A XUNTA DE GALICIA REITERA O SEU APOIO A CÁRITAS DIOCESANA NA LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro cos representantes das delegacións da entidade en Galicia

12,45 h.- O director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, fará unha valoración dos datos de débeda pública do Banco de España. Na entrada do gabinete da Consellería.
foto xoán crespo
04/04/17

 

 

  • ‘A integración plena de todas as persoas na sociedade só se conseguirá co traballo conxunto entre administracións e entidades do tecido social’, afirmou o titular autonómico

 

Santiago, 4 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro no seu despacho de San Caetano, cos responsables das distintas delegacións de Cáritas en Mondoñedo- Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Tui-Vigo.

 

No transcurso do mesmo, o titular autonómico destacou os obxectivos da Consellería de Política Social, coincidentes cos da asociación de Cáritas no que respecta á loita contra a pobreza, a exclusión, a intolerancia e a discriminación. “A integración plena de todas as persoas na sociedade só se conseguirá co traballo conxunto entre administracións e entidades do tecido social”, explicou Rey Varela. E, ao fío, lembrou que o incremento dos fondos destinados a proxectos e actividades da área de Inclusión Social medrou nos dous últimos anos un 21,7%, “o que está a permitir á Administración autonómica mellorar as achegas dirixidas ás entidades sociais que traballan neste ámbito”.

 

O conselleiro destacou que a Xunta de Galicia mantén a súa colaboración coa entidade en toda Galicia “para facer realidade os seus obxectivos en prol dos colectivos máis desfavorecidos”, explicou. Unhas metas que pasan pola consecución dunha sociedade cohesionada e xusta onde todos participen, a través dun cambio significativo nas estruturas sociais económicas e políticas que producen pobreza e exclusión.

 

Cáritas Diocesana loita contra a pobreza e a exclusión social a través de catro dimensións: o servizo de acollida e axuda para persoas en situación de necesidades; o traballo de promoción e integración coas persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social; tarefas de animación da comunidade; e compromiso a través da formación e sensibilización.

 

Grazas ao seu esforzo diario, a entidade atende a milleiros familias, “o que dá conta do compromiso de Cáritas coas persoas que máis o precisan”, afirmou o conselleiro.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: