MARCO / PROGRAMACIÓN ESCOLARES 2017

Avaliación do primeiro trimestre e avance novas actividades

Colaboración de Obra Social la Caixa nos programas didácticos do MARCO

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á presentación de prensa que terá lugar mañá xoves 6 de abril ás 12.00, no Laboratorio das Artes (sala de didáctica no 1º andar), co gallo dapresentación da programación para escolares 2017, e a colaboración de Obra Social la Caixa nos programas didácticos do MARCO.

Durante a presentación, a cargo de Gonzalo Talego, director de área de CaixaBank en Vigo, e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, desenvolveranse as visitas e obradoiros previstos para mañá, nos que participarán grupos de escolares do CEIP Santa Mariña e Colexio Bouza Brey.

Ao longo destes meses, o programa educativo do MARCO xira ao redor das exposicións “MULLERES DO SILENCIO”, inaugurada en outubro nas salas da planta baixa, e “ALÉN DOS XÉNEROS” (dende finais de xaneiro nas salas do 1º andar). De xeito estable, o programa para escolares desenvólvese en paralelo ás exposicións temporais do Museo, sacando partido da presenza das obras en salas e das súas posibilidades didácticas. A partir de xaneiro de 2017, a devandita programación veuse reforzada polo apoio de Obra Social la Caixa no desenvolvemento deste programa, cun incremento tanto no número de visitas e grupos participantes, como nas posibilidades de atención a grupos con necesidades especiais.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: