LÓPEZ-CHAVES RECORDA AO ALCALDE DE GONDOMAR QUE PERDEU A SUBVENCIÓN POR INCUMPRIR OS PRAZOS
- O delegado territorial da Xunta na área de Vigo responde ao anuncio do Goberno local de recorrer a xustiza tras quedar sen unha axuda de 65.000 euros
Vigo, 29 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, entende que o recurso contencioso administrativo anunciado onte polo Concello de Gondomar contra a Xunta, á que o Goberno local atribúe a perda dunha subvención de 65.000 euros, “ten pouco recorrido”. Segundo explicou, o rexidor “sabe que non fixo as cousas ben e agora pretende cargarnos coa culpa dos seus erros”.
López-Chaves non oculta a súa estrañeza de que o alcalde acuda agora a xustiza cando “é consciente de que non actuou coa suficiente dilixencia”. O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo nada máis coñecer as intencións do Concello, tras perder a axuda relacionada cunha obra xa terminada de mellora no Camiño de Cernada, no termo municipal de Vincios, interesouse polo estado do expediente vinculado a esta actuación, competencia da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
“Presentou unha factura por importe de 59.639,99 euros fóra do período de elixibilidade”, apunta o delegado territorial da Xunta en Vigo. “Por este motivo, fíxose unha perda do dereito a cobro da que o único responsable é o Concello de Gondomar”, agregou. López-Chaves lamenta a decisión do alcalde “pese a saber que non ten razón, e lonxe de asumila culpa e recoñecela súa responsabilidade, oculta o verdadeiro motivo polo que perdeu a subvención; pagar fóra do prazo esixido”. “Ao igual que os veciños deben cumprir os prazos que se lle esixen para o pago dos seus impostos, e senón saben que terán que pagar recargo, as administracións públicas están suxeitas as mesmas obrigacións”, indica o delegado.
REY VARELA RECIBE A DISTINCIÓN DE ‘MILAGROSISTA DO ANO 2017’
Lugo, 29 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recolleu onte o premio “Milagrosista do ano 2017”, concedido pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa. Este recoñecemento tivo lugar no transcurso da vixésimo oitava edición desta gala na que se recoñece o labor de diversas personalidades en diferentes ámbitos.
O conselleiro agradeceu a distinción e fixo partícipe da mesma a todo o persoal do departamento autonómico de Política Social, do que destacou a súa profesionalidade na procura do obxectivo común de contribuír ao benestar das familias galegas e ao progreso de Galicia.
Proxecto europeo alumnos IES Ribeira do Louro e estudantes de Polonia e Suecia
ALUMNAS E ALUMNOS CHEGADOS DE POLONIA E SUECIA, SON ACOLLIDOS POR FAMILIAS DO PORRIÑO NAS SÚAS CASAS DURANTE A REALIZACIÓN DUN PROXECTO EUROPEO SOBRE COMERCIO XUSTO DESENVOLVIDO CON ESTUDANTES DO IES RIBEIRA DO LOURO
17 alumnas e alumnos chegados das localidades de Boras, en Suecia, e Poznan, en Polonia, veñen de poñer en común, xunto con estudantes do IES Ribeira do Louro, nun proxecto sobre comercio xusto, que ven de desenrolarse dende setembro de 2016 no marco do Programa Erasmus +.
O ‘Europeans for Fair Trade’ (Europeos para o Comercio Xusto), é un proxecto promovido pola Escola Secundaria 12, de Modjeska, en Polonia, e o Sven Eriksongymnasiet, de Suecia, xunto co IES Ribeira do Louro, que pretende promover valores positivos para a nosa sociedade promovendo o Comercio Xusto.
O mesmo permite a mobilidade de estudantes e profesores coa finalidade de investigar e discutir sobre este tema. Isto levou a familias de estudantes do Ribeira do Louro a acoller nas súas casas a alumnas e alumnos suecos e polacos, que desenvolven un programa formativo e cultura relacionado co Comercio Xusto, elaborado por estudantes e profesores e que permitirá que temas coma ‘Comercio Xusto e Xénero’, ou ‘Comercio Xusto, Banca e Ética’, sexan empregados por estes centros dentro das súas unidades formativas.
Tamén se levou adiante un ‘Concurso de Vídeos’ relacionados con esta temática, que ven de fallarse este venres, e que contou coa colaboración de varios establecementos comerciais de O Porriño relacionados con produtos ecolóxicos, da terra, mesmo unha tenda de informática, que donaron varios dos premios.
Os estudantes do Porriño que participaron neste proxecto viaxarán, o curso que ven a Polonia e Suecia para unha estadía dunha semana con familias dos estudantes suecos e polacos que estiveron aquí.
Parada bus O Cerquido
A CONCELLERÍA DE VÍAS E OBRAS, QUE DIRIXE MANUEL CARRERA, REMATA A COLOCACIÓN DA MARQUESIÑA NA PARADA DE AUTOBÚS DE O CERQUIDO, CUMPRINDO CUNHA VELLA DEMANDA DOS VECIÑOS DE BUDIÑO
A Concellería de Vías e Obras ven de rematar a colocación da marquesiña na parada de autobús de O Cerquido, preto da conexión coa A-55, que era, como subliña o concelleiro Manuel Carrera, unha vella demanda dos veciños da parroquia de Budiño.
A mesma, coma moitos dos traballos que está a levar a diante a concellería de Vías e Obras, está rematada en ‘rosa Porriño’ e incorpora un banco de pedra.
Esta mellora é outra máis das actuacións que está a levar adiante a Concellería de Vías e Obras nos últimos meses e que abranguen, entre outras iniciativas, o remate da mellora das rúas Buenos Aires e Progreso; a nova beirarrúa de preto de 2 quilómetros entre as parroquias de Atios e Pontellas; o adecentamento da Praza de Abastos ou as distintas conexións á rede de saneamento de vivendas de todas as parroquias, traballos que seguen adiante en diferentes puntos do Porriño.
A CIG presenta conflito colectivo contra o prezo das horas extras en Vitrasa ao entender que é “ilegal” por ser inferior ao das ordinarias
A sección sindical da empresa de transportes viguesa rexeita tamén o sistema de contratación “por precario e fraudulento”
Vigo/29-04-2017
A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano de Vigo, vén de presentar denuncia por conflito colectivo contra o prezo das horas extra recollido no novo convenio, ao entender que é ilegal xa que se pagan por debaixo das ordinarias. Ao mesmo tempo, puxeron en coñecemento da Inspección de Traballo a crecente precarización na política de contratación da empresa, que consideran fraudulenta xa que se utilizan distintos traballadores/as eventuais para cubrir os mesmos postos co obxectivo de evitar o período de tempo necesario para convertelos/as en fixos/as e que xeneren antigüidade.
A sección sindical da CIG na compañía viguesa de transportes decidiu presentar o conflito colectivo ao entender que o convenio asinado pola maioría do comité (CCOO, USO e UGT), de seis anos de duración, é ilegal no referente ao prezo das horas extras, xa que as retribucións por este concepto pactadas son moi inferiores ás das horas ordinarias, incumprindo o artigo 35.1 do Estatuto dos Traballadores/as, que establece que teñen que ser alomenos ao mesmo prezo. “O abuso é maiúsculo se temos en conta que o convenio nos obriga en calquera suposto a realizar as horas que marque o servizo asignado”, indican.
Esta circunstancia provoca que, coa finalidade de aforrar custos, o número de horas extras sexa desmesurado, “penalizando así a contratación”. A situación prodúcese a pesar de que esta irregularidade foi posta en coñecemento da Xunta por parte da CIG antes de rexistrar o convenio, “mais incomprensibelmente procederon a inscribilo sen modificar”.
Sistema de contratación fraudulento
Ao mesmo tempo, a sección sindical volveu denunciar ante a Inspección de Traballo o que consideran un sistema de contratación fraudulento xa que se utilizan distintos empregados/as temporais para cubrir os mesmos postos, incumprindo o artigo 15.5 do Estatuto dos Traballadores/as. Despois envíaselles ao paro cada certo tempo para evitar que xeneren antigüidade na empresa e esquivando os períodos de contratación necesarios (24 meses nun período de 30) para quedar fixos/as.
“Solicitamos unha actuación contundente da autoridade laboral, xa que a pasividade e inacción habituais ante as denuncias que presentamos contra a concesionaria impídenos defender os dereitos laborais dos nosos compañeiros/as”. Neste senso, sosteñen que a deixadez é tal que as últimas denuncias presentadas en Inspección de Traballo foron contestadas “de maneira vaga e ambigua”, evitando intervir para solucionar os problemas expostos.
Imagineindia 2017 Full line up
Imagineindia 2017 line up
Imagineindia is delighted to announce the full line up for the 16th edition of Imagineindia International Film Festival in partnership with our official airliner Qatar Airways, to take place in Madrid from 17th to 31st May.
We are excited to deliver festival goers the best films selected from more than 2800 submissions.
Imagineindia team wants to thank to all the people from more than 80 countries who have submitted their films. It has been an enriching experience to watch all these films. We feel sorry for those not selected and give our congrats to the selected ones.
Read more for the full line up.
Qatar Airways, Official Festival Airline
Qatar Airways flies to 13 cities in India with the best connections from Spain through its impressive hub in Doha. The qatari airline offers travelers the best Business Class in the world and an unparalleled service on board of its modern fleet of next-generation aircrafts.
A XUNTA FOMENTA O INTERCAMBIO XUVENIL CON ITALIA A TRAVÉS DO PROGRAMA DE MOBILIDADE ‘A XUVENTUDE NO MUNDO’
O delegado territorial da Xunta na área de Vigo interesouse polas actividades desenvolvidas e que benefician anualmente a preto de 3.600 veciños
- Os 9 centros da área de Vigo mobilizan uns 10.000 usuarios en conxunto aos que se lle ofrecen máis de 200 actividades
O Porriño (Pontevedra), 28 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro co director do centro sociocomunitario de O Porriño, David González, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente preto de 3.600 veciños da localidade pontevedresa.
Logo de se ter reunido no pasado mes de febreiro cos directores e directoras dos centros sociocomunitarios de Vigo e a súa área de territorial, o representante do Goberno galego inicia en O Porriño unha rolda polos devanditos centros. Segundo lle trasladou o responsable destas instalacións, nelas realízanse desde excursións, talleres e charlas, ata ximnasia, actuacións musicais, bailes, comidas ou festas que se van programando ao longo do ano.
A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso da cidade olívica, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, adoitan pasar unhas 1.000 persoas ao ano para se beneficiar das súas actividades ou para disfrutar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos, ler a prensa, cafetería, servizos de podoloxía ou perruquería, etc.
En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, se lles ofrecen máis de 200 actividades. Cursos de taichi, bolillos, informática, inglés, música, obradoiros de cerámica, de costura ou cociña, entre outros moitos, se suman ás excursións, charlas ou conferencias que todos os días se ofertan nestas instalacións que dependen da Consellería de Política Social.
O Concello facilitará que máis de 500 estudantes e profesores participen activamente no Festival de Cans
Cincocentos estudantes e profesores dos centros educativos do Porriño serán, por segundo ano consecutivo, protagonistas da Mini Can Parade, do Festival de Cans. Este venres a concelleira de Educación, Lourdes Moure, responsábeis do festival e representantes dos centros, acordaron “traballar conxuntamente” para que, de novo, alumnas e alumnos dos colexios porriñeses deixen a súa pegada no certame de cine máis coñecido de Galicia.
Estudantes de 8 centros da vila participarán no proxecto ‘Debuxa Cans’, sobre tema libre co ‘espírito’ de que “todos xuntos facemos o festival”. Así mesmo, como indicou a concelleira, tamén traballarán xuntos no ‘decorado’ do festival e os seus traballos, antes de rematar en Cans, coincidindo coa proxección das películas, estará exposto na ‘rúa’ peonil do Porriño.
Lourdes Moure subliña que actos de vandalismo como os que se viviron noutras ocasións, non impedirán que se leve a cabo esta actividade e salienta que dende o Concello “faremos unha labor de concienciación no respecto polo traballo dos demais”.
Ademais, os días 24,15 e 26 de maio, estudantes e profesores asistirán nos mesmos alpendres e adegas que farán de sas de cine durante o certame, ao pase de distintas películas. O Concello, lembra Lourdes Moure, colabora nesta actividade poñendo os autobuses nos que se desprazaran alumnos e profesores ata a parroquia de Cans.
«Viejóvenes» no Teatro Afundación de Vigo
O vindeiro venres 5 de maio o Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará o espectáculo de sketchs en directo Viejóvenes, dos televisivos actores cómicos Joaquín Reyes e Ernesto Sevilla.
Cursos de cociña e cultura do viño na Sede Afundación de Vigo
A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24) albergará unha ampla oferta de cursos durante o vindeiro mes de maio. Impartiranse os de cociña «Cociña para principiantes II», «Ao punto cos arroces» e «Exquisitas miniaturas para cócteles», todos eles baixo as directrices de «La cocina de Monse». A oferta tamén inclúe un curso para obter o certificado sobre cultura do viño de nivel básico. Xa todos cubriron as prazas dispoñibles excepto «Exquisitas miniaturas para cócteles» que dispón de cinco prazas libres. As inscricións pódense facer a través de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.