A XUNTA DE GALICIA INCREMENTA O CONCERTO DE PRAZAS NA RESIDENCIA DE ASPANAES EN AS PONTES

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe estas instalacións con motivo do Día mundial do autismo

  • A Administración autonómica pon a disposición dos veciños da localidade e arredores nove novas prazas, que se suman ás 25 xa existentes
  • O titular autonómico gabou o traballo que a entidade desenvolve nesta localidade e no resto da provincia, así como o labor de todas as entidades da comunidade autónoma que traballan en prol do benestar das persoas con este trastorno e do das súas familias

 

As Pontes (A Coruña), 3 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia concertará nove novas prazas de atención residencial terapéutica na residencia da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista (Aspanaes) en As Pontes. Estas prazas sumaranse ás 25 que a Administración autonómica xa tiña concertadas, polo que a cifra ascenderá a 34. “Temos a obriga de axudar ás persoas que máis o precisan, e este obxectivo pasa por este incremento de prazas para as persoas con autismo do concello de As Pontes e arredores”, asegurou o titular da carteira social. Para elo, a Xunta inviste neste 2017 810.210 euros, un 29% máis que en 2016.

 

Ao fío disto, o conselleiro lembrou que a Administración autonómica tamén está a traballar no novo convenio de colaboración coa Federación Autismo Galicia destinado a promover a atención das persoas afectadas por este trastorno e ao mantemento da propia federación e das entidades que a integran, entre as que se atopa Aspanaes.

 

Día mundial do autismo

Rey Varela facía estas declaracións durante unha visita á residencia desta entidade con motivo do Día mundial do autismo celebrado onte.

 

Baixo o lema Rompamos xuntos barreiras polo autismo, fagamos unha sociedade accesible, as entidades que traballan en prol das persoas con TEA conmemoran o 2 de abril esta efeméride co obxectivo de axudar á sociedade a entender mellor o que significa vivir con autismo, intentando cambiar o enfoque da mera concienciación á inclusión e á tolerancia, “unha meta que compartimos tamén desde a Xunta de Galicia”, afirmou Rey Varela.

 

A visita rematou coa lectura do manifesto da Organización Mundial do Autismo, a cargo dun usuario da residencia de Aspanaes, no que instan ao conxunto da sociedade a adoptar unha lei europea de accesibilidade eficaz na que se aborden as necesidades das persoas con TEA e a traballar xunto ao movemento asociativo do autismo para identificar e eliminar as eivas ás que se enfronta o colectivo.

 

O goberno galego ten un firme compromiso coa eliminación das moitas barreiras que impiden que as persoas con trastornos do espectro autista desfruten plenamente dos seus dereitos, “por elo, ata que o consigamos, a Xunta de Galicia estará ao seu carón”, apuntou Rey Varela.

 

Asociación de Pais e Nais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista

Aspanaes pretende dar resposta ás diferentes necesidades das persoas con trastornos do espectro autista, proporcionando atención especializada nas diferentes etapas do ciclo vital e nos diversos ámbitos que conforman a vida cotiá, sempre atendendo ás necesidades individuais de cada usuario.

 

A entidade conta con catro centros educativos, catro centros de día e dous centros residenciais, todos eles na provincia da Coruña.

 

Durante a súa visita ás instalacións, Rey Varela encomiou o traballo que a entidade desenvolve nesta localidade e no resto da provincia, así como o labor de todas as entidades da comunidade autónoma que traballan en prol do benestar das persoas con este trastorno e do das súas familias. “É fundamental que academos unha mellor comprensión do autismo, e desde a Xunta de Galicia estamos comprometidos con esta meta e coa defensa e a mellora da calidade de vida do colectivo”, declarou Rey Varela.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: