Proxecto sobre accsibilidade no Porriño

O PORRIÑO DISPÓN, GRAZAS A UN PROXECTO DAS ALUMAS E ALUMNOS DO IES PINO MANSO, DUN ‘MAPA’ ESPECÍFICO DE ACCESIBILIDADE EN TODA A VILA QUE PODE CONSULTARSE DENDE O ORDENADOR, A TABLET OU O TELÉFONO MÓBIL

Un traballo realizado polas alumnas e alumnos do IES Pino Manso, baixo a coordinación do especialista Rafael Ávila, que foi estudante deste centro, ven de poñer a O Porriño á cabeza, a nivel internacional, en información on line sobre a accesibilidade en cadeira de rodas a lugares públicos e privados.

Coma resultado da realización deste labor foi posible a elaboración da “Cartografía dixital colaborativa con OpenStreetMap (OSM)”, que abrangue un estudo polo miúdo do estado do acceso para persoas con diversidade funcional, de cada establecemento público e privado do Porriño- bares, restaurantes, edificios, parques ou tendas-.

A elaboración deste ‘mapa OSM, permite saber cantos chanzos ou andares ten un local, o ancho das portas, o estado das entradas aos servizos, a existencia de ramplas ou se dispón ou non de corredores. Os devanditos datos, figuran na web http://www.map.org que pode consultar calquera persoa dende o seu ordenador, tableta ou teléfono móbil.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, asistiu á presentación da web, que correu a cargo do director do Pino Manso, Juan Aguilar, e que é un dos actos máis importantes dos que se están a levar adiante este curso no que o centro cumpre medio século de vida.  

García de la Torre subliña a dobre importancia deste proxecto, “dunha beira o feito de dar educación, en letras maiúsculas, do que sofren as persoas que se ven marxinadas por mor da súa mobilidade e, doutra, polo feito de que esta tecnoloxía pon as rapazas e rapaces co que é xa a realidade da economía colaborativa, da que este traballo, con OpenStreetMap é un estupendo exemplo”.

A xuízo da alcaldesa esta experiencia contribuirá, así mesmo á mellora do routeiro da vila, no que xa se están a planificar todas as obras tendo coma prioridade a mellora da mobilidade, “un eido no que aínda temos moito traballo por facer e que procuraremos ir completando para que O Porriño sexa accesíbel a todas e todos os seus veciñas e veciños”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: