Convenio do Concello con empresa automoción para prácticas de persoas en situación de desemprego

Un convenio asinado pola alcaldesa, por parte do Concello do Porriño, e os responsábeis dunha importante empresa do sector da automoción, permitirá que 7 persoas que estaban en situación de demandantes de emprego empecen a realizar prácticas na devandita firma.

Do 20 de marzo ao 4 de abril, 15 persoas recibiron, no Centro Municipal de Torneiros, formación teórica en inxección de plásticos, financiada pola Concellería e Emprego, dacordo coas necesidades sinaladas por esta empresa de xeito que se axustase ao perfil dos postos que a mesma precisa cubrir.

Destas 15 persoas, 7 son as que o vindeiro xoves día 6 empezarán a súa formación práctica nesta importante empresa de cara a mellorar as súas posibilidades de seres contratadas para ocupar varios dos empregos que oferta esta compañía.

Este convenio forma parte dos acordos anunciados pola alcaldesa, Eva García de la Torre, e pola concelleira de Emprego, Soledad Girón, polos que o Concello quere mellorar as expectativas das porriñesas e porriñeses que estean no paro de integrarse ou voltar ao mercado de traballo, recibindo unha formación teórica e práctica que se adapte ás necesidades reais das múltiples empresas que están no Porriño.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: