A XUNTA AUMENTA AS HORAS DISPOÑIBLES NO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde deste municipio ourensán, José Luís Valladares Fernández

 

Santiago, 5 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta tarde no seu despacho de San Caetano un encontro co alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares Fernández. Deste xeito, Rey Varela continúa coas reunións cos rexedores e rexedoras de Galicia co obxectivo de mellorar a atención e os servizos sociais que reciben os cidadáns nos seus respectivos municipios a través da optimización dos recursos locais e autonómicos.

 

Os dous dirixentes abordaron a necesidade de seguir incrementando a cobertura da atención a persoas dependentes. Ao respecto, Rey Varela recordou que se vén de aumentar en 840 horas anuais as dispoñibles dentro do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que a Xunta presta en colaboración co concello, ata alcanzar un total de 11.268 ao ano. Este incremento permite ter na actualidade unha ratio de cobertura próxima ao 95% neste municipio de Ourense.

 

Así mesmo, o titular de Política Social lembrou a achega económica que realiza a Administración autonómica ao Punto de Atención á Infancia, así como o concerto que mantén coa residencia de iniciativa social “La Saeta” e ao que destina máis de 140.000 euros para o financiamento de 12 prazas.

 

Por último, Rey Varela e o primeiro edil de San Cristovo de Cea manifestaron a súa vontade de seguir afondando nas liñas de colaboración entre as dúas administracións co compromiso de buscar conxuntamente unha política social axeitada que se adapte as necesidades da devandita localidade.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: