O día 1 de abril (20:00 horas) celebrarase en Detrás do Marco a inauguración da exposición de pintura de Checha Montenegro, que permanecerá no café do 1 de abril ao 4 de maio. Checha Montenegro (Vigo, 1948) comezou a súa andaina como pintora autodidacta en 1963. Dende moi cedo lle atrae a aventura da viaxe, e así percorre Galicia, Europa e América. Vive algúns anos en Santiago de Compostela, Madrid, diversos lugares de Alemaña e México, e na actualidade reside en Vigo. Como artista podemos definir a Checha Montenegro como unha pintora autodidacta que nos trae unha visión colorista do seu persoal universo. Luz y color. En su pintura, Checha nos habla de vivencias y emociones. Miradas, alegría y calor del encuentro. Conexión y simbiosis con el otro. La necesaria soledad, donde la crisálida descansa hasta su transformación. Dolor y lágrimas de las pérdidas. Gritos y abismos. Hostilidad de un mundo que te observa y vigila. Búsqueda de armonía, a través de la fuerza y exuberancia de la Naturaleza.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe na inauguración da XVI Bienal de Teatro da ONCE
-
A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistirá á inauguración da XVI Bienal de Teatro ONCE
30/03/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A CoruñaO responsable da área social do Goberno galego instou a abordar a situación das persoas con distintas capacidades dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva
A Coruña, 30 de marzo de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou hoxe a traxectoria da ONCE en favor da integración e do benestar das persoas cegas na inauguración da XVI Bienal de Teatro que celebra esta organización e que se prolongará ata o vindeiro día 2 de abril coa participación das mellores compañías de teatro formadas por persoas con discapacidade visual. Ao abeiro desta actividade cultural realizaranse 12 representación teatrais en dez cidades e vilas de Galicia.
No acto de apertura desta mostra, que tivo lugar no teatro Rosalía de Castro da Coruña, Rey Varela recoñeceu o labor da ONCE por ter conseguido que as persoas cegas ou con problemas graves de visión dispoñan dunha rede integrada e completa para atender as súas necesidades de desenvolvemento autónomo e inclusión social. “A ONCE non soamente se ten convertido nestes anos nun referente no eido social, senón que ademais hoxe é sinónimo de ilusión”, apuntou. Ao respecto, o conselleiro engadiu que esta bienal de teatro “é un exemplo máis da capacidade da ONCE para dar saída ás inquedanzas das persoas con discapacidade visual, tamén no ámbito artístico”.
Así mesmo, o titular de Política Social sinalou que a Xunta comparte coa ONCE o obxectivo fundamental de dar resposta ás necesidades das persoas, en especial, daquelas máis vulnerables, e avogou por continuar afondando na colaboración coas entidades posto que “as políticas sociais non se poden facer de costas ás persoas senón todo o contrario”. Nesta liña, indicou que a Xunta seguirá a desenvolver as medidas contempladas na Estratexia Galega sobre Discapacidade, na que participan as entidades e que ten como finalidade contribuír á integración en todos os ámbitos: desde a accesibilidade e a autonomía persoal ata a educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais. “Como administración e como sociedade debemos abordar a situación das persoas con distintas capacidades dende a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”, manifestou.
Ademais, Rey Varela sinalou que a inclusión plena, efectiva e en igualdade de oportunidades é un dos eixes prioritarios das políticas sociais en Galicia, e engadiu que “non se trata tanto de que as persoas con discapacidade se adapten para integrarse na sociedade, senón que esta as ten que incluír”.
Por último o responsable da área social felicitou aos actores e actrices afeccionados que participan neste evento polo seu compromiso, o seu talento e por ser un exemplo de superación.