Archive | abril 5, 2017

A XUNTA DE GALICIA POTENCIA OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS PARA GARANTIR UNHA ATENCIÓN DE PROXIMIDADE E DE CALIDADE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta tarde unha visita institucional ao municipio coruñés de Carral

 

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita institucional ao Concello de Carral, onde manterá un encontro co seu alcalde, José Luis Fernández Mouriño.
05/04/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

  • O responsable da área social do Goberno galego trasladou ao rexedor de Carral, José Luís Fernández Mouriño, a importancia de afondar no diálogo e colaboración entre administracións para completar as medidas da Axenda Social Única

 

Carral (A Coruña), 5 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta tarde unha visita institucional ao Concello de Carral, onde foi recibido polo alcalde deste municipio coruñés, José Luís Fernández Mouriño, con que mantivo unha xuntanza de traballo co fin de analizar a situación dos programas e servizos de ámbito social e de titularidade autonómica que se desenvolven nesta localidade. Así mesmo, o encontro serviu para afondar nas vías de colaboración que a Consellería mantén co devandito ente local, así como para expoñer novas actuacións e propostas en materia de política social.

 

Neste sentido, Rey Varela explicou que o obxectivo que se ten fixado o Goberno galego para este exercicio é consolidar o impulso ás políticas sociais e a nova etapa que se iniciou o ano pasado, de aí que os orzamentos para esta área volvan a medrar en 2017 ata acadar os 643,5 millóns de euros, a cantidade máis elevada na historia de Galicia.

 

Ademais, o titular de Política Social incidiu na importancia de afondar no diálogo, a colaboración e a coordinación cos concellos, coa finalidade de completar as medidas da Axenda Social Única de Galicia acordadas coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega contra a Pobreza.

 

Nesta liña, avogou por seguir co reforzamento dos servizos sociais comunitarios dos concellos mediante a incorporación de máis persoal e a mellora das condicións de financiamento dos mesmos, co obxectivo de “manter un nivel de atención de calidade e próxima, e garantir a efectividade das medidas e programas que a Administración autonómica desenvolve cos concellos para facer fronte ás desigualdades e á exclusión social”, manifestou.

 

Por último, Rey Varela e o rexedor de Carral acordaron estudar novas vías de colaboración entre ambas administracións. Ao respecto, o titular autonómico apuntou que a Xunta vén de potenciar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nesta localidade ao incrementar en 137 o número de horas mensuais dispoñibles ata acadar un total de 10.332 horas anuais e situar a ratio de cobertura por riba do 85%. Tamén lembrou as recentes obras de mellora levadas a cabo na escola infantil municipal, que permitiron renovar o pavimento e o peche do patio, instalar proteccións solares nas fiestras e unha pérgola, entre outras intervencións de mantemento. Así mesmo, Fernández Mouriño expuxo ao conselleiro un proxecto para a construción dun centro social, unha iniciativa que Rey Varela comprometeuse a estudar para establecer posibles futuras vías de colaboración para este fin.

 

A XUNTA AUMENTA AS HORAS DISPOÑIBLES NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde deste municipio ourensán, José Luís Valladares Fernández

 

Santiago, 5 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta tarde no seu despacho de San Caetano un encontro co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares Fernández. Deste xeito, Rey Varela continúa coas reunións cos rexedores e rexedoras de Galicia co obxectivo de mellorar a atención e os servizos sociais que reciben os cidadáns nos seus respectivos municipios a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

 

Os dous dirixentes abordaron a necesidade de seguir incrementando a cobertura da atención a persoas dependentes. Ao respecto, Rey Varela recordou que se vén de aumentar en 840 horas anuais as dispoñibles dentro do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que a Xunta presta en colaboración co concello, ata alcanzar un total de 11.268 ao ano. Este incremento permite ter na actualidade unha ratio de cobertura próxima ao 95% neste municipio de Ourense.

 

Así mesmo, o titular de Política Social lembrou a achega económica que realiza a Administración autonómica ao Punto de Atención á Infancia, así como o concerto que mantén coa residencia de iniciativa social “La Saeta” e ao que destina máis de 140.000 euros para o financiamento de 12 prazas.

 

Por último, Rey Varela e o primeiro edil de San Cristovo de Cea manifestaron a súa vontade de seguir afondando nas liñas de colaboración entre as dúas administracións co compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades da devandita localidade.

 

A XUNTA DE GALICIA RESPALDA A PRETO DE 38.000 FAMILIAS A TRAVÉS DO PROGRAMA DE APOIO Á NATALIDADE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu este mediodía no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta sobre o PAN

 

  • Máis de 15.000 persoas se están xa a beneficiar da Tarxeta Benvida
  • Ao abeiro deste programa, a Administración autonómica ofertou 22.315 prazas públicas ou sostidas con fondos públicos en escolas de 0 a 3 anos
  • O responsable da área social do Goberno galego asegura que “a nosa meta é contribuír a que Galicia sexa un lugar mellor para vivir e formar unha familia”

 

Santiago, 5 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, compareceu este mediodía no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta do alcance do Programa de Apoio á Natalidade (PAN), integrado por un conxunto de medidas –en moitos casos pioneiras-, das que xa se teñen beneficiado 37.648 familias a través da Tarxeta Benvida, o Bono Coidado ou o Bono Concilia entre outras. “A nosa meta é contribuír a que Galicia sexa un lugar mellor para vivir e formar unha familia”, afirmou o titular autonómico.

 

Rey Varela informou de que ata a data, 15.112 familias se están a beneficiar da Tarxeta Benvida, unha axuda económica directa de 100 euros mensuais por un ano co obxectivo de contribuír a sufragar os gastos básicos que supón o nacemento ou adopción dun fillo ou filla durante os seus primeiros doce meses de vida. O conselleiro destacou que a tarxeta se ampliou aos nenos e nenas nados en 2017 e ademais, “aquelas familias que estean en situación de garda con fins adoptivos dun menor dun ano, tamén poderán ser titulares da tarxeta”, engadiu o conselleiro. A Xunta de Galicia consignou un gasto plurianual de 18 millóns de euros para esta medida que chega a preto do 80% dos fogares galegos que contan cun novo membro na familia.

 

O titular autonómico lembrou que grazas ao PAN, a Xunta de Galicia puxo en funcionamento as primeiras 30 casas niño, que axudan a 150 familias a conciliar a súa vida persoal e laboral. “Este ano, seguiremos estendendo este recurso en concellos rurais de menos de 5000 habitantes coa apertura doutras 30 casas niño máis”, afirmou Rey Varela.

 

Outros programas do PAN que se están a consolidar son o Bono Concilia e o Bono Coidado. O primeiro consiste nunha achega económica para colaborar no pago dunha praza de escola infantil naqueles casos en que non consigan unha escola pública ou nun centro financiado con fondos públicos; mentres que o segundo é unha axuda económica para contribuír no pago do importe dun servizo de atención aos nenos a domicilio por doenza, enfermidade puntual ou por outro imprevisto ocasional no caso de que os pais e nais traballen e non poidan levalos a unha escola infantil ou outro recurso. No seu conxunto, ambas medidas benefician nestes momentos a 2.670 familias en Galicia.

A área de conciliación do PAN tamén comprende as prazas en escolas infantís e as prazas subvencionadas con fondos públicos. No presente curso a Xunta ofertou un total de 22.315 prazas. Unha cifra que aumentará no vindeiro curso escolar xa que “a Xunta porá á disposición das familias 22.439 prazas e un ano máis, Galicia superará a ratio de cobertura aconsellada pola Unión Europea, situándose nun 38%”, apuntou o titular da carteira social.

 

Dentro das medidas en prol da demografía galega, o conselleiro destacou que Galicia é “a Comunidade Autónoma con maiores deducións por natalidade”. Ao fío disto, lembrou a publicación o pasado luns no Diario Oficial de Galicia da orde para a prestación por fillo a cargo menor de 3 anos, tamén enmarcada no PAN. Grazas a ela, aquelas familias que non tiveran obriga nin presentasen a declaración do IRPF en 2015, terán dereito a percibir esta prestación, que consiste nun pagamento único de 360 euros pola primeira filla ou fillo, de 1200 euros pola segunda ou segundo e de 2400 euros polo terceiro e sucesivos.

 

Rey Varela finalizou a súa intervención destacando que estas medidas e as que se irán desenvolvendo nos vindeiros anos no ámbito da conciliación terán como obxectivo que os 313 concellos de Galicia conten cun recurso de conciliación no horizonte do ano 2020 e alcanzar unha porcentaxe de cobertura en escolas infantís de máis do 40%.

 

ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA AS VANTAXES ECONÓMICAS DA INTEGRACIÓN DO AUTOBÚS URBANO DE MOS NO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO, QUE SE PUXO EN MARCHA EN MES E MEDIO DESDE A SINATURA DO CONVENIO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañada pola alcaldesa de Mos, realizou hoxe un percorrido no bus urbano deste concello, cuxo billete xa se pode pagar coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia

 

  • Vázquez Mourelle explica que os veciños de Mos xa podían ir a Vigo en autobús pagando só 0,85 céntimos e agora poderán desprazarse antes ou despois de ir á cidade olívica por distintas parroquias sen ter que pagar nin un céntimo máis
  • Indica que a estes aforros cómpre engadir as vantaxes da tarxeta Xente Nova, que xa permite que 250 menores de 19 anos de Mos poidan realizar os desprazamentos interurbanos gratis
  • Subliña que os mozos de Mos tamén disporán de viaxes urbanas de balde, xa que este concello é o primeiro de Galicia que ten estendida esta gratuidade ao autobús da súa competencia, o urbano
  • Destaca que nos case dous anos que leva en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, xa son preto de 5,2 millóns de billetes os que se teñen bonificado aos seus case 43.000 usuarios
  • Agarda que o alcalde de Vigo faga efectiva a incorporación do autobús urbano ao Plan de Transporte Metropolitano desta área, cuxa Comisión de Seguimento vén de convocarse para o venres

 

Mos (Pontevedra), 5 de abril de 2017.- A consellería de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comprobaron in situ que desde hoxe o servizo de autobús urbano de Mos forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, o que lles permitirá aos veciños realizar transbordos gratuítos.Vázquez Mourelle subliñou que neste municipio pontevedrés púxose en marcha este servizo en tan só un mes e medio desde que se asinou o convenio.

 

Vázquez Mourelle e a rexedora de Mos realizaron un percorrido no bus urbano de Mos, cuxo billete xa puideron pagar coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia. Así, tras varios meses funcionando en período de probas e de forma gratuíta para os veciños, o autobús urbano de Mos incorpórase ao Plan de Transporte Metropolitano para que poidan seguir beneficiándose dun servizo de transporte público municipal en condicións económicas vantaxosas.

 

Os veciños que abonen a viaxe coa tarxeta de Transporte Metropolitano só terán que pagar 85 céntimos e ademais, cando o collan para ir a outra parada a subir ao bus cara Vigo, ou, ao revés, non van ter que pagar nada por esa viaxe urbana, xa que o citado plan social establece que os transbordos son subvencionados nun 100% pola Xunta.

 

Desde abril de 2015, data na que se puxo en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, os veciños de Mos xa podían ir a Vigo en autobús pagando só 0,85 céntimos, fronte aos máis de 2,3 euros que lles custaba antes o billete, pero agora poden, ademais, desprazarse antes ou despois de ir á cidade olívica por distintas parroquias sen ter que pagar nin un céntimo máis.

