A XUNTA DE GALICIA POTENCIA OS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS PARA GARANTIR UNHA ATENCIÓN DE PROXIMIDADE E DE CALIDADE

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta tarde unha visita institucional ao municipio coruñés de Carral

 

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita institucional ao Concello de Carral, onde manterá un encontro co seu alcalde, José Luis Fernández Mouriño.
05/04/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

  • O responsable da área social do Goberno galego trasladou ao rexedor de Carral, José Luís Fernández Mouriño, a importancia de afondar no diálogo e colaboración entre administracións para completar as medidas da Axenda Social Única

 

Carral (A Coruña), 5 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta tarde unha visita institucional ao Concello de Carral, onde foi recibido polo alcalde deste municipio coruñés, José Luís Fernández Mouriño, con que mantivo unha xuntanza de traballo co fin de analizar a situación dos programas e servizos de ámbito social e de titularidade autonómica que se desenvolven nesta localidade. Así mesmo, o encontro serviu para afondar nas vías de colaboración que a Consellería mantén co devandito ente local, así como para expoñer novas actuacións e propostas en materia de política social.

 

Neste sentido, Rey Varela explicou que o obxectivo que se ten fixado o Goberno galego para este exercicio é consolidar o impulso ás políticas sociais e a nova etapa que se iniciou o ano pasado, de aí que os orzamentos para esta área volvan a medrar en 2017 ata acadar os 643,5 millóns de euros, a cantidade máis elevada na historia de Galicia.

 

Ademais, o titular de Política Social incidiu na importancia de afondar no diálogo, a colaboración e a coordinación cos concellos, coa finalidade de completar as medidas da Axenda Social Única de Galicia acordadas coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Rede Galega contra a Pobreza.

 

Nesta liña, avogou por seguir co reforzamento dos servizos sociais comunitarios dos concellos mediante a incorporación de máis persoal e a mellora das condicións de financiamento dos mesmos, co obxectivo de “manter un nivel de atención de calidade e próxima, e garantir a efectividade das medidas e programas que a Administración autonómica desenvolve cos concellos para facer fronte ás desigualdades e á exclusión social”, manifestou.

 

Por último, Rey Varela e o rexedor de Carral acordaron estudar novas vías de colaboración entre ambas administracións. Ao respecto, o titular autonómico apuntou que a Xunta vén de potenciar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nesta localidade ao incrementar en 137 o número de horas mensuais dispoñibles ata acadar un total de 10.332 horas anuais e situar a ratio de cobertura por riba do 85%. Tamén lembrou as recentes obras de mellora levadas a cabo na escola infantil municipal, que permitiron renovar o pavimento e o peche do patio, instalar proteccións solares nas fiestras e unha pérgola, entre outras intervencións de mantemento. Así mesmo, Fernández Mouriño expuxo ao conselleiro un proxecto para a construción dun centro social, unha iniciativa que Rey Varela comprometeuse a estudar para establecer posibles futuras vías de colaboración para este fin.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: