GALICIA CONSOLÍDASE ENTRE AS COMUNIDADES CON MENOS DÉBEDA AO ESTABILIZAR O SEU ENDEBEDAMENTO POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

  • A ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,7%, practicamente igual que en 2015
  • Galicia é a 6ª comunidade con menos endebedamento de toda España, a cuarta de réxime común
  • Grazas á xestión prudente da Xunta, Galicia evitou aumentar a débeda en 3.600 millóns de euros

    12,45 h.- O director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, fará unha valoración dos datos de débeda pública do Banco de España. Na entrada do gabinete da Consellería.
    foto xoán crespo
    31/03/17

 

Santiago, 31 de marzo de 2017.- A Xunta de Galicia conseguiu manter estabilizado o seu endebedamento por segundo ano consecutivo e, deste xeito, consolídase entre as comunidades autónomas con menos débeda de toda España, segundo reflicten os datos oficiais do Banco de España publicados hoxe.

 

Segundo explicou hoxe o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, a ratio de débeda/PIB de Galicia ao peche do exercicio situouse no 18,7%, practicamente igual que no peche de 2015 (18,6%). Estes datos “confirman que a débeda da Xunta de Galicia está totalmente estabilizada, e levamos dous anos coa débeda practicamente ao mesmo nivel”, sinalou.

 

A tendencia da débeda galega contrasta coa media autonómica, que aumentou catro décimas no último ano e dous puntos dende 2015, ata situarse no 24,9%. Deste xeito, Galicia pasa a ser a sexta comunidade autónoma –a cuarta de réxime común- con menor endebedamento, cun diferencial positivo de 6,2 puntos, o maior da historia da Autonomía.

 

Con estes datos, confírmase tamén que Galicia cumpriu un ano máis o obxectivo de débeda pública da Comunidade Autónoma para 2016, fixado no 19% polo Consello de Política Fiscal e Financeira. En importes absolutos a débeda das comunidades autónomas situouse en 271.980 millóns de euros, o 3,9% dela -10.624 millóns- en Galicia.

 

Reducir o endebedamento

O director xeral tamén confirmou que neste 2017 a previsión da Xunta de Galicia xa é ir máis alá de estabilizar o endebedamento. “Imos comezar a reducir o noso endebedamento“, destacou David Cabañó, quen explicou que isto é posible “pola xestión prudente que vén facendo a Xunta nos últimos anos”.

 

Neste sentido, lembrou que Galicia é a comunidade autónoma onde menos medrou o endebedamento dende o ano 2008, e grazas a isto “Galicia evitou aumentar a débeda en 3.600 millóns de euros”, importe que tería de contar cunha ratio de débeda similar á media autonómica. Este menor endebedamento respecto ao conxunto de España está a permitir a Galicia un aforro anual en xuros de débeda duns 85 millóns de euros.

DÉBEDA POR CC.AA (4º trimestre 2016)

 

Ratio de débeda/PIB

(%)

Madrid 14,4
País Vasco 14,5
Canarias 16,0
Navarra 18,2
A Rioxa 18,5
GALICIA 18,7
Asturias 18,9
Castela e León 20,4
Aragón 21,6
Andalucía 22,5
Estremadura 22,9
Cantabria 23,0
TOTAL CCAA 24,9
Murcia 29,1
Baleares 30,1
Cataluña 35,4
Castela-A Mancha 37,0
Valencia 42,5

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: