Archive | abril 6, 2017

La UIT otorga a España la presidencia de la iniciativa ‘United for Smart Sustainable Cities’

* El anuncio supone un reconocimiento internacional al Plan Nacional de Ciudades Inteligentes

06.03.17. La Unión Internacional de Telecomunicaciones (UIT) ha concedido a España, a través de la Secretaría de Estado para la Sociedad de la Información y la Agenda Digital, la presidencia de la iniciativa United for Smart Sustainable Cities (U4SSC), la plataforma de la ONU que coordina las actividades sobre ciudades inteligentes.

España, que comparte presidencia de esta iniciativa con Emiratos Árabes Unidos, ve reconocido en este anuncio su esfuerzo y trabajo durante el último año y medio para la elaboración de la normativa sobre ciudades inteligentes.

La U4SSC es una iniciativa internacional para que las localidades implanten las ciudades sostenibles inteligentes en todo el mundo. U4SSC aboga por políticas públicas para fomentar el uso de las TIC con el objetivo de facilitar la transición hacia ciudades inteligentes.

La presidencia de España se ha conocido durante la VII Semana de las Normas Verdes en Manizales (Colombia) que se ha celebrado desde el 3 al 5 de abril. Este encuentro lo organiza UIT junto con otras organizaciones internacionales como la UNESCO o la Comisión Económica para América Latina y el Caribe (CEPAL).

Este evento, que se celebra bajo el lema “Economía circular y ciudades inteligentes y sostenibles”, sirve como plataforma mundial para el debate y el intercambio de conocimiento sobre el uso de las TIC para proteger el

medio ambiente, desarrollar el potencial de la economía circular y acelerar la transición de las ciudades a modelos inteligentes y sostenibles.

La cita ha concluido con el Manifiesto de Manizales que promueve la conversión a ciudades inteligentes. La declaración se puede consultar en este link.

España aprobó en 2015 el Plan Nacional de Ciudades Inteligentes elaborado de forma consensuada entre los consistorios, la industria y la Administración General del Estado.

El plan está basado en la regulación, materializada en la aprobación de normas e iniciativas internacionales, en la transformación digital de las ciudades y en el apoyo a la industria mediante la promoción de estándares y convocatorias de ayudas.

Actualmente, la iniciativa española de ciudades inteligentes es un modelo que goza de reconocimiento nacional e internacional. La Comisión de Banda Ancha de la ONU, por ejemplo, calificó de “ejemplar” el proyecto español. Muchos países, particularmente en América Latina, han solicitado colaboración de España en este ámbito.

PLAY-DOC CIERRA SU 13ª EDICIÓN CON EXCELENTES RESULTADOS Y LLEVA SU PROGRAMACIÓN A OTRAS SEDES / PLAY-DOC PECHA A 13ª EDICIÓN CON EXCELENTES RESULTADOS E LEVA A SÚA PROGRAMACIÓN A OUTRAS SEDES

El festival de Tui se consolida como referente del cine documental en su edición con más estrenos, colaboraciones y actividades formativas, en la que contó con 8.000 espectadores

 

 

Tui, 6 de abril de 2017. Play-Doc cerró el pasado 26 de marzo su 13ª edición con excelentes resultados. Cerca de ocho mil espectadores llenaron de nuevo el Teatro Municipal de Tui durante los cinco días que duró el evento, que estuvo marcado por un gran número de estrenos, obras inéditas, películas censuradas, colaboraciones y actividades formativas. En total fueron 7.793 personas las que pasaron por la sede del evento entre el 22 y el 26 de marzo. Todos estos datos consolidan al festival como referente del cine documental.

El evento se prolonga con el traslado de parte de su programación a otras sedes, como el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), cineclubes de Galicia, la Filmoteca de Valencia y la Carta Blanca de Tabakalera, el centro de cultura contemporánea de San Sebastián. También lo hace a través de plataformas alternativas, como la versión televisiva Play-Doc TV, integrada en la plataforma de R Televisión, o en el webdoc sobre retrato filmado, lo que permite al festival prolongar su repercusión y visibilidad y facilita la accesibilidad del público a sus contenidos más allá de la fecha de clausura.

Faladoiro sobre Carlos Casares

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO PORRIÑO ORGANIZA UN ‘FALADOIRO’ SOBRE O PROTAGONISTA DAS LETRAS GALEGAS 2017,CARLOS CASARES, A CARGO DE GUSTAVO A.GARRIDO, SECRETARIO DA FUNDACIÓN QUE LEVA O NOME DO ESCRITOR

Dentro das actividades que impulsa a Biblioteca Municipal do Porriño, o seu club de lectura, que se reúne os luns, propón para o vindeiro día 10 un acto especial, aberto a todo o público.

Dado que este 2017 está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares, que é o autor protagonista do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal segue mergullada na lectura  de varias obras desta figura senlleira da nosa literatura, en concreto das súas novelas ‘O sol do verán’, ‘Vento ferido’ e’ Ilustrísima’.

Por tal motivo, organiza un faladoiro sobre a figura e a obra de Casares, no que contará coa participación do secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo A. Garrido  que estará Porriño para compartir os seus coñecementos profesionais e persoais sobre Casares, do que ademais dun experto na súa obra, foi un grande amigo.

Esta actividade desenvolverase o vindeiro día 10, na Biblioteca do Porriño, entre as 6 e media e as 8 da tarde.

Presentación do documental ‘Cociñando na fin do mundo’ en Afundación

Afundación acollerá o vindeiro mes de maio a presentación por primeira vez en Galicia do documental Cociñando na fin do mundo, unha peza audiovisual producida por Esmerarte que trata sobre a nova cociña galega e a súa revolución silenciosa. A produción foi recentemente galardoada co Premio de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro e acaba de participar nos festivais de cine internacionais de San Sebastián e de Málaga.

As datas programadas para a súa estrea na comunidade galega son o venres 5 e o sábado 6 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir das 20.30 h, e o xoves 11 e o venres 12 de maio no Auditorio da Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), tamén ás 20.30 h.

MARCO: colaboración da Obra Social “la Caixa” nos programas para escolares

A Obra Social “la Caixa” colabora nos programas didácticos do MARCO

PROGRAMACIÓN ESCOLARES 2017

Avaliación do primeiro trimestre e avance novas actividades

 

 

Esta mañá tivo lugar nas instalacións do MARCO a presentación dunha nova etapa decolaboración no ámbito educativo, entre a Obra Social “la Caixa” e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A presentación estivo a cargo de Gonzalo Talego, director de área de CaixaBank en Vigo, xunto a Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, ao tempo que se desenvolvían as visitas e obradoiros previstos para este día, nas que participaron grupos de escolares do CEIP Santa Mariña e  Colexio Bouza Brey.

******************************

Ao longo destes meses, o programa educativo do MARCO xira ao redor das exposicións “MULLERES DO SILENCIO”, inaugurada en outubro nas salas da planta baixa, e “ALÉN DOS XÉNEROS” (dende finais de xaneiro no 1º andar). De xeito estable, o programa para escolares desenvólvese paralelamente ás exposicións temporais do Museo, sacando partido da presenza das obras en salas e das súas posibilidades didácticas, con visitas e obradoiros específicos dirixidos a alumnado de distintas idades e ciclos educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos).

A partir de xaneiro de 2017, a devandita programación veuse reforzada polo apoio da Obra Social “la Caixa” no desenvolvemento deste programa, cun incremento tanto no número de visitas e grupos participantes, como nas posibilidades de atención a grupos con necesidades especiais. Con esta colaboración, que nace con ánimo de continuidade, “la Caixa” pretende ofrecer aos grupos de escolares actividades complementarias o seu traballo nas aulas, nas que se fomenten a arte e a cultura, e ás persoas con necesidades específicas opcións de ocio inclusivo.

A día de hoxe, un total de 2.608 escolares teñen pasado polo Museo nos meses de xaneiro (729), febreiro (792) e marzo (1.087) deste ano 2017. As actividades, concertadas mediante cita previa, desenvólvense de martes a venres, en dúas quendas de 11.00 a 12.15 e de 12.15 a 13.30, e consisten en percorridos guiados polas salas de exposición, seguidos dun obradoiro no Laboratorio das Artes, o espazo de Didáctica no primeiro andar.

En canto aos contidos, a exposición “Mulleres do silencio” permite lecturas moi diversas en torno a cuestións clave —a evolución das obras pictóricas dende formatos máis tradicionais ata o concepto de pintura expandida; exercicios e xogos sobre a cor; soportes e materiais híbridos; xéneros como o retrato, o bodegón e a paisaxe— así como suscitar reflexións sobre a presenza das mulleres na historia da arte máis recente, algo especialmente relevante na mostra “Alén dos xéneros”.

A partir de maio, o programa renovarase coa inauguración nas salas da planta baixa da exposición “ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica”, que será a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas.

MARCO. Visitas e obradoiros para escolares

Para grupos de educación Infantil, Secundaria e Bacharelato

Colabora: Obra Social “la Caixa”

Do 10 xaneiro ao 23 xuño 2017

Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30

[Previa cita no tel. 986 113900 ext. 304]

IESIDE organiza un seminario sobre planificación económico-financeira no seu Campus de Vigo

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus de Vigo un seminario sobre planificación económico-financeira. Será impartido por Pablo Iglesias Vázquez e desenvolverase mañá, venres 7 de abril, entre as 16.30 e as 21.45 h, e o sábado 8 de abril entre as 09.00 e as 14.15 h.

Máis información aquí.

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia no Teatro Afundación de Vigo

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá mañá, venres 7 de abril, a partir das 20.30 h un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia incluído na Tempada de Música Clásica 2017. Con Jonathan Webb como director e a participación do tenor Sam Furness, a agrupación interpretará Las iluminaciones, op. 18 de Benjamin Britten e a Sinfonía nº 10 en mi menor, op. 93 de Dmitri Shostakóvich.

 

As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade: enwww.ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500 para todas aquelas persoas que non tivesen adquirido o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais.

A XUNTA ADXUDICARÁ UNHA VIVENDA EN VIGO A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EMERXENCIA SOCIAL

 

  • A vivenda foi cedida ao Goberno galego por Caixabank ao IGVS para alugueiro social
  • Esta semana tamén se entregou unha vivenda en Vilagarcía de Arousa a unha familia en risco de exclusión social
  • No que vai de ano, xa se adxudicaron outras 29 vivendas a familias afectadas por desafiuzamentos ou en situación de emerxencia social

 

 

Santiago, 6 de abril de 2017.- A Xunta, a través da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, aprobou unha nova proposta de adxudicación de vivenda a unha familia de Vigo en situación de emerxencia social.

 

A vivendas que se propón adxudicar á familia en situación de emerxencia social, continuando coa aplicación das 12 medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda, foi cedida por Caixabank.

 

Unha vez que o inmoble se adxudicou pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, asinarase o contrato de alugueiro e entregaranse as chaves aos beneficiarios.

 

Por outra parte, unha familia de Vilagarcía de Arousa en situación de emerxencia social conta xa cunha vivenda adxudicada pola Xunta, unha vez que esta semana se asinou o contrato de alugueiro social e foron entregadas as chaves da mesma.

 

A familia foi realoxada nunha vivenda cedida pola Sareb ao Executivo autonómico para o seu destino a alugueiro social.

 

Por outra parte, tamén se asinou hoxe o contrato de alugueiro dunha vivenda de promoción pública propiedade do IGVS emprazada no poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces (Pontevedra), así como a escritura de compravenda dunha vivenda de promoción pública emprazada en Vigo, ambas adxudicadas a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.

 

Con estas adxudicacións, a Xunta continúa ofrecendo unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a outras 29 familias en vivendas propiedade do IGVS ou cedidas por Abanca e Sareb. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

 

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos preto de 1.200 casos en toda Galicia.

 

A XUNTA IMPULSA A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL A TRAVÉS DA MOCIDADE

  • O encontro busca ser un espazo de intercambio de coñecementos aberto cara a empregabilidade
  • “Na Europa actual, as fronteiras que antes dividían e separaban, hoxe son unha oportunidade de crecemento”, afirmou a titular autonómica

 

Braga (Portugal), 6 de abril de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Súarez, participou hoxe na inauguración do IV Encontro internacional de mozos emprendedores que reúne hoxe e mañá a máis de 200 universitarios galegos e portugueses na cidade lusa de Braga.

 

Este encontro ten como obxectivo implicar aos mozos e mozas de Galicia e do norte de Portugal no esforzo conxunto de impulsar a Eurorrexión como un territorio con posibilidades de crecemento futuro, fomentar o espírito emprendedor, ao tempo que se converte nun punto de intercambio de experiencias entre os participantes. Trátase dun espazo de encontro, coñecemento, información e de formación en habilidades, e, sobre todo, en relacións; un espazo aberto cara á empregabilidade dos mozos e mozas, así como para a creación de oportunidades mediante o intercambio e a posta en común de ideas.

 

Cecilia Vázquez sinalou que “a aposta pola creatividade xuvenil e o fomento do espírito emprendedor é un dos principais eixes de traballo do conxunto da administración galega”. “As ideas creativas e innovadoras de mocidade impulsan a nosa competitividade, polo que incidiremos no fomento do espírito emprendedor como un dos principais métodos para aproveitar o enorme talento que atesoura a nosa xuventude”, engadiu a directora xeral.

 

A titular do departamento autonómico lembrou que hai xa 25 anos que os galegos e os portugueses do norte constitúen esta Eurorrexión, onde a data de hoxe conviven seis millóns de europeos, dos que aproximadamente un millón son mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. “Na Europa actual, as fronteiras que antes dividían e separaban, hoxe son unha oportunidade de crecemento, sobre todo no caso de Galicia e do Norte de Portugal, xa que nós nunca falamos de fronteiras, senón de simples raias, que sempre foron entendidas como pontes e camiños de entendemento, e agora tamén de emprendemento”, engadiu.

 

Cecilia Vázquez rematou a súa intervención sinalando que “o traballo coa mocidade é a mellor garantía de que os obxectivos comúns da Eurorrexión como a cooperación, o progreso e o entendemento, seguirán vixentes no futuro dos dous países”.

 

‘Havana Club 7. La noche en una imagen’ inaugura exposición en La Fábrica

Jueves 20 de abril 19h30

Después de 5 meses de concurso, más de 1000 fotografías presentadas, dos Safaris Fotográficos y dos rondas de selección del jurado, el certamen ‘Havana Club 7. La noche en una imagen’ finaliza con éxito.
El concurso concluye con la inauguración de una exposición colectiva en la galería de La Fábrica. La muestra presenta una selección de fotografías que el jurado del concurso ha escogido a partir de los porfolios que los 20 fotógrafos finalistas han elaborado para el certamen.

En la misma inauguración tendrá lugar la ceremonia de entrega de premios al ganador y los dos finalistas del concurso: Borja Sandoval, Vera Martín y Luis Hidalgo. El evento comienza a las 19.30 horas y la entrada es libre hasta completar aforo. Más info aquí.

¡Te esperamos con una copa de Havana Club 7! ¡Apúntate al evento!