MARCO: colaboración da Obra Social “la Caixa” nos programas para escolares

A Obra Social “la Caixa” colabora nos programas didácticos do MARCO

PROGRAMACIÓN ESCOLARES 2017

Avaliación do primeiro trimestre e avance novas actividades

 

 

Esta mañá tivo lugar nas instalacións do MARCO a presentación dunha nova etapa decolaboración no ámbito educativo, entre a Obra Social “la Caixa” e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A presentación estivo a cargo de Gonzalo Talego, director de área de CaixaBank en Vigo, xunto a Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO, ao tempo que se desenvolvían as visitas e obradoiros previstos para este día, nas que participaron grupos de escolares do CEIP Santa Mariña e  Colexio Bouza Brey.

******************************

Ao longo destes meses, o programa educativo do MARCO xira ao redor das exposicións “MULLERES DO SILENCIO”, inaugurada en outubro nas salas da planta baixa, e “ALÉN DOS XÉNEROS” (dende finais de xaneiro no 1º andar). De xeito estable, o programa para escolares desenvólvese paralelamente ás exposicións temporais do Museo, sacando partido da presenza das obras en salas e das súas posibilidades didácticas, con visitas e obradoiros específicos dirixidos a alumnado de distintas idades e ciclos educativos (Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e outros ciclos).

A partir de xaneiro de 2017, a devandita programación veuse reforzada polo apoio da Obra Social “la Caixa” no desenvolvemento deste programa, cun incremento tanto no número de visitas e grupos participantes, como nas posibilidades de atención a grupos con necesidades especiais. Con esta colaboración, que nace con ánimo de continuidade, “la Caixa” pretende ofrecer aos grupos de escolares actividades complementarias o seu traballo nas aulas, nas que se fomenten a arte e a cultura, e ás persoas con necesidades específicas opcións de ocio inclusivo.

A día de hoxe, un total de 2.608 escolares teñen pasado polo Museo nos meses de xaneiro (729), febreiro (792) e marzo (1.087) deste ano 2017. As actividades, concertadas mediante cita previa, desenvólvense de martes a venres, en dúas quendas de 11.00 a 12.15 e de 12.15 a 13.30, e consisten en percorridos guiados polas salas de exposición, seguidos dun obradoiro no Laboratorio das Artes, o espazo de Didáctica no primeiro andar.

En canto aos contidos, a exposición “Mulleres do silencio” permite lecturas moi diversas en torno a cuestións clave —a evolución das obras pictóricas dende formatos máis tradicionais ata o concepto de pintura expandida; exercicios e xogos sobre a cor; soportes e materiais híbridos; xéneros como o retrato, o bodegón e a paisaxe— así como suscitar reflexións sobre a presenza das mulleres na historia da arte máis recente, algo especialmente relevante na mostra “Alén dos xéneros”.

A partir de maio, o programa renovarase coa inauguración nas salas da planta baixa da exposición “ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica”, que será a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas.

MARCO. Visitas e obradoiros para escolares

Para grupos de educación Infantil, Secundaria e Bacharelato

Colabora: Obra Social “la Caixa”

Do 10 xaneiro ao 23 xuño 2017

Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30

[Previa cita no tel. 986 113900 ext. 304]

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: