A XUNTA DE GALICIA REFORZA AS MEDIDAS SOCIAIS EN FRADES A TRAVÉS DO INCREMENTO NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E DAS CASAS NIÑO

  • O titular autonómico destacou que “o obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes”

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez. No despacho do conselleiro
foto xoán crespo
31/03/17

Santiago, 31 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa a manter encontros periódicos cos rexedores e rexedoras de Galicia para avanzar, desde o consenso e a colaboración, nas liñas de actuación en materia social encamiñadas a atender ás persoas e familias máis vulnerables e que máis precisan da axuda das administracións públicas. Na xornada de hoxe Rey Varela entrevistouse no seu despacho de San Caetano co alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, con quen abordou asuntos de índole social que afectan a esta localidade coruñesa, entre outros a ampliación de beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Neste sentido, o responsable da área social do Goberno galego informou do incremento, de 612 horas ao mes na prestación de SAF Dependencia para sumar un total de 40.476 horas anuais de servizo. “O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes, para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”, indicou Rey Varela.

 

No que respecta ás familias, o titular autonómico destacou a apertura da casa niño Xoaniña, un recurso de conciliación gratuíto que ofrece coidado personalizado de ata un máximo de cinco menores de 0 a 3 anos no propio domicilio dun coidador/a acreditado profesionalmente. “As casas niño son un servizo pioneiro que, ademais de atender ás necesidades de conciliación dos pais e nais que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes, son unha mostra da aposta da Xunta de Galicia polo rural”.

 

Como nos anteriores encontros que o titular da carteira autonómica de Política Social vén mantendo desde outubro do 2015 cos alcaldes de Galicia, no que tivo lugar hoxe, o conselleiro e o primeiro edil de Frades abordaron outros temas de índole social. O obxectivo é coordinar unha estratexia social a nivel autonómico e local que supoña unha mellor optimización e dinamización dos recursos dos que dispoñen as administracións coa finalidade de acadar todas as melloras posibles na calidade de vida dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de unir esforzos a prol dunha política social axeitada que se adapte ás necesidades actuais de cada municipio.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: