ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA AS VANTAXES ECONÓMICAS DA INTEGRACIÓN DO AUTOBÚS URBANO DE MOS NO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO, QUE SE PUXO EN MARCHA EN MES E MEDIO DESDE A SINATURA DO CONVENIO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañada pola alcaldesa de Mos, realizou hoxe un percorrido no bus urbano deste concello, cuxo billete xa se pode pagar coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia

 

  • Vázquez Mourelle explica que os veciños de Mos xa podían ir a Vigo en autobús pagando só 0,85 céntimos e agora poderán desprazarse antes ou despois de ir á cidade olívica por distintas parroquias sen ter que pagar nin un céntimo máis
  • Indica que a estes aforros cómpre engadir as vantaxes da tarxeta Xente Nova, que xa permite que 250 menores de 19 anos de Mos poidan realizar os desprazamentos interurbanos gratis
  • Subliña que os mozos de Mos tamén disporán de viaxes urbanas de balde, xa que este concello é o primeiro de Galicia que ten estendida esta gratuidade ao autobús da súa competencia, o urbano
  • Destaca que nos case dous anos que leva en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, xa son preto de 5,2 millóns de billetes os que se teñen bonificado aos seus case 43.000 usuarios
  • Agarda que o alcalde de Vigo faga efectiva a incorporación do autobús urbano ao Plan de Transporte Metropolitano desta área, cuxa Comisión de Seguimento vén de convocarse para o venres

 

Mos (Pontevedra), 5 de abril de 2017.- A consellería de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, comprobaron in situ que desde hoxe o servizo de autobús urbano de Mos forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, o que lles permitirá aos veciños realizar transbordos gratuítos.Vázquez Mourelle subliñou que neste municipio pontevedrés púxose en marcha este servizo en tan só un mes e medio desde que se asinou o convenio.

 

Vázquez Mourelle e a rexedora de Mos realizaron un percorrido no bus urbano de Mos, cuxo billete xa puideron pagar coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia. Así, tras varios meses funcionando en período de probas e de forma gratuíta para os veciños, o autobús urbano de Mos incorpórase ao Plan de Transporte Metropolitano para que poidan seguir beneficiándose dun servizo de transporte público municipal en condicións económicas vantaxosas.

 

Os veciños que abonen a viaxe coa tarxeta de Transporte Metropolitano só terán que pagar 85 céntimos e ademais, cando o collan para ir a outra parada a subir ao bus cara Vigo, ou, ao revés, non van ter que pagar nada por esa viaxe urbana, xa que o citado plan social establece que os transbordos son subvencionados nun 100% pola Xunta.

 

Desde abril de 2015, data na que se puxo en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, os veciños de Mos xa podían ir a Vigo en autobús pagando só 0,85 céntimos, fronte aos máis de 2,3 euros que lles custaba antes o billete, pero agora poden, ademais, desprazarse antes ou despois de ir á cidade olívica por distintas parroquias sen ter que pagar nin un céntimo máis.

 

A conselleira indicou que se o Concello de Mos non apostase pola integración desde servizo no Plan de Transporte Metropolitano, os transbordos non serían gratuítos e os veciños deste municipio terían que pagar moito máis polo servizo. Non obstante, precisou que o municipio traballou para que os seus veciños sumen novos aforros aos 600 euros anuais que xa lles viña permitindo o Plan de Transporte Metropolitano coas viaxes interurbanas.

 

A estes aforros cómpre engadir as vantaxes que supón outra iniciativa da Xunta como a tarxeta Xente Nova, que permite que os menores de 19 anos poidan realizar os desprazamentos interurbanos gratis. Esta tarxeta xa está a beneficiar 250 mozos de Mos.

 

A responsable de Infraestruturas subliñou que os mozos de Mos tamén disporán de viaxes urbanas de balde, xa que este concello é o primeiro de Galicia que ten estendida esta gratuidade ao autobús da súa competencia, o urbano.

 

Plan de Transporte Metropolitano

Ethel Vázquez salientou que nos case dous anos que leva en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo está a ter unha grande acollida, xa que son preto de 5,2 millóns de billetes os que se teñen bonificado aos seus case 43.000 usuarios.

 

A titular de Infraestruturas fixo fincapé nestas relevantes cifras, a pesar de que o plan está incompleto porque así o quixo desde un principio e así o segue a impoñer o alcalde de Vigo aos seus veciños, ao non facer efectiva a incorporación do bus urbano. Neste sentido, indicou que a Xunta agarda que o alcalde aclare a súa postura e con ese obxectivo convocouse a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo para este venres.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: