LÓPEZ-CHAVES LAMENTA QUE OS OBSTÁCULOS DE CABALLERO IMPIDAN UN INVESTIMENTO DE 8 MILLÓNS NO CAMPUS DO MAR

  • O delegado territorial da Xunta compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar a negativa do alcalde a desbloquear a operación da Zona Franca na ETEA

 

Vigo, 30 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para por en valor o proxecto do Campus do Mar, cuxa execución depende só de que se desbloquee a operación de recompra dos edificios na antiga ETEA por parte da Zona Franca.

 

Neste senso, López-Chaves lamentou que o alcalde vigués, Abel Caballero, leve oito meses paralizando un investimento de 8 millóns de euros, anunciado onte polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras manter un encontro institucional co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e tras realizar un percorrido por varias instalacións do campus vigués. “Mentres dende a Xunta de Galicia, Zona Franca e a Universidade queremos sacar adiante este proxecto científico, por parte do Concello só atopamos obstáculos e problemas”, indicou o delegado territorial.

 

O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo responsabilizou directamente ao alcalde de “impedir que tres administracións traian unha sede institucional e un importante investimento á cidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: