Tres voces femininas tomarán o Castelo de Santo Antón durante Noroeste Estrella Galicia

A lírica alterada polo toque trasnoitado do jazz da londiniense ALA.NI e o fado persoalísimo da lisboeta Lula Pena súmanse ao flamenco experimental do tándem Rosalía & Raül Refree

A gran cita musical coruñesa celebrará a súa 31 edición do 8 ao 13 de agosto e contará con máis de 90 actuacións de balde en máis de 15 escenarios espallados por toda a cidade

A organización xa avanzou nomes de talla internacional como os Kaiser Chiefs, Los Mambo Jambo, Aviador Dro, New York Ska-Jazz Ensemble ou os chineses Rolling Bowling

A Coruña, 30 de marzo de 2017.- A 31 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 8 al 13 de agosto en máis de 15 escenarios espallados pola Coruña, ven de pechar o programa dun dos seus espazos máis especiais, o Castelo de Santo Antón. A carga histórica e identitaria do espazo, a proximidade do mar, o ambiente que se xera co público e a fondura e o enorme talento de tres voces femininas con personalidade propia farán de cada noite no Castelo una experiencia inesquecible. A lírica alterada polo toque trasnoitado do jazz da londiniense ALA.NI e o phado persoalísimo co que a lisboeta Lula Pena destroza fronteiras físicas e mentais súmanse ao xa anunciado flamenco experimental do tándem Rosalía & Raül Refree nun programa que promete descubertas e emocións para todas as persoas que se acheguen ao Castelo de Santo Antón os días 9, 10 ou 11 de agosto. Como en edicións anteriores, os concertos do Castelo serán de balde, pero haberá que retirar entrada.

Elegancia e sofisticación definen o estilo de ALA.NI. Esta londinense de pais caribeños compón, produce e canta unha música intemporal, viva. Cancións imperecedoiras, concisas, arranxadas e orquestradas cunha delicadeza sublime, que interpreta coa súa voz de soprano, alterada polo toque trasnoitado dunha diva do jazz, quizais herdada ou inspirada pola obra do seu tío avó Leslie Hutchinson, quen ora una estrela do cabaré nos anos 20 xunto a Cole Porter. O seu álbum debut “You & I” (Naïve, 16) é froito dunha madurez que só da a experiencia vital, no seu caso ligada desde nena á música e á moda. ALA.NI foi corista de Damon Albarn (Blur), Andrea Bocelli e Mary J. Blige, pero tamén artífice da súa primeira colección, presentada na Fashion Week de Londres, e colaboradora de coñecidas marcas como Colette ou Estée Lauder. Unha figura contemporánea do Renacemento que, desde hai dous anos, viaxa polo mundo susurrando interpretacións singulares, rebosantes de coraxe e sinceridade, e proxectantes de emoción.

A cantora, poeta, compositora e guitarrista lisboeta Lula Pena posúe unha voz única e profunda, que sigue as súas propias regras e destroza fronteiras físicas e mentais. Unha voz segura e sensible, inquietante e conmovedora, que transita polas marxes do blues, do flamenco, da chanson française, do phado (como ela prefire chamarlle) e da bossa nova. A súa música é un organismo vivo, mestura pura das raíces da música portuguesa, europea, caboverdiana e brasileira e máis da interacción da artista co público que a acompaña nos seus directos, sempre sorprendentes. Soa ou acompañada polo multi-instrumentista guineano Mu Mbana ou polo saxofonista neozelandés Hayden Chisholm, Lula Pena ten presentado as súas longas e divagantes pezas nos palcos de medio mundo, dende Chile a Zimbabwe, dos Estados Unidos aos máis íntimos recunchos de Europa. Vén ao Noroeste Estrella Galicia co seu terceiro álbum, Archivo Pittoresco, aínda fresco debaixo do brazo. Con el, explora musicalmente o movemento dos pintores do século XIX que decidiron saír dos seus talleres e explorar paisaxes, ruínas e vistas asimétricas. Faino cun directo, libre e aberto, sempre único. Irrepetible.

Rosalía posúe unha das voces máis novas e máis prometedoras do flamenco actual, que namora e emociona coa riqueza dos seus matices. Xunto a Raül Reefre -mestre da experimentación instrumental, referencia da guitarra e da produción musical- puxo patas arriba o panorama musical español coa súa proposta de flamenco experimental, Los Ángeles. Rosalía é moi nova, pero leva xa más de dez anos demostrando a súa arte e a súa versatilidade sobre os escenarios, colaborando con artistas como Rocío Márquez, Chicuelo, Fura dels Baus ou o rapeiro madrileño C. Tangana. Raúl Refree, pola súa banda, participou nalgúns dos discos más importantes dos últimos anos, xunto con Silvia Pérez Cruz, Kiko Veneno, La Mala Rodríguez, Christina Rosenvinge ou Lee Ranaldo (Sonic Youth). Rosalía & Raúl Refree, xuntos, camiñan pola fina liña que separa a tradición da experimentación, para levar o público a un lugar no que non existen os límites do purismo.

Ala.ni, Lula Pena e Rosalía & Raül Reefre toman o relevo de Neil Halstead, Howe Gelb e Denis Jones, os artistas que o pasado ano fixeron vibrar o público do Noroeste Estrella Galicia cos seus directos -emocionantes e sorprendentes- no Castelo. Estas tres voces femininas súmanse a un dos cabezas de cartel xa anunciados para o día 11 de agosto na Praia de Riazor, Kaiser Chiefs. Os ritmos máis eclécticos e de calidade terán cabida nunha programación onde se alternarán o mítico electro-tecno-pop futurista da banda Aviador Dro co ska, o reggae, o rock e o jazz do New York Ska-Jazz Ensemble. Tamén haberá oco para os riffs rockabillys da singular banda nacida en Beijing, Rolling Bowling, todo un fenómeno por descubrir nos escenarios do noso país. Xunto a eles, non faltarán Los Mambo Jambo, que farán vibrar o público coa súa mestura salvaxe de rock & roll, rhythm & blues, surf e swing no que será o seu único concerto en Galicia programado para este verán.

O FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA
Un ano máis, e xa van 31, a cidade da Coruña transformarase no mes de agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Unha cita musical única en España, que ofrece un atractivo programa de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne a unha media de 70.000 persoas. Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia. O Festival Noroeste quere promover unha cultura de proximidade, experiencial, sostible e de vangarda. Contemporánea e vibrante como a nosa cidade. Cun cartel atractivo e ecléctico, en 2017, o festival medrará en artistas e localizacións e continuará a súa aposta pola calidade dos seus directos, prestando especial atención aos artistas e bandas emerxentes, que compartirán escenarios con recoñecidos nomes da escena nacional e internacional.

MOI PRONTO…
Na páxina web www.festivalnoroeste.com e nas redes sociais do Festival Noroeste Estrella Galicia, do Concello da Coruña e da Concellería de Culturas iranse comunicando moi pronto as novas confirmacións do festival.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: