O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO PRESENTA A SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE AMOEDO E PAZOS DE BORBÉN NA ESTRADA PO-250

  • Este itinerario está enmarcado na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que o Goberno galego destina 3,9 millóns de euros
  • A lonxitude total da senda é de case 820 metros e conta cun investimento de máis de 220.000 euros, cofinanciada nun 80% con fondos FEDER  

 

Pazos de Borbén (Pontevedra), 30 de marzo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acudiu esta mañá ao Concello de Pazos de Borbén para presentar xunto ao alcalde do municipio, Andrés Iglesias Rodríguez, o itinerario peonil e ciclista na estrada PO-250, no treito Amoedo- Pazos de Borbén, entre os puntos quilométricos 6+500 e 7+320.

 

O obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe dereita da estrada PO-250, que servirá para conectar as travesías de Amoedo e Pazos. A lonxitude total deste itinerario é de case 820 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 2,5 metros de ancho separada da calzada por cuneta de seguridade, unha zona axardinada máis os bordos de separación; salvo nos últimos 70 metros, na zona urbana de Pazos, na que a sección se reduce eliminando a cuneta e a banda vexetal.

 

As obras previstas comprenden tamén outras actuacións necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada. Así, levaranse a cabo a mellora da rede da drenaxe existente na zona, coa execución de foxo de seguridade e prolongación das obras de drenaxe transversal; execución de estruturas de contención de terras para ampliación da plataforma e execución da senda; ou a optimización da sinalización e o balizamento. Coa execución da senda existirá un itinerario peonil continuo nesta estrada entre Amoedo e Pazos de Borbén de máis de 2 quilómetros, xa que estes núcleos urbanos xa contan con beirarrúas.

 

Hoxe a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publica no Diario Oficial de Galicia a licitación do contrato, que sae a concurso cun orzamento de máis de 220.000 euros. A obra está cofinanciada nun 80% polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. O prazo para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 25 de abril e o prazo de execución establecido é de tres meses. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio:  goo.gl/u4j1UH.

 

Plan de Sendas

O proxecto de construción deste itinerario, enmarcado na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios, foi aprobado o pasado día 3 de febreiro.

 

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: