A XUNTA CLAUSURA O OOEE VIGO PREPARA QUE OFRECEU FORMACIÓN E TRABALLO A 15 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • Este programa mixto de formación e emprego enfocouse a promoción de actividades turísticas e información os visitantes do Concello  
  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde, Abel Caballero, comprobaron hoxe o resultado dos traballos feitos
  • Os 15 alumnos e alumnas traballaron no deseño e programación de accións dinamizadoras de educación ambiental e na súa difusión e divulgación
  • O Goberno galego entregou tamén os diplomas do OOEE Covelo en O Porriño, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio

Vigo, 27 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá no Centro Local de Emprego e das ocupacións (CME) o obradoiro de emprego Vigo Prepara, no que se ofreceu formación e traballo a 15 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses.   

 

Este programa mixto de formación e emprego se centrou na promoción turística local e información os visitantes que posibilitou un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

 

No caso concreto de Vigo, o obradoiro formou a 15 alumnos e alumnas que traballaron no deseño e programación de accións dinamizadoras de educación ambiental, dirixidas os distintos colectivos e grupos sociais que visitan a cidade, así coma a difusión e divulgación das mesmas a través de expositores en ferias e xornadas durante os últimos 6 meses. Ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde, Abel Caballero, participaron esta mañá na clausura. O representante da Administración autonómica na área felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por unha directora, un docente e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividade que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

 

OOEE Covelo

O Goberno galego entregou tamén esta mañá os diplomas aos participantes do obradoiro de emprego Covelo en O Porriño, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses. Neste caso o programa enfocouse a dúas especialidades; operacións auxiliares de revestimento continuo en construcción e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

 

A convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: