A XUNTA IMPULSA A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL A TRAVÉS DA MOCIDADE

  • O encontro busca ser un espazo de intercambio de coñecementos aberto cara a empregabilidade
  • “Na Europa actual, as fronteiras que antes dividían e separaban, hoxe son unha oportunidade de crecemento”, afirmou a titular autonómica

 

Braga (Portugal), 6 de abril de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Súarez, participou hoxe na inauguración do IV Encontro internacional de mozos emprendedores que reúne hoxe e mañá a máis de 200 universitarios galegos e portugueses na cidade lusa de Braga.

 

Este encontro ten como obxectivo implicar aos mozos e mozas de Galicia e do norte de Portugal no esforzo conxunto de impulsar a Eurorrexión como un territorio con posibilidades de crecemento futuro, fomentar o espírito emprendedor, ao tempo que se converte nun punto de intercambio de experiencias entre os participantes. Trátase dun espazo de encontro, coñecemento, información e de formación en habilidades, e, sobre todo, en relacións; un espazo aberto cara á empregabilidade dos mozos e mozas, así como para a creación de oportunidades mediante o intercambio e a posta en común de ideas.

 

Cecilia Vázquez sinalou que “a aposta pola creatividade xuvenil e o fomento do espírito emprendedor é un dos principais eixes de traballo do conxunto da administración galega”. “As ideas creativas e innovadoras de mocidade impulsan a nosa competitividade, polo que incidiremos no fomento do espírito emprendedor como un dos principais métodos para aproveitar o enorme talento que atesoura a nosa xuventude”, engadiu a directora xeral.

 

A titular do departamento autonómico lembrou que hai xa 25 anos que os galegos e os portugueses do norte constitúen esta Eurorrexión, onde a data de hoxe conviven seis millóns de europeos, dos que aproximadamente un millón son mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. “Na Europa actual, as fronteiras que antes dividían e separaban, hoxe son unha oportunidade de crecemento, sobre todo no caso de Galicia e do Norte de Portugal, xa que nós nunca falamos de fronteiras, senón de simples raias, que sempre foron entendidas como pontes e camiños de entendemento, e agora tamén de emprendemento”, engadiu.

 

Cecilia Vázquez rematou a súa intervención sinalando que “o traballo coa mocidade é a mellor garantía de que os obxectivos comúns da Eurorrexión como a cooperación, o progreso e o entendemento, seguirán vixentes no futuro dos dous países”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: