A XUNTA REFORZA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS MAIORES CON MENOS RECURSOS ECONÓMICOS

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro con responsables da Uni—n Democr‡tica de Pensionistas (UPD).

    O responsable da área social do Goberno galego expuxo aos responsables da entidade o plan director para a construción de sete novas residencias para persoas maiores

  • Ademais, recordou que este ano se consolidou o complemento ás pensións non contributivas, do que se benefician ao redor de 40.000 persoas

 

Santiago, 28 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde no seu despacho de San Caetano con membros da directiva da Unión Democrática de Pensionistas (UPD), entre eles a presidenta da entidade na Coruña e ademais máxima responsable da Federación Territorial de Asociacións de Xubilados e Pensionistas de Galicia (Fetega), María Luísa Ansorena. Nesta xuntanza Rey Varela reiterou o compromiso da Xunta coas persoas maiores e, en especial coas que se encontran nunha situación de dependencia e teñen menos recursos, e ademais explicou o plan director aprobado para a construción de sete novas residencias para maiores, unha en cada gran cidade de Galicia.

 

Así, o responsable da área social do Goberno galego apuntou que o programa “Como na casa” é un obxectivo de lexislatura que contempla a entrada en servizo de máis de 900 prazas residencias distribuídas entre os sete novos fogares de maiores que se propoñen construír. A finalidade é garantir a atención, de maneira prioritaria, aos maiores dependentes aumentando a oferta residencial naqueles lugares onde se concentra a demanda.

 

Rey Varela sinalou que o Goberno galego coincide con esta asociación no obxectivo de defender os intereses das persoas maiores a través de diferentes programas como o servizo de axuda a domicilio e outras prestacións para a atención a persoas dependentes, a promoción do voluntariado social, iniciativas de carácter interxeracional ou a rede de prazas en centros residencias, de día e vivendas tuteladas.  Ademais, o titular de Política Social recordou que a Xunta consolidou o complemento ás pensións non contributivas do que se beneficiaron este ano ao redor de 40.000 maiores, sendo Galicia unha das únicas catro comunidades autónomas que manteñen este complemento.

 

A UPD foi creada en 1977 tras un acordo de 45 asociacións que formaron un novo grupo co nome de Confederación de Pensionistas e Xubilados do Estado Español. Representa a máis de 1.900 asociacións repartidas por todo o territorio nacional e participa nunha ampla lista de institucións como o Consello Estatal de Persoas Maiores, o Foro Europeo sobre Envellecemento Saudable ou o grupo de traballo do Consello Estatal de ONG´s de Acción Social sobre o plan estratéxico do terceiro sector e voluntariado, entre outras.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: