AXENDA 29 DE MARZO: Historia sobre inmigración con The Visitor no Cine e Lingua da Universidade de Vigo
Vigo, 27 de marzo de 2017.- O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo, continúa o próximo mércores coa película The Visitor (Thomas McCarthy, 2007). Conta a relación dun viúvo norteamericano de mediana idade e unha parella de inmigrantes. Walter Vale (interpretado por Richard Jenkins), é un profesor universitario de Connecticut que viaxa a Nova York. Cando chega ao seu apartamento, atópase vivindo nel a unha parella inmigrante. Tarek (Haaz Sleiman), un músico sirio, e Zainab (Danai Jekesai Gurira), a súa noiva senegalesa, viven alí porque alguén lles alugou o apartamento, facéndose pasar polo dono. Desde ese día os tres comezan unha amistade.
A película poderá verse en versión orixinal (inglés) con subtítulos en castelán. Tras a proxección haberá un coloquio moderado por Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
The Visitor
Thomas McCarthy, 2007 Data: Mércores, 29 de marzo Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo
|