asistencialismo e a privatización das necesidades básicas.
O silencio da Xunta sobre o decreto, unido á mala xestión tantas veces denunciada (atrasos na tramitación, miseria das contías, control excesivo…) fala moito das intencións da Xunta coa RISGA: máis restrición e máis endurecemento.
Fronte a violencia da Xunta, esiximos dereitos sociais fortes. Xunto a moitas persoas e colectivos pulamos por pasar da RISGA, das faragullas, dos negocios coas nosas necesidades… e chegar a outras formas de organización onde as necesidades de todas sexan cubertas.
Coia, marzo 2017
ODS-Coia e G.A.S.