 

A conselleira indicou que se o Concello de Mos non apostase pola integración desde servizo no Plan de Transporte Metropolitano, os transbordos non serían gratuítos e os veciños deste municipio terían que pagar moito máis polo servizo. Non obstante, precisou que o municipio traballou para que os seus veciños sumen novos aforros aos 600 euros anuais que xa lles viña permitindo o Plan de Transporte Metropolitano coas viaxes interurbanas.

 

A estes aforros cómpre engadir as vantaxes que supón outra iniciativa da Xunta como a tarxeta Xente Nova, que permite que os menores de 19 anos poidan realizar os desprazamentos interurbanos gratis. Esta tarxeta xa está a beneficiar 250 mozos de Mos.

 

A responsable de Infraestruturas subliñou que os mozos de Mos tamén disporán de viaxes urbanas de balde, xa que este concello é o primeiro de Galicia que ten estendida esta gratuidade ao autobús da súa competencia, o urbano.

 

Plan de Transporte Metropolitano

Ethel Vázquez salientou que nos case dous anos que leva en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo está a ter unha grande acollida, xa que son preto de 5,2 millóns de billetes os que se teñen bonificado aos seus case 43.000 usuarios.

 

A titular de Infraestruturas fixo fincapé nestas relevantes cifras, a pesar de que o plan está incompleto porque así o quixo desde un principio e así o segue a impoñer o alcalde de Vigo aos seus veciños, ao non facer efectiva a incorporación do bus urbano. Neste sentido, indicou que a Xunta agarda que o alcalde aclare a súa postura e con ese obxectivo convocouse a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo para este venres.

 

SEVEN NIGHTS, SEVEN HEADLINERS, SEVEN EXPERIENCES AND TWO CHERRIES

Flower Power, Mosaic by Maceo, My House, F*** Me I’m Famous, Labyrinth, Pure Pacha “Paris by Night” and Solomun +1 land next month at Pacha Ibiza!

More info:
http://bit.ly/PachaIbiza2017
Save the dates for Pacha Ibiza Opening week:

​Labyrinth with Hot Since 82 on Friday 26th May
Pure Pacha “Paris by Night” with Bob Sinclar on Saturday 27th May
​Solomun +1 with Solomun on Sunday 28th May
Flower Power on  Monday 29th May
Mosaic with Maceo Plex on Tuesday 30th May
My House with Martin Solveig on Wednesday 31st May
​F*** Me I’m Famous with David Guetta on Thursday 1st June

Play below! Summer 2017, here we go!

Flower Power, Mosaico de Maceo, Mi Casa, F *** Me Famoso, 
Laberinto, Pure Pacha "Paris by
 Night" y Solomun +1 tierra el próximo mes en Pacha Ibiza!

Más información: http://bit.ly/PachaIbiza2017

Guarde las fechas para Pacha Ibiza Semana de apertura:

Laberinto con caliente desde el 82 el viernes 26 de mayo
Pure Pacha "Paris by Night" con Bob Sinclar 
el sábado 27 de mayo
Solomun +1 con Solomun el domingo 28 de mayo
Flower Power el lunes 29 de mayo
Mosaico con Maceo Plex el martes 30 de mayo
Mi casa con Martin Solveig el miércoles 31 de mayo
F *** Me soy famoso con David Guetta el jueves 1 de junio

Juega a continuación! Verano 2017, aquí vamos!

A XUNTA INICIA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL DA REDE “A GALIÑA AZUL” NO CONCELLO DE A ESTRADA

  • O prazo de execución desa actuación, que conta cun orzamento de preto de 800.000 euros, é de 12 meses
  • O centro, que entrará en servizo no curso 2018-2019 e ofertará 74 prazas, elevará de 132 a 206 a oferta de prazas para nenos de 0 a 3 anos sostidas con fondos públicos nese concello

El Salón MOTOROCASIÓN VIGO ofrece desde mañana su récord de vehículos usados, con 800 modelos en exposición

El Ifevi albergará desde mañana esta feria, que ofrecerá coches, vehículos comerciales y motos de unas 40 marcas

La XVII edición del Salón MotorOcasión de Vigo alcanzará una cota récord de unos 800 vehículos usados en oferta, al integrar este año, además de los coches y las motos, la nueva sección de vehículos comerciales, que ya formó parte del reciente Salón del Automóvil.

 

El Instituto Feiral de Vigo abrirá así desde mañana por la tarde a las 16,00 horas esta tradicional feria de vehículos usados, que ocupará casi los 25.000 m/2 de superficie de los pabellones 1, 2 y 3.

 

El Salón MotorOcasión mantendrá prácticamente la misma estructura de stands y marcas que el Salón del Automóvil, Vehículo Comercial y Motocicleta, aunque ocupados ahora por los vehículos de segunda mano de unas 40 marcas.

 

La oferta prevista será amplia y para todo tipo de economías, e incluye desde vehículos del tope de gama, con precios bastante rebajados, hasta pequeños coches urbanos que salen a la venta por unos pocos de miles de euros.

 

Este certamen ya era el mayor del norte de España en superficie y oferta de unidades a la venta, y aún se refuerza y amplía más su gama en esta edición, por lo que se espera un buen volumen de transacciones.

 

Encima el mercado de ocasión es aún más importante en España que el de vehículos nuevos, como se refleja en las últimas estadísticas de ventas de la patronal, ya que aún se vende el triple de vehículos usados que nuevos.

 

Variedad donde buscar

 

El amplio abanico de vehículos ofertados permite a los que busquen una oportunidad comparar diferentes marcas e incluso categorías, pues se ofrecerán desde modelos con apenas kilómetros a otros más rodados.

Así, en coches hay ofertas de vehículos con kilómetro cero o automatriculados, seminuevos, de gerencia, de flota o coches que entran en el concesionario cuando un cliente decide comprarse un modelo nuevo y entregan el suyo a descuento.

Igualmente, en varios stands de motocicletas se ha preparado una diversa oferta  de modelos a la venta, desde moto de carretera hasta scooters, sport, touring, raid y otros tipos.

Finalmente, la mayor novedad es que varias marcas de vehículos comerciales sacarán igualmente stock de este segmento en oferta dentro del pabellón 3, por lo que igualmente los profesionales podrán buscar un modelo que se ajuste a su presupuesto.

Ventajas añadidas de la feria

Una ventaja a destacar del Salón MotorOcasión es el servicio de los expositores a los clientes, pues cada marca tendrá un equipo comercial profesional, que asesorará y aportará datos técnicos (historial del coche, moto o vehículo comercial, mantenimiento, prestaciones,..), sin olvidar que al menos existe 1 año de garantía -a diferencia de la compra/venta entre particulares que es de 6 meses por ley-, además de otras posibles ventajas que se puedan negociar.

Hay que tener en cuenta que los expositores son concesionarios oficiales de las propias marcas, con todas las garantías, prestigio y experiencia que eso supone frente a otros tipos de vendedores comerciales de automóviles de empresas privadas. Además, solo por comprar en estas ferias se suelen aplicar descuentos especiales

 

El horario de apertura al público de este salón será de 16,00 a 21,00 horas durante los días laborales, es decir jueves y viernes, mientras que el fin de semana las puertas estarán abiertas de 11,00 a 21,00 horas.

 

El precio de la entrada es de 4 euros, aunque los que hayan guardado la entrada del Salón del Automóvil y Motocicleta podrán acceder gratis, al igual que los menores de 10 años.   

 

Programa para jueves, 6 de abril

 

16,00 – 21,00 horas: Apertura al público

 

MARCO / PROGRAMACIÓN ESCOLARES 2017

Avaliación do primeiro trimestre e avance novas actividades

Colaboración de Obra Social la Caixa nos programas didácticos do MARCO

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á presentación de prensa que terá lugar mañá xoves 6 de abril ás 12.00, no Laboratorio das Artes (sala de didáctica no 1º andar), co gallo dapresentación da programación para escolares 2017, e a colaboración de Obra Social la Caixa nos programas didácticos do MARCO.

Durante a presentación, a cargo de Gonzalo Talego, director de área de CaixaBank en Vigo, e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, desenvolveranse as visitas e obradoiros previstos para mañá, nos que participarán grupos de escolares do CEIP Santa Mariña e Colexio Bouza Brey.

Ao longo destes meses, o programa educativo do MARCO xira ao redor das exposicións “MULLERES DO SILENCIO”, inaugurada en outubro nas salas da planta baixa, e “ALÉN DOS XÉNEROS” (dende finais de xaneiro nas salas do 1º andar). De xeito estable, o programa para escolares desenvólvese en paralelo ás exposicións temporais do Museo, sacando partido da presenza das obras en salas e das súas posibilidades didácticas. A partir de xaneiro de 2017, a devandita programación veuse reforzada polo apoio de Obra Social la Caixa no desenvolvemento deste programa, cun incremento tanto no número de visitas e grupos participantes, como nas posibilidades de atención a grupos con necesidades especiais.

O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA A IMPULSAR, XUNTO COA FEGAMP, A CREACIÓN DE CEMITERIOS QUE ATENDAN OS SOTERRAMENTOS CONFORME AOS REQUISITOS DAS CONFESIÓNS MINORITARIAS

Esta proposición non de lei “resolve un problema de carácter humano, avanzando no exercicio dos dereitos civís das minorías de Galicia”, sinalou Alberto Pazos

 

  • Pazos concretou que “queremos facer unha defensa do modelo democrático, que aposta decididamente por outorgar un estatus público ao feito relixioso, de calquera confesión”

 

  • “Á Xunta correspóndelle o impulso para abordar un problema que afecta a un bo número de familias galegas, pero non podemos esquecer que a de cemiterios é unha competencia básica da administración local”, explicou

 

Santiago, 5 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do  Grupo Popular, a través da que se insta a Xunta de Galicia a impulsar, conxuntamente coa FEGAMP, a creación de cemiterios de carácter supramunicipal que podan atender a demanda de enterramentos conforme aos criterios das confesións relixiosas minoritarias con maior arraigamento en Galicia. Así mesmo, demándase a modificación do Decreto 151/2014 de sanidade mortuoria de Galicia, para regular aqueles soterramentos que teñan que ser feitos en contacto coa terra.

 

O deputado Alberto Pazos explicou que con esta iniciativa parlamentaria preténdese dar unha solución á problemática que padecen cidadáns, tanto estranxeiros como un crecente número de cidadáns galegos, para dar sepultura aos seus seres queridos cumprindo cos requisitos establecidos polos seus respectivos credos relixiosos.

 

“Nalgúns casos óptase por subscribir un seguro que permita a repatriación dos seus restos mortais ao seu país de orixe, pero cando as posibilidades económicas non permiten a subscrición deste seguro, son os outros membros da comunidade os que deben argallar distintas solucións para poder repatriar eses restos funerarios, asumindo unha tarefa administrativa moi complexa, ademais de sufragar uns custos de traslado certamente importantes, que oscilan entre os 5.000 e os 14.000 euros”, indicou.

 

RESOLVER PROBLEMA HUMANO

 

Alberto Pazos sinalou que esta proposición non de lei “resolve un problema de carácter humano, avanzando no exercicio dos dereitos civís das minorías de Galicia”. “O PPdeG defende o principio de liberdade relixiosa e de cooperación dos poderes públicos coas confesións, consagrado no artigo 16 da Constitución Española”, sinalou.

 

“Nun tempo no que os ataques a proxección pública de calquera elemento relixioso parece estar xustificada baixo o falso argumento de que a perfección democrática só se alcanza a través da aplicación dos principios laicistas, queremos facer unha defensa do modelo democrático, que aposta decididamente por outorgar un estatus público ao feito relixioso, de calquera confesión, e sen mais límite que o que establece o único libro que a todos nos representa e a todos nos obriga: a Constitución Española de 1978”, manifestou.

 

COMPETENCIA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

 

O deputado popular indicou que “á Xunta de Galicia correspóndelle o impulso para abordar un problema que afecta a un bo número de familias galegas, ben sexa de orixe, ben sexa polo seu sentimento de pertenza a esta terra; pero non podemos esquecer que a de cemiterios é unha competencia básica da administración local”.

Porén, a pesar do incremento no número de cidadáns que profesan relixións minoritarias, dificilmente os concellos poderían dar solución a esta problemática de modo individual, debido fundamentalmente á dispersión xeográfica desta poboación e a falta de masa crítica que xustifique a creación de cemiterios destas características en cada un dos concellos galegos ou incluso en concellos puntuais.

 

“Por iso creemos que a mellor maneira de abordar esta cuestión e mediante a colaboración coa FEGAMP, lexítima representante do conxunto do municipalismo galego, a fin de buscar a solución mas acaída a cada caso de maneira conxunta e mais racional”, asegurou Alberto Pazos.

 

“GEA”: UN VIAJE A LA ESENCIA DE LA NATURALEZA

La Fábrica publica Gea, de Pío Cabanillas, un espectacular volumen que invita a redefinir nuestra manera de observar la naturaleza, atendiendo a los múltiples detalles que conforman su significado y belleza únicas    

El libro presenta 120 fotografías divididas en tres capítulos, Estructura, Forma y Textura, que han sido tomadas en algunos de los escenarios naturales más impactantes de los cinco continentes 

La mirada fotográfica del autor complementa las perspectivas y horizontes más majestuosos arrastrando nuestra atención hacia particularidades que pudieran pasar desapercibidas en un primer momento.   

Su búsqueda de la belleza en el detalle, a través de encuadres cada vez más cerrados, hace imposible con frecuencia la identificación de las localizaciones. Pero de lo que se trata es de aflorar la riqueza oculta, de regodearse en los matices y descubrir lo extraordinario, las más sutiles señas de identidad de nuestro entorno. La situación o el lugar donde se encuentran los espacios fotografiados no constituyen la esencia de la naturaleza, sino las formas y texturas de todo lo que nos rodea

“El simple contacto del hombre con la naturaleza, esta influencia del gran ambiente, o del aire libre, como dicen otras lenguas con más bella expresión, ejercen un poder tranquilo, endulzan el dolor y calman las pasiones cuando el alma se siente íntimamente agitada” Esta cita del naturalista alemán Alejandro de Humboldt, pertenece a la que es quizás su obra más importante, Cosmos, cuyo prólogo se reproduce en las primeras páginas de Gea, último libro publicado por La Fábrica.

Pio Cabanillas (Madrid, 1958), autor de esta obra, rinde en Gea, un homenaje a la naturaleza, a su esencia, a los matices que la definen con mayor profundidad que las meras  representaciones efectistas de los grandes escenarios naturales del mundo.

El título del libro deriva de la mitología griega, donde Gea es la divinidad primigenia, la madre Tierra, nacida de Caos y que engendró por sí misma a Urano (El Cielo) que, junto con Ponto (El mar) le rodea.

“La naturaleza es un pintor meticuloso y tímido”, señala Pio Cabanillas. “Se presenta a primera vista, grandiosa, sobrecogedora, pero escondiendo al mismo tiempo su ser, mezcla de capricho, azar, arte y sutileza. Hay que ir a buscarla, no dejarse deslumbrar por su magnitud, le cuesta mostrarse”.