O ALCALDE DE VIGO NON CONVIDA A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA A GALA DE VIGUESES DISTINGUIDOS

  • López-Chaves lamenta a “falta de lealdade institucional” de  Caballero que non tivo a ben contar co representante da Administración autonómica na cidade
  • O delegado territorial recorda que o alcalde vén de “censurar” a proposta de Vigués Distinguido ao Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV)

Vigo, 28 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, lamenta a “falta de lealdade institucional” de Abel Caballero, que non tivo a ben convidar onte a gala de Vigueses Distinguidos nin hoxe a ofrenda floral ante o monumento dos Heroes da Reconquista na praza da Independencia ao representante da Administración autonómica na cidade, a diferenza dos anos anteriores nos que recibiu invitación. Unha decisión que, recorda, súmase a recente “censura” da proposta de Vigués Distinguido ao Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV).

 

Neste sentido, López-Chaves lembrou que o CCVV, institución que preside e que está participada nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo propio Concello de Vigo, investiu máis de 44 millóns de euros na recuperación do barrio histórico e que deu coma resultado a rehabilitación de máis de 100 vivendas e 30 locais comerciais ademais de facilitar a instalación de diferentes institucións coma o Rexistro da Propiedade, o servizo de Notificacións, a sede da Universidade de Vigo, etc.

 

Con todo, o delegado reitera a súa felicitación á Asociación de Comerciantes ´Vigo Vello´ polo galardón, aínda que insiste en que debería poñerse en valor o traballo conxunto de persoal, técnicos e arquitectos do Consorcio –moitos deles premiados polo seus proxectos- así coma veciños e comerciantes da zona alta que apostaron pola recuperación do barrio residindo e desenrolando a súa actividade comercial na contorna.

 

Por outra banda, co gallo da celebración da Reconquista o edificio administrativo da Xunta en Vigo recorda na súa fachada as máis de 100 vivendas rehabilitadas no barrio histórico,  “no corazón de Vigo”, baixo o lema “Reconquista o teu futuro no Casco Histórico”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: