Faladoiro sobre Carlos Casares

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO PORRIÑO ORGANIZA UN ‘FALADOIRO’ SOBRE O PROTAGONISTA DAS LETRAS GALEGAS 2017,CARLOS CASARES, A CARGO DE GUSTAVO A.GARRIDO, SECRETARIO DA FUNDACIÓN QUE LEVA O NOME DO ESCRITOR

Dentro das actividades que impulsa a Biblioteca Municipal do Porriño, o seu club de lectura, que se reúne os luns, propón para o vindeiro día 10 un acto especial, aberto a todo o público.

Dado que este 2017 está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares, que é o autor protagonista do Día das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal segue mergullada na lectura  de varias obras desta figura senlleira da nosa literatura, en concreto das súas novelas ‘O sol do verán’, ‘Vento ferido’ e’ Ilustrísima’.

Por tal motivo, organiza un faladoiro sobre a figura e a obra de Casares, no que contará coa participación do secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo A. Garrido  que estará Porriño para compartir os seus coñecementos profesionais e persoais sobre Casares, do que ademais dun experto na súa obra, foi un grande amigo.

Esta actividade desenvolverase o vindeiro día 10, na Biblioteca do Porriño, entre as 6 e media e as 8 da tarde.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: