A XUNTA ADXUDICA MÁIS DE 61.000 METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL CON BONIFICACIÓNS POR IMPORTE DE MÁIS DE 2,1 MILLÓNS DE EUROS

 

  • O consello de administración de Xestur adxudicou un total de 18 parcelas en dez parques empresariais
  • A bonificación do prezo do solo empresarial permitiu que xa se adxudicase máis de 780.000 metros cadrados a empresas que se comprometen a edificar as súas instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos

 

 

Santiago, 30 de marzo de 2016.- O consello de administración da empresa pública Xestur adxudicou hoxe 61.068 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións sobre o prezo de venda de 2,1 millóns de euros.

 

Xestur resolveu hoxe o concurso de venda de solo empresarial bonificado, convocado a finais do pasado mes de xaneiro, coa adxudicación de preto de 47.000 metros cadrados de solo empresarial. Esta adxudicación de solo supuxo bonificacións por importe de 1,6 millóns de euros en nove parques empresariais, tal como se recolle no seguinte cadro.

 

Por outra parte, Xestur adxudicou outras dúas parcelas como proxectos singulares nos parques empresariais de Mos e A Reigosa, en Ponte Caldelas, cunha superficie de máis de  14.261 metros cadrados e bonificacións por importe de máis de 509.000 euros.

 

PARQUE Nº parcelas Superficie

m2

Prezo de adxudicación € Importe bonificación €

(xa descontado do prezo de adxudicación)

A Sionlla (Santiago) 3 13.496,00 1.249.000,00 506.020,00
Bértoa (Carballo) 6 19.263,00 710.210,38 642.952,32
Santa Comba 1 1.910,00 69.540,00 29.780,00
Ortigueira 1 983 29.490,00 29.490,00
As Gándaras (Lugo) 1 3.382 186.100,00 185.920,00
Barreiros 1 1.260 32.500,00 31.760,00
Muimenta (Cospeito) 1 2.704 34.000,00 33.600,00
Pereiro de Aguiar 1 790 32.000,00 31.200,00
Mos 1 3.019 342.354,60 146.723,40
Mos 1 5.904,00 632.318,40 270.993,60
A Reigosa 1 8.357,75 555.790,38 238.195,88

 

A aplicación de bonificacións do 30 ou 50 por cento sobre o prezo do solo empresarial permitiulle á Xunta de Galicia adxudicar xa máis de 780.000 metros cadrados. As empresas adxudicatarias están obrigadas a construír as súas instalacións e obter a licenza de actividade no período máximo de tres anos a contar dende a formalización da compravenda.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: