Presentación de Versos para conversar en Vigo

Mañá venres presentarase este libro de versos para os máis pequenos. No acto estará o ex presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, que cantará algún destes poemas. Tamén o crítico literario Ramón Nicolás, e pola Editorial Galaxia, o editor Carlos Lema.

A idea da poesía como vínculo da relación familiar, afectiva, é a que está detrás deste libro. Como nos conta Xoán Carlos Domínguez Alberte é un libro pensado para as súas fillas, en realidade foron elas as responsables de que hoxe teñamos este poemario entre as mans. Celtia, de seis anos, e Minia, de dez, un día dixéronlle “papá, está moi ben o que fas, pero a ver cando escribes libros para nós” e aquí temos o resultado.

Un libro lúdico, que xoga, no que hai moitos exercicios de expresión, aloumiños, trabalinguas, ritmo… Un libro que bebe tamén da tradición oral, como o poema familiar adaptado da súa avoa “Durme e repouesa” (p.65). Unha aposta novidosa que quere reivindicar a poesía dende o cotián. Hai poesía para todos os días e para todas as horas.

Poesía para ti e para min. Para ler e entender o mundo. Para saber como se nomean as cousas. E para recitar e falar. Unha pequena folerpa poética. Versos delicados que pintan de cor as cousas todas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: