O CORREDOR DO MORRAZO REXISTRARÁ MAÑÁ UN CORTE PUNTUAL PARA REALIZAR VOADURAS NO TRAMO II E AVANZAR NAS OBRAS DE CONVERSION EN AUTOVÍA

  • Os traballos consistirán en desmontar un noiro na marxe esquerda do punto quilométrico 5+500, duns 5 metros de altura máximo nun ancho de algo menos de 15 metros
  • O tráfico desviarase polas vías habituais, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o necesario para que a duración sexa a menor posible
  • A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros

 

Santiago, 29 de marzo de 2017.- O Corredor do Morrazo rexistrará mañá xoves, día 30, un corte puntual de tráfico no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, para realizar voaduras no treito II, concretamente, nun noiro da marxe esquerda do punto quilométrico 5+500. O corte ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

 

A lonxitude do noiro onde se está a traballar é duns 300 metros, polo que a súa voadura deberá facerse en tres fases, polo que ademais das actuacións de hoxe, tamén están previstas outras o martes que ven e unha máis o xoves, día 30.

 

O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

 

Os cambios están establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

 

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros. 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: