Comeza a Miteu cunha adaptación de Alessandro Baricco e segue o ciclo Cine e Lingua con Ang Lee

 

A última cornixa do mundo

Aula de Teatro de Ourense-Maricastaña


Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Campus de Vigo.
Comer, beber, amar/ 饮食男女.

Ang Lee, 1994
Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

Comeza a Miteu cunha adaptación de Alessandro Baricco e segue o ciclo Cine e Lingua con Ang Lee

 

Vigo, 4 de abril de 2017.- A Mostra Internacional de Teatro da Universidade de Vigo (Miteu) arranca mañá no campus vigués coa obra A última cornixa do mundo, a cargo da Aula de Teatro de Ourense-Maricastaña. Trátase dunha obra dirixida por Fernando Dacosta, a partir da novela de Alessandro Baricco, Océano mar. Este é trixésimo montaxe deste grupo de teatro universitario e poderá gozarse a partir das 18.30 horas no Teatro de Cidade Universitaria do Campus de Vigo. Como é de esperar, ao tratarse dun texto do autor italiano, a obra da Aula de Ourense está chea de lirismo e mundos oníricos. A historia sitúa a catorce personaxes na última cornixa do mundo na que se atopa a pousada Almayer, lugar nas lindes da existencia, suspendida sobre o mar, onde a terra acaba. Nese sitio atópanse un pintor que procura pintar o mar co mar, unha muller que está para sandar de adulterio, un escritor que escribe unha enciclopedia sobre os límites da natureza, unha rapaza que quere vivir e fuxir da morte e do medo ou unha monxa que crea oracións.

 

Por outra parte, dentro tamén da programación cultural da Universidade de Vigo, mañá ás 20.00 horas proxectarase Comer, beber, amar de Ang Lee, dentro do Ciclo Cine e Lingua sobre cine asiático. O realizador chinés estreou esta película en 1994, obtendo notables críticas. Trata da vida de Chu, un chef de Taipei, viúvo, que vive coas súas tres fillas. Todo cambia nas súas vidas cando unha rosmona viúva se muda ao apartamento contiguo, alguén queda embarazada, alguén cae nunha profunda depresión, alguén morre e alguén atopa o amor verdadeiro.

Tras a proxección, haberá un debate que moderará Lili Wo, profesora de chinés e xaponés do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